Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.424

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de hostelería.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector de hostelería, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 2-10-1995, subscrito en representación da parte económica pola Asociación de Empre

sarios de Hostelería, pola Asociación de Empresarios de Hospedaje de la provincia de Pontevedra (Asehospo), e pola Asociación de Salas de Fiestas y Recreativos, e da parte social, polas centrais sindicais CIG, CC.OO. e UGT, con data 28-9-1995. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia, en lingua castelá, sen prexuízo da posterior publicación en lingua galega, tan pronto se reciban os textos do citado convenio na devandita lingua.

Vigo, dez de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo provincial de hostelería

1995-1996

I. Ámbito de aplicación e disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito persoal e territorial.

A regulación das condicións de traballo a través da negociación colectiva contida no presente convenio, rexerá para as empresas e traballadores que, con centros de traballo con sede na provincia de Pontevedra, se dediquen á actividade de hostelería, incluídas as recreativas e de lecer, e carezan de convenio propio.

Artigo 2º.-Vixencia e efectos económicos.

Con independencia da data na que se asine e da súa publicación no BOP, o presente convenio terá vixencia e efectos económicos desde o 1º de xaneiro de 1995 ata o 31 de decembro de 1996.

Artigo 3º.-Denuncia.

A denuncia deste convenio colectivo, efectuada por calquera das partes lexitimadas para iso, realizarase por escrito no que constarán os artigos que se pretenda renegociar, ou a proposta de modificación que se solicita, co que perderán a súa vixencia. Os demais seguirán vixentes un ano máis.

Co fin de evitar un baleiro legal, os artigos denunciados que non teñan cobertura por disposición legal manterán a súa vixencia mentres non se substitúan por outros negociados entre as partes interesadas, e no demais quedarán as relacións entre empresa e traballador suxeitas ó que dispoña a lexislación legal vixente aplicable ó caso.

Da denuncia efectuada conforme o parágrafo primeiro darase traslado, dentro dos tres últimos meses de vixencia do convenio, a cada unha das partes lexitimadas para negociar.

En caso de non efectuarse a denuncia na forma prevista, este convenio prorrogarase de maneira automática en tódolos seus termos por un prazo dun ano e así sucesivamente mentres non se faga a correspondente denuncia.

Artigo 4º.-Comisión paritaria.

Constitúese unha comisión paritaria con fins de interpretación e vixilancia do cumprimento das estipulacións do convenio.

Formarán parte dela os vocais que, en representación dos traballadores e empresarios, constituíron a comisión negociadora deste convenio.

A presidencia da comisión exercerase a través da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, e será convocada cando así o solicite calquera das partes.

Artigo 5º.-Partes negociadoras.

Interviñeron na negociación deste convenio, en representación dos traballadores, as centrais sindicais CC.OO., UGT e CIG e, pola parte empresarial, a Federación Provincial de Hostelería (FPH), a Asociación de Salas de Fiestas y Recreativos, e a Asociación de Empresarios de Hospedaje de la Provincia de Pontevedra (Asehospo).

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

A todo traballador respectaráselle como condición máis beneficiosa a cantidade que viñese percibindo, en canto sexa superior á que resulte por aplicación do presente convenio, e excluiranse no dito cómputo comparativo anual os importes correspondentes a pluses de: complemento de antigüidade por dereitos adquiridos, transporte mensual e, se non o desfruta efectivamente, os de manutención e aloxamento, conceptos estes que, ó non entraren no referido cómputo anual, percibiranse con independencia do resultado deste.

Artigo 7º.-Lexislación subsidiaria.

No non previsto no presente convenio, haberá que aterse ó disposto na lexislación e/ou normativa de carácter xeral legalmente vixente en cada momento e aplicable ó caso.

II. Contratacións e cesamentos

Artigo 8º.-Contratacións.

O contrato de traballo poderase celebrar nas diferentes formas establecidas pola normativa laboral

vixente en cada momento, formalizarase por escrito nos supostos que considere a lexislación e conforme a esta, e entregaráselle copia deste contrato ó interesado.

Cando se celebren contratos ó abeiro do artigo 15, apartado b) da Lei 11/1994, do 19 de maio, BOE nº 122 con data do 23-5-1994, estes poderán ter unha duración máxima de 12 meses dentro dun período de 15 meses.

Artigo 9º.-Cesamentos.

O cesamento voluntario por demisión do traballador, nos casos que considera a lei, deberá serlle comunicado á empresa de forma fidedigna cunha antelación mínima de quince días á data na que deba producirse. O incumprimento desta obriga sancionarase por parte da empresa na forma prevista na lei, norma ou regra vixente en cada momento.

Artigo 10º.-Información sindical.

En cumprimento do disposto no artigo 1 da Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, e mentres conserve esta a súa vixencia, a empresa virá obrigada a entregarlles ós representantes dos seus traballadores a documentación á que fan referencia os números 1 e 2 do citado artigo, así como a información á que alude o número 3 deste. Os representantes dos traballadores asumen, así mesmo, a obriga de sixilo con respecto ós datos que, en cumprimento das disposicións citadas, obteñan da empresa. O incumprimento desta obriga de sixilo suporá o quebrantamento do segredo profesional.

Artigo 11º.-Liquidacións por cesamento.

A empresa entregará unha proposta de liquidación das cantidades debidas xunto coa comunicación de preaviso de extinción do contrato ou da súa denuncia, cando o traballador o solicite.

Cando o traballador o solicite no momento da sinatura do seu recibo de liquidación (anexo II), a empresa permitirá a presencia dun dos seus representantes nela e, se non o houbese, e o traballador o solicita, permitirá a de calquera outro representante legal.

Se estivese no seu dereito e dentro dos prazos previstos pola lei para iso, o traballador poderá efectuar reclamación sobre a súa liquidación, relacionada ó período no que prestou os seus servicios na empresa.

Artigo 12º.-Mobilidade funcional.

A mobilidade funcional no seo das empresas, que se efectuará sen prexuízo dos dereitos económicos e profesionais do traballador, non terá outras limitacións cás esixidas polas titulacións académicas ou profesionais precisas para exerce-la prestación laboral.

III. Xornada de traballo, licencias, excedencias e vacacións

Artigo 13º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral, durante os anos 1995 e 1996 fíxase en mil oitocentas horas (1.800) de traballo efectivo en cómputo anual para cada un dos anos. A promulgación de disposición oficial que mellore esta pro

ducirá a súa inmediata aplicación desde a data da súa entrada en vigor aínda que sen efectos retroactivos.

As empresas facilitaranlles ós representantes dos traballadores nelas os cadros horarios laborables xerais cando así o soliciten.

Os excesos no tempo de prestación efectiva, en cómputo anual, compensaranse en tempo libre equivalente ou serán aboados de mutuo acordo entre o traballador e a empresa.

Artigo 14º.-Descanso semanal.

O descanso semanal será de día e medio ininterrompido, e o seu desfrute sinalarao a empresa coa suficiente antelación e non poderá ser variado sen consentimento dos afectados, salvo especiais circunstancias ou necesidades do servicio, mediando, neste caso, aviso ó interesado con tempo suficiente. Isto enténdese sen prexuízo do descanso que teña algún traballador recoñecido e que represente mellora con respecto ó aquí regulado que, en todo caso, se respectará.

O traballador que teña contrato a xornada completa nunha empresa non poderá presta-los seus servicios en ningunha outra do sector. Facelo sería unha competencia desleal e, polo tanto, falta moi grave.

Artigo 15º.-Licencias

O traballador, logo de aviso e xustificación, poderá ausentarse do traballo con dereito a retribución económica polos motivos e durante o tempo que a seguir se especifica, se é que asiste ó acto que xustifica tal licencia e o acredita:

a) 15 días naturais en caso de matrimonio.

b) 3 días naturais en caso de nacemento dun fillo, se reside na mesma localidade do centro de traballo, que se ampliará a 5 noutro caso.

c) 4 días naturais por falecemento ou enfermidade grave do cónxuxe, pais, avós, irmáns e fillos do traballador, sexa o parentesco por consanguinidade ou afinidade, que se ampliará a 8 días cando o suceso teña lugar a máis de 500 km de distancia do centro de traballo.

d) 1 día natural por enfermidade grave de tíos.

e) 1 día natural por primeira comuñón de fillos.

f) 1 día natural por razón de matrimonio de pais, fillos, irmáns e tíos, sexa a relación por consanguinidade ou afinidade. Se a voda se celebra a máis de 150 km do seu domicilio, serán tres días.

g) Polas horas precisas e con xustificación visada do médico da Seguridade Social que teña asignado cando, por razón de enfermidade, o traballador precise a asistencia a consultorio médico en horas coincidentes coa súa xornada laboral, sempre que a urxencia o determine, tendo neste caso o traballador que comunicarlle á empresa a dita saída co tempo suficiente de preve-la súa falta.

h) 2 días naturais por falecemento de tíos e sobriños, sexa o parentesco por afinidade ou consanguinidade.

i) 2 días naturais por cambio do seu domicilio habitual, sempre que sexa con traslado dos mobles do dito domicilio, o que deberá xustificarse cunha certificación legal.

Artigo 16º.-Vacacións.

As vacacións anuais terán unha duración de 30 días naturais. Desfrutaranse de forma ininterrompida se entre empresa e traballador non acordan o seu fraccionamento, e respectaranse as máis amplas que, por norma, costume ou condición máis beneficiosa, viñesen desfrutándose en empresas ou grupos de traballadores.

O seu desfrute deberá efectuarse dentro do ano natural co que se corresponden sen que caiba a súa compensación en metálico, e aproveitaranse para iso as épocas de menor actividade na empresa.

Os traballadores que, na data fixada para o comezo das vacacións, non completasen unha xornada laboral dun ano de traballo efectivo na empresa, desfrutaranas en proporción ó tempo da xornada efectivamente traballado .

De común acordo entre a empresa e o traballador, as festas aboables e non recuperables traballadas poderán acumularse ás vacacións anuais ou seren desfrutadas como descanso continuado en período distinto. En ámbolos casos, respectarase o descanso semanal que corresponda en cómputo anual sen que esta acumulación de festas aboables e non recuperables signifique reducción no tempo de traballo efectivo, que son mil oitocentas horas anuais.

Durante o desfrute das vacacións anuais, o traballador percibirá da empresa o salario real polos distintos conceptos retributivos que lle correspondan. Para o suposto de que a empresa, por necesidades do servicio, substituíse o persoal en vacacións, a retribución do substituto correrá a cargo da empresa.

Artigo 17º.-Excedencia voluntaria.

O persoal afectado polo presente convenio con máis de dous anos de antigüidade na empresa, terá dereito a unha excedencia voluntaria de duración non inferior a un mes nin superior a cinco anos. Se un mes antes de remata-la excedencia, o traballador solicitase a súa reincorporación, a empresa obrígase a readmitilo á finalización dela, sempre que houbese vacante e, neste caso, con igual antigüidade cá que tiña recoñecida ó inicio da concesión da excedencia.

Ata transcorridos catro anos desde a finalización do desfrute desta excedencia voluntaria á que ten dereito, o traballador non poderá solicitar outra excedencia.

O traballador que, durante o desfrute da excedencia, exerza actividade que concorra coa da empresa ou lle faga competencia, salvo que a actividade profesional se leve a cabo no estranxeiro, perderá o seu dereito de reincorporación a ela.

IV. Seguridade e hixiene

Artigo 18º.-Comedores e vestiarios.

As empresas que teñan persoal con dereito a manutención e en canto esta sexa obrigatoria por disposición legal, facilitaranlles un lugar digno e axeitado para uso como comedor dos traballadores, que o manterán limpo e en perfectas condicións de utilización.

En iguais condicións disporán de vestiarios e duchas.

Artigo 19º.-Recoñecemento médico.

Tódolos traballadores afectados polo presente convenio terán o dereito e a obriga de someterse ó máis amplo e detallado recoñecemento médico, polo menos, unha vez ó ano, en data que determine a empresa e de acordo cos representantes dos seus traballadores, se os houber, e non será a cargo dos traballadores o custo do citado recoñecemento.

V. Dereitos sindicais de representación

Artigo 20º.-Organización sindical dos traballadores da empresa.

As empresas considerarán os sindicatos debidamente implantados no seu seo como elementos básicos para canaliza-las relacións entre traballadores e empresa.

En consecuencia, as empresas respectarán o dereito de tódolos traballadores que o desexen a sindicárense libremente, e non será isto un obstáculo para a súa contratación.

As empresas recoñecen o dereito dos traballadores afiliados a un sindicato a celebraren reunións, recadaren cotas e distribuiren información sindical fóra das horas e lugar de traballo e sen perturbaren a normal actividade das empresas.

En tódalas empresas de máis de 25 traballadores deberá existir un taboleiro de anuncios no que os sindicatos debidamente implantados nela poderán dar publicidade a informacións e comunicacións non contrarias á lei ou que danen e/ou prexudiquen a empresa.

Artigo 21º.-Representantes dos traballadores.

Os comités de empresa e delegados de persoal terán os dereitos, facultades e obrigas que sobre a materia determine a lexislación vixente en cada momento.

Artigo 22º.-Garantía dos representantes dos traballadores.

Os membros do comité de empresa e delegados do persoal non poderán ser despedidos ou sancionados durante o exercicio legal das súas funcións se a causa do despedimento ou sanción se basea precisamente neste exercicio legal da súa representación, nin por tal causa, no ano inmediatamente seguinte ó seu cesamento, agás que este se produza por revogación ou demisión.

Se o despedimento ou sanción por faltas moi graves ou graves obedecese a outras causas, deberá tramitarse

expediente contradictorio no que serán oídos, ademais do interesado, o comité de empresa ou os restantes delegados de persoal, se os houber.

Os citados representantes dos traballadores non poderán ser discriminados na súa promoción profesional ou económica por causa do desempeño da súa representación.

Artigo 23º.-Crédito horario.

Os membros do comité de empresa e delegados do persoal poden dispor dun crédito de horas mensuais retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación, que xustificarán ante a empresa, conforme a seguinte escala, fixada en función do número medio de traballadores do centro de traballo respectivo:

-Ata 50 traballadores, quince (15) horas en total.

-Máis de 50 traballadores, vinte (20) horas en total.

As horas establecidas para os delegados sindicais serán acumuladas durante o ano en cómputo semestral procurando que, durante os meses de xuño, xullo, agosto e setembro, se realice o menor número de actividades sindicais.

Non se computará dentro do crédito anual máximo legal o exceso de tempo que sobre el se produza con motivo da designación dos delegados de persoal ou membros do comité de empresa como compoñentes de comisións negociadoras de convenios, polo ámbito de aplicación dos cales se atopen afectados a empresa e os representantes sindicais, sempre que se utilice para asistir á celebración de sesións oficiais de tales negociacións e se lle notifiquen con tempo suficiente á empresa as datas de tales reunións, co fin de preve-la súa falta do posto de traballo.

VI. Salario e complementos

Artigo 24º.-Salario.

O salario bruto base mensual para os traballadores afectados por este convenio durante 1995, é o do nivel salarial que lle corresponda á súa categoría profesional, dentro da que teña o establecemento no que traballa e segundo a sección á que pertenza o dito establecemento, de acordo coas táboas salariais por niveis anexas a este (anexo I), que se obtiveron por consenso entre as partes negociadoras nas deliberacións deste convenio colectivo.

Para 1996, o salario bruto base mensual para os traballadores afectados por este convenio será o que lle corresponda segundo o establecido en 1995, incrementado coa previsión do IPC do Goberno para 1996.

Artigo 25º.-Revisión salarial.

Se o 31 de decembro de 1996 o incremento anual do índice de prezos do consumo (IPC) sobre igual data do ano anterior, fose maior có previsto polo goberno do Estado para ese ano 1996 e que se aplicou ás táboas de niveis salariais de 1995, procederase a revisar estas na diferencia na que o citado IPC superase a referenciada previsión, de forma que o

incremento sobre as táboas de niveis salariais de 1995 sexa igual ó incremento real do IPC do ano 1996, e aplicarase esta revisión con efectos retroactivos ó 1-1-1996, e servirán os novos niveis salariais así obtidos como base de negociación para 1997.

Artigo 26º.-Garantía de salario mínimo.

Se, como consecuencia da modificación legal da contía de salarios mínimos interprofesionais, os traballadores percibisen, en cómputo anual, retribución inferior á que lles correspondería pola aplicación daqueles, procederase a adapta-la súa retribución ó novo importe desde a mesma data de entrada en vigor da citada modificación legal.

Artigo 27º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense como gratificacións extraordinarias as de xullo, decembro e setembro, que se aboarán os días quince de cada un dos meses citados, pola contía dunha mensualidade de salario base as dúas primeiras, e 10 días de salario base a terceira máis, se é o caso, o importe correspondente ó complemento de antigüidade por dereitos adquiridos.

O traballador que non teña un ano de traballo efectivo ó servicio da empresa cobrará estas gratificacións proporcionalmente ó tempo efectivamente traballado.

Artigo 28º.-Plus de nocturnidade.

As horas traballadas entre as 0 e as 8 horas terán a consideración de nocturnas e consecuentemente, retribuiranse cun incremento do 25% sobre a contía do salario base que se deriva das táboas de niveis salariais do anexo I, salvo no caso dos empregados que fosen contratados especificamente para desempeña-lo seu traballo nesas horas.

Artigo 29º.-Complemento de antigüidade.

O complemento de antigüidade percibirano unicamente aqueles traballadores que á entrada en vigor deste convenio o teñan recoñecido nas súas nóminas como complemento de antigüidade por dereitos adquiridos, o cal será incrementado durante a vixencia do presente convenio nun 3,5%. Os traballadores que non tivesen recoñecido en nómina o dito complemento con anterioridade ó un de xaneiro de 1994, non a xerarán.

Os traballadores con dereito, segundo o parágrafo anterior, a percibiren este complemento para o ano 1996, percibirano incrementado na mesma porcentaxe cós niveis salariais, modificado, se é o caso, e se procede a 31-12-1996, segundo a revisión salarial.

Artigo 30º.-Persoal con dereito a manutención e/ou aloxamento.

O persoal de cafeterías pertencente á sección de mostrador, sala e cociña, naquelas empresas que serven comidas, e cun horario de traballo que coincida co do aludido servicio de comidas, terá dereito a manutención. Así mesmo, o aprendiz de cociña terá dereito a aloxamento. Todo isto de conformidade e nas condicións que establece a vixente ordenanza da industria de hostelería.

Artigo 31º.-Manutención e aloxamento.

O persoal que, de acordo co disposto no Art. 72 da ordenanza laboral, ten dereito a complemento de retribución en especie, poderá optar, cando a opción lle corresponda, entre a súa compensación ou desfrute, segundo dispón o precepto citado.

A valoración compensatoria dos complementos en especie non desfrutados efectivamente para aboarlle ó traballador xunto coas retribucións de cada mes, serán as seguintes, que representan un incremento do 3,5% sobre o ano 1994:

-Por manutención: catro mil catrocentas corenta (4.440) ptas. mensuais.

-Por aloxamento: duascentas cincuenta e sete (257) ptas. mensuais.

Para o ano 1996, este concepto terá a mesma suba cós niveis salariais, modificado, se é o caso e se procede a 31-12-1996, segundo a revisión salarial.

VII. Outras retribucións

Artigo 32º.-Plus de transporte.

Mantense, con carácter xeral e para todo o persoal, o plus de transporte na contía de cinco mil trinta e cinco (5.035) pesetas mensuais, o que representa un incremento do 3,5% sobre o pasado ano 1994.

Para o ano 1996, este concepto terá a mesma suba cós niveis salariais, modificado, se é o caso e se procede a 31-12-1996, segundo a revisión salarial.

Cando se lles fagan efectivas ós traballadores as nóminas das gratificacións extraordinarias de xullo e decembro, aboaráselle-la cantidade de sete mil duascentas (7.200) pesetas con cada unha delas, en concepto de plus de transporte.

Artigo 33º.-Complemento por ILT.

Cando o traballador teña unha antigüidade mínima na empresa de seis meses e cause baixa por enfermidade común ou accidente non laboral, sempre que a empresa non contrate outro traballador para substituílo durante o período da súa baixa, a partir do vixésimo primeiro día de baixa, a empresa obrígase a complementar ata o 100% do importe do salario deste convenio, agás os complementos de antigüidade, que será aboada polo 75% da súa base de cotización e os complementos extra salariais que non se aboarán.

No suposto de enfermidade profesional, accidente laboral ou hospitalización do traballador, a empresa aboará o citado complemento desde o primeiro día de baixa nos dous primeiros casos, ou desde o día da hospitalización e mentres dure esta no terceiro, sen ter en conta a contratación de suplentes.

Artigo 34º.-Xubilación.

Todo o persoal afectado polo presente convenio pasará, ó cumpri-los 65 anos de idade, sempre que teña acreditados 15 anos de cotización á Seguridade Social na súa vida activa, á situación de xubilación ou causará baixa na empresa. Caso de non ter cotizados

os 15 anos, a xubilación ou baixa será á vontade do traballador ata a data na que cotice os citados 15 anos ou acade a idade de xubilación obrigatoria por lei.

Os traballadores en activo que teñan cumpridos os 65 anos quedan incursos neste artigo.

As empresas que reduzan os seus postos de traballadores fixos por xubilacións obrigatorias ós 65 anos cubrirán cada posto de baixa con outro traballador, polo menos durante tres meses ó ano, sempre que a situación económica da empresa o permita.

Os traballadores que, como consecuencia da xubilación, se non crean calquera tipo de conflicto, invalidez permanente ou falecemento, neste último suposto baixo as condicións que se indicarán, cesen na empresa, aboaráselles como premio en función dos anos acreditados de permanencia nela, os seguintes importes:

-De 5 a 9 anos: 1 mensualidade.

-De 10 a 14 anos: 2 mensualidades.

-De 15 a 19 anos: 3 mensualidades.

-Con máis de 20 anos: 4 mensualidades, e unha mensualidade máis por cada cinco anos que excedan dos vinte de referencia.

No caso de falecemento, será preciso para o aboamento á viúva ou ós seus fillos menores de 18 anos ou maiores de tal idade incapacitados para o traballo, que o traballador contase polo menos con cincuenta e cinco anos de idade e levase, como mínimo, 10 anos de servicio ininterrompido na empresa no momento da súa morte.

O importe das mensualidades farase efectivo sobre o salario mensual do traballador estando en activo no momento do seu falecemento e, se en tal data se atopase en situación de baixa por ILT, invalidez provisional ou calquera outro motivo de saúde, calcularase sobre o salario base mensual que lle correspondería percibir de se atopar en activo.

Se o traballador causa baixa en forma voluntaria ós 64 anos, recibirá á parte do que lle corresponda polos seus anos de servicio na empresa, unha mensualidade máis e, se o fixese ós 63 anos, dúas mensualidades máis.

Cláusulas adicionales

Primeira.-As partes negociadoras deste convenio, de mutuo acordo, deciden que tódolos artigos da ordenanza laboral actualmente vixentes que non fosen substituídos por outros negociados entre as partes interesadas ou por normas ou leis, continuarán en vigor, no caso de ser derrogada a ordenanza, co fin de que non se produza un baleiro legal.

Segunda.-As partes negociadoras deste convenio deciden que, no futuro, o incremento económico que se acorde será de aplicación nos seguintes conceptos:

-Salario base, complemento de antigüidade por dereitos adquiridos para quen o teña acreditado na súa nómina como tal concepto o 31-12-1994, manutención, aloxamento e plus de transporte mensual.

Terceira.-Créase un complemento salarial por dereitos adquiridos nas seguintes categorías:

-Botóns menores de 18 anos da sección sétima en activo e con contrato indefinido á entrada en vigor do presente convenio, percibirán o dito complemento de 9.852 ptas., os de 1ª e 2ª, e 7.151 ptas. os de 3ª e 4ª. Os que accedan desde a entrada en vigor do presente convenio a estas categorías, farano percibindo o salario correspondente ó nivel 27 das táboas do anexo I.

-Aprendices de 16 a 18 anos da sección terceira en activo e con contrato indefinido á entrada en vigor do presente convenio percibirán o dito complemento de 1.686 ptas. Os que accedan desde a entrada en vigor do presente convenio a esta categoría, farano percibindo o salario correspondente ó nivel 27 das táboas do anexo I.

-Conserxe de noite dos establecementos de 2 estrelas na sección primeira en activo e con contrato indefinido á entrada en vigor do presente convenio, percibirá o dito complemento de 5.000 ptas. que será a extinguir a razón de 1.000 ptas/ano. Os que accedan desde a entrada en vigor do presente convenio a esta categoría, farano percibindo o salario correspondente ó nivel 22 das táboas do anexo I.

-Encargado de economato e adegueiro dos establecementos de 2 estrelas da sección primeira en activo e con contrato indefinido á entrada en vigor do presente convenio, percibirán o dito complemento de 3.000 ptas, que será a extinguir a razón de 1.000 ptas/ano. Os que accedan desde a entrada en vigor do presente convenio a esta categoría, farano percibindo o salario correspondente ó nivel 21 das táboas do anexo I. Así mesmo, aqueles traballadores que na data de entrada en vigor do presente convenio estivesen traballando ó abeiro dun contrato temporal, percibirán o mesmo complemento salarial por dereitos adquiridos en iguais categorías en canto non finalice o seu contrato.

Cuarta.-Co obxecto de fomenta-lo emprego, observa-la súa incidencia no sector e con carácter temporal, ámbalas partes acordan para o ano 1996 que os traballadores de 19 a 23 anos que accedan ó primeiro emprego na hostelería, percibirán a cantidade de sesenta e seis mil cen (66.100) pesetas mensuais en concepo de salario base. Este importe percibirase durante a vixencia do contrato, que non poderá ser maior dun ano e sempre que a súa sinatura teña lugar única e exclusivamente durante o ano 1996.

Quinta.-O presente convenio publicarase en galego e español.

ANEXO I

TÁBOAS DE NIVEIS SALARIAIS

NIVELPROPOSTA 1995

1135.000
2130.100
3127.600
4123.100

NIVELPROPOSTA 1995

5121.100
6119.600
7117.600
8115.600
9113.100
10111.100
11109.100
12107.600
13105.600
14103.600
15101.100
16 99.100
17 97.600
18 95.100
19 93.600
20 91.600
21 89.600
22 87.600
23 85.100
24 83.100
25 81.600
26 79.100
27 49.100

Ano 1995

Establecementos da sección 1ª

Hoteis e hoteis balnearios

Categorías profesionais***************

Recepción, conserxería e

administración

Xefe recepción e Contab.

xeral

34600
Xefe 2ª recepción e Caix.11141600
Interv. e oficial Admtvo.1618202224
Recepcionista1416182022
Axte. Recp. e Port. Serv.1820222325
Auxiliar Admtvo.2123242526
Aprendiz de 16 a 18 anos2727272727
Telefonista de 1ª2022242526
Telefonista de 2ª2123252526
Contable3691114
Primeiro conserxe de día1618202223
Segundo conserxe de día1921222324
Conserxe de noite1920212223
Int./Ord. Sal./Vix.noite/

Axt. Coci.

2323242424
P. Acs./P. Cche./M. Asc./

Bot. 18

2626262626
Botóns 16 a 18 anos2727272727

Persoal de restauración

Xefe de cociña111214
Salseiro (2º xefe)7891016
Xefe de partida910111317
Cafeteiro2224242526
Cociñeiro1011131420
Axte. Coc., Caf. e marmitón2424252626
Reposteiro1618202026

Categorías profesionais***************

Encarg. economato e ade-

gueiro

1618202122
Pinche2425252526
Fregadora2626262626
Apdiz. cociña 16 a 18 anos2727272727
Xefe de comedor111214
2º xefe de comedor7891019
Xefe de sector910111317
Camareiro e sumiller1011131420
Axte. camareiro2224242526
Aprendiz camareiro 16 a

18 anos

2727272727

Persoal de pisos-limpeza

e lavandería

Camareiro de pisos101113
Encarg. xeral (gobernanta)1115162021
Sub-gobernanta2021222326
Camareira de pisos2425252626
Encarg. lencería e lavandería2021222323
Pa./Cos./Zur./Len./Lav./

Lim., etc.

2626262626

Persoal servicios auxiliares

Encargado traballos1415182021
Mecánico ou calefactor1618202224
Axt. Meca. o Calef. Elect.2223242526
Eba./Carb./Elec./Alb./pintor1920212226
Conductor (chofer) xardín1819202122
Garda do exterior2324242626
Axt. Eb. Car. Pint. Font.2425262626

Ano 1995

Establecementos da sección 2ª

Hostais, pensións, fondas e casas de hóspedes

Categorías profesionais******

Recepción, conserxería e administración

Primeiro conserxe de día222222
Segundo conserxe de día232424
Conserxe de noite222324
Axte. conserxe242424
Ascensorista máis 18 anos262626
Vixilante de noite242626
Botóns 16 a 18 anos272727
Caixeiro22
Telefonista242424
Recepcionista222222
Aprendiz 16 a 18 anos272727

Persoal de restauración

Xefe de cociña21414
Primeiro cociñeiro142020
Axte. Coc. Freg. Limp.262626
Xefe de comedor21414
Segundo xefe de comedor101616
Camareiro142020
Axte. camareiro252526
Aprendiz 16 a 18 anos272727

Persoal pisos-limpeza lavandería

Encargada de pisos232425
Camareira de pisos262626
Encarg. Lence. e Lavand.202122
Pi./Co./Le./Zu./Li./Moza Li.262626

Categorías profesionais******

Persoal servicios auxiliares

Mecánico ou calefactor242424
Conduc. chofer, xardineiro242424

Ano 1995

Establecementos da sección 3ª

Restaurantes, hamburgueserías, pizzerías, self services de hostelería e similares

Categorías profesionais5 T4 T3 T2 T1 T

Persoal de restauración

Xefe de cociña112214
Salseiro (2º xefe)7891016
Xefe de partida910111317
Cafeteiro2224242526
Cociñeiro109131420
Axte. Coc., Caf. e marmitón2424252626
Reposteiro1618202124
Encarg. economato e ade-

gueiro

1618202124
Pinche2425252626
Fregadora2626262626
Apdiz. cociña 16 a 18 anos2727272727
Xefe de comedor112214
2º xefe de comedor7891016
Xefe de sector910111317
Camareiro e sumiller109131420
Axte. camareiro2224242526
Aprendiz camareiro 16 a

18 anos

2727272727

Persoal de varios

Contable Xral.911182222
Caixeiro Com. Adeg.2324242426
Telefonista2324252626
Vixil. noite, porteiro2324242526
Botóns máis 18 anos2626262626
Aprendiz 16 a 18 anos2727272727
Limp./Lav./Zurz./Pranch.2626262626

Ano 1995

Establecementos da sección 4ª

Cafeterías

Categorías profesionais3 tazas2 tazas1 taza

Primeiro encargado4914
Segundo encargado91418
Dependente141822
Axudante232426
Aprendiz 16 a 18 anos272727
Pranchista e cociñeiro202122
Axudante de pranchista242526
Repost. encargado almacén202122
Fregadora262626
Axte. reposteiro242526
Teléf./mozo almacén222326
Conductor-porteiro222424
Contable141822
Caixeiro, Aux. Admtvo., Aux. caixa232426

Ano 1995

Establecementos da sección 5ª

Bares, cervexerías, chocolaterías, xeladerías, bares Amer., whiskerías

Categorías profesionaisEspecial ou

única

Prim.Seg.Ter./

Cuar.

Persoal varios

Reposteiro

202122
Oficial reposteiro212223
Axte. Rep./Coci. Caf./Adeg.242526
Caixeiro, Telef. e Vix. noite242526
Botóns ata 18 anos272727
Contable141822
Freg. limpadora262626

Persoal restauración

Primeiro encargado mostrador101416
Segundo encargado mostrador141820
Dependente 1ª182223
Dependente 2ª232526
Apdiz. 16 a 18 anos272727
Xefe de sala9141516
Camareiro14181920
Axte. camareiro23242424
Barman4
Seg. barman11
Axte. barman22
Apdiz. barman 16 a 18 anos27

Tabernas

Dependente 1ª22
Dependente 2ª23
Apdiz. 16 a 18 anos27

Ano 1995

Establecementos da sección 6ª

Salas de festas, discotecas, etc.

Categorías profesionaisEspecial ou

única

Prim.Seg.Ter./

Cuar.

Persoal de administración

Xerente4
Xefe de administración12
Oficial administrativo24
Auxiliar administrativo24

Persoal técnico

Encargado o maitre4
Encargado de barra4
Camareiros12
Axte. Aux. de camareiro18
Disc-jockey e Relac. públicas18
Vendedor de billetes e gardaroupa22
Persoal de limpeza26
Almaceneiro e Pers. Mantem.26
Porteiro21

Ano 1995

Establecementos da sección 7ª

Casinos e sociedades recreativas

Categorías profesionaisPrim./

Seg.

Ter./

Cuar.

Persoal de oficinas

Xefe 1ª

713
Xefe 2ª1319
Oficial 1ª1319
Oficial 2ª1923
Auxiliar1924
Aspirante menor 18 anos2626
Bibliotecario1318

Persoal subalterno

Conserxe1620
Cob./Axte. Con.-Cam. Enc. sala1923
Ord. Sal.-Port. Acc. e Serv.
Tel. Vix. noite e fardinero2125
Ate. Camar./Bot. máis 18 anos2226
Limpadora2626
Botóns menos 18 anos2626

Ano 1995

Establecementos da sección 8ª

Categorías profesionaisÚnica

Billares

Encargado sala

20
Mozo billar24
Axudante26
Botóns/Apdiz. 2º ano27
Limpadora26

ANEXO II

COMUNICACIÓN DE CESAMENTO DE LIQUIDACIÓN

Lugar e data:

Sr.:

Muy Sr./a noso/a:

Para efectos de cumpri-lo disposto no artigo 3.1º da Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, sobre dereitos de información dos representantes dos traballadores en materia de contratación, achegámoslle proposta de liquidación das cantidades debidas, co fin de que sexa examinada por Vde. e pregámoslle que pase pola nosa oficina, para os efectos de retira-la referida liquidación, logo de pagamento a favor do seu importe.

ConceptosImportes

Líquido a percibir...............

Pregándolle ó informado desta comunicación que asine, só para os efectos de acredita-la súa recepción, saudámolo moi atentamente.

Informado

Asdo.: o traballador

LIQUIDACIÓN

O/A que subscribe ó servicio da empresa

Declara:

Que con data... causa baixa nela, e percibirá por liquidación de contas de orixe laboral a cantidade de pesetas...., segundo detalle que se expresa na pormenorización por conceptos aboables. Declara igualmente concluído e liquidado o seu contrato de traballo coa mesma empresa sen que nada e por concepto ningún lle quede debido, e non lle asistirá, polo tanto, ningún dereito a formular posteriores reclamacións sobre ela.

Pormenorización da liquidación por conceptos aboables

ConceptosImportes

Líquido a percibir...............

Lugar e data.....................

Recibín e conforme

Asdo.: o traballador

ANEXO III

CASINOS RECREATIVOS E SALAS DE FESTAS

Será de aplicación ás actividades desenvolvidas polas empresas deste apartado, o establecido neste convenio provincial de hostelería, agás os artigos 27 (gratificacións extraordinarias), 30 (persoal con dereito a manutención e aloxamento) e 34 (xubilación).

Ademais, para este tipo de establecementos rexerán as cláusulas A, B, C, D e E máis abaixo indicadas.

A) Gratificacións extraordinarias.

Todo o persoal que preste o seu servicio nos casinos e sociedades recreativas, terá dereito á percepción, ademais das gratificacións extraordinarias preceptivas de xullo e Nadal, a unha paga extraordinaria o día 31 de xaneiro e o día 31 de outubro de cada ano, sen distinción de categorías nin actividades.

As ditas gratificacións extraordinaris poderán ser compensadas e absorbidas pola empresa en cómputo anual con aquelas outras gratificacións extraordinarias que voluntariamente viñesen percibindo os traballadoresdestas empresas.

As referidas gratificacións serán aboadas sobre unha mensualidade do salario real en cada unha, entendéndose por este, o salario base máis tódolos complementos retributivos que normalmente veñan percibindo os traballadores, ben entendido que no dito cómputo non entra o plus de transporte.

B) Antigüidade.

Os traballadores que, á data da entrada en vigor do presente convenio, viñan percibindo mensualmente algunha cantidade por antigüidade, seguirán a percibila incrementada nun 3,5% e figurará na súa nómina o mesmo concepto de complemento de antigüidade que figuraba antes.

O resto do texto do Art. 29º é integramente válido para os traballadores destas empresas.

C) Xubilación.

Todo traballador que cese na empresa tanto por xubilación como por pasar a situación de invalidez permanente, que teña máis de 5 anos de vinculación á empresa, esta aboaralle o equivalente a 2 meses de salarios, e se leva máis de 10 anos, aboaralle un total de 6 meses.

Esta cantidade percibiraa a viúva se o traballador falece antes de se xubilar e cumprise no momento do seu pasamento 55 anos e levase 10 anos ininterrompidos ó servicio da empresa no momento da súa morte e, no seu defecto, os orfos menores de 18 anos ou máis de 18 se están incapacitados para o traballo.

D) Establécense como específicas do sector as categorías laborais descritas nos establecementos da sección sexta, as cales terán o nivel salarial correspondente alí sinalado.

E) Recoñécese expresamente que no sector de salas de festas, discotecas e salas de espectáculos, a xornada laboral é parcialmente nocturna.

95-7192