Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.440

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1995, da Secretaría Xeral de Comunicación, pola que se anuncia contratación polo sistema de concurso público, sistema aberto, da asistencia técnica para a elaboración, deseño, edición, publicación e distribución da Guía de comunicación de Galicia.

Orzamento da subministración: 11.000.000 de pesetas, IVE incluído.

Prazo de execución: antes do 31 de decembro de 1995.

Fianza provisional: 220.000 pesetas.

Forma de tramitación: urxente.

Prazo de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, ou nas direccións provinciais correspondentes, antes das 14 horas do décimo terceiro día hábil a partir do seguinte día da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do estado.

Documentación que deben presenta-los licitadores: no sobre da documentación persoal, a establecida na cláusula 9.2 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación económica, a establecida na cláusula 9.3 do prego de cláusulas administrativas.

No sobre da documentación de referencias técnicas, a establecida na cláusula 9.4 do prego de cláusulas administrativas.

Apertura de proposicións: será realizada pola mesa de contratación nas dependencias da Secretaría Xeral de Comunicación a partir das 12 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas.

No caso de que dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser adquirida en Tórculo Artes Gráficas, S.L., rúa Rosalía de Castro 45, baixo. Santiago de Compostela, teléfono 59 26 00.

Clasificación das empresas licitantes: ó abeiro da Orde do 24-11-1982, modificada pola do 30-1-1991, a clasificación esixible para o obxecto do contrato é, grupo III, subgrupo 3, categoría c.

Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 1995.

P.D. (Orde 26-3-1992)

Jesús Pérez Varela

Secretario xeral de Comunicación

95-07486