Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.437

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de outubro de 1995 pola que se nomean funcionarios en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario os opositores que superaron os procedementos selectivos de ingreso e acceso convocados por Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril) e están ocupando vacantes dotadas orzamentariamente.

Por Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril) convocáronse procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino

secundario en expectativa de ingreso na Comunidade Autónoma de Galicia.

O apartado 1 da base común 12 da citada orde establece que as prácticas terán por obxecto a valoración das aptitudes didácticas dos aspirantes que aprobaron a fase de oposición, realizándose nos destinos provisionais que lles corresponda co desempeño da función docente con plena validez académica.

Na súa virtude, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria,

DISPÓN:

Primeiro.-Nomear funcionarios en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario os opositores que se relacionan no anexo II da Orde do 2 de agosto de 1995 (DOG do 23) pola que se fai pública a lista dos opositores que superaron o procedemento selectivo convocado pola Orde do 28 de marzo de 1995 coa excepción dos que se relacionan no anexo I desta orde, polas causas que se indican.

Segundo.-O nomeamento como funcionario en prácticas producirá efectos administrativos do 29 de setembro de 1995 e económicos da mesma data, agás para os que estiveran prestando servicios como interinos no curso 1994-1995, que serán do 1 de outubro de 1995.

Terceiro.-O réxime retributivo dos funcionarios en prácticas será o establecido no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro, (BOE do 6 de marzo), polo que se fixan as retribucións dos funcionarios en prácticas.

Cuarto.-Os funcionarios en prácticas que xa estean prestando servicios remunerados na Administración como funcionarios de carreira ou interinos, contratados administrativos ou como persoal laboral, sen prexuízo da situación administrativa ou laboral que de acordo coa normativa vixente lles corresponda, deberán formular opción pola percepción das remuneracións durante a súa condición de funcionarios en prácticas de conformidade co disposto no Real decreto 456/1986, do 10 de febreiro (BOE do 6 de marzo).

Quinto.-A Dirección Xeral de Persoal adoptará tódalas medidas e instruccións que sexan necesarias para o desenvolvemento da presente orde.

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

Sr. Director Xeral de Persoal

ANEXO I

Apelidos e nomeDisciplinaCausa

Gil Gómez, AdolfoL. Castelá e L.Perman. corpo mestres
Sueiro Silva, AlfredoXeografía e historiaPerman. corpo mestres
Díaz Rodríguez, ManuelXeografía e historiaPerman. corpo mestres

Apelidos e nomeDisciplinaCausa

Ruiz Navarro, GonzaloDebuxoAdiamento Práct.
de la Rosa Pérez, ManuelDebuxoAdiamento Práct.
Maroño Cal, AntonioDebuxoNon reunir requisitos
Álvarez Riveira, EldaFrancésPerman. corpo mestres
Guillén Ortega, JesúsEduc. FísicaPerman. corpo mestres
Otero Figueroa, FernandoTecnoloxíaPerman. corpo PTFP
Rodríguez González, ManuelTecnoloxíaPerman. corpo mestres
Rodríguez Sánchez, ÁngelTecnoloxíaPerman. corpo PTFP
Santos Leites, José Eul.TécnoloxíaPerman. corpo PTFP
Ogando Penela, FranciscoTecnoloxíaPerman. corpo PTFP

7485