Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.438

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de novembro de 1995 pola que se exclúen os opositores que se citan da relación de aprobados no procedemento selectivo convocado pola Orde do 28 de marzo de 1995.

Por Orde do 2 de agosto de 1995 (DOG do 23) fíxose pública a lista dos opositores que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril) para ingreso e acceso no corpo de profesores de ensino secundario e procedemento de adquisición de novas especialidades polos funcionarios do mesmo corpo, na Comunidade Autónoma de Galicia.

Revisada a documentación presentada polos interesados, procede excluír das listas de aprobados os opositores que se relacionan polas causas que se indican.

Na súa virtude, esta Consellería de Educación e Ordenación Universitaria resulveu:

Primeiro.-Excluír do anexo I da Orde de 2 de agosto de 1995 (DOG do 23) a Manuel Ángel Rodríguez Rodríguez, DNI 34939370 e a José Manuel Suárez Dono, DNI 32423010 por non reuni-lo requisito de seren funcionarios de carreira no momento de finalización do prazo de presentación de solicitudes.

Segundo.-Excluír do anexo II da Orde do 2 de agosto de 1995 (DOG do 23) a Antonio Maroño Cal, DNI 32768677 por non reuni-lo requisito de posuí-lo título profesional de especialización didáctica a que se refiere o artigo 24.2º da Lei de ordenación xeral do sistema educativo ou do certificado de aptitude pedagóxica.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

7306