Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.439

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 27 de outubro de 1995 pola que se nomea profesor titular de universidade da área de coñecemento de análise xeográfica rexional a José María López Vizoso.

De conformidade coa proposta elevada pola comisión para xulga-lo concurso, convocado por Resolución desta universidade, de 21 de marzo de 1994 (BOE 12 de abril) para a provisión da praza número 94/008 de profesor titular de universidade da área de coñecemento análise xeográfica rexional desta universidade, a favor de José María López Vizoso, e unha vez acreditados polo interesado os requisitos a que alude o artigo 5.2º do Real decreto 1888/1984, de 26 de setembro,

Este rectorado, en uso das atribucións conferidas polo Art. 42 da Ley 11/1983, do 25 de agosto, de reforma universitaria, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a José María López Vizoso, profesor titular de universidade da área de coñecemento de análise xeográfica rexional desta universidade.

A Coruña, 27 de outubro de 1995.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña

7479