Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.421

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A. (RECSA).

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A. (RECSA), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 12-9-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, o 17-7-1995.

De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro de depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios de Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta

nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 20 de setembro de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio Colectivo da empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A. (RECSA)

Artigo 1º.-Ámbito persoal.

Afectará a todo o persoal técnico, administrativo, subalterno e obreiro que preste servicios á empresa Rocas Europeas de Construcción, S.A., sita nas Gándaras de Budiño e dedicada á actividade de elaboración de granito, coa exclusión daqueles incluídos no apartado C, punto 3 do Art. 1 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 2º.-Vixencia.

O convenio entrará en vigor a partir do día do seu asinamento e con efectos económicos do 1 de xaneiro de 1995.

Artigo 3º.-Duración.

A duración será dun ano, finalizando o 31 de decembro de 1995.

Artigo 4º.-Comisión paritaria.

Establécese unha comisión paritaria con facultades para interpreta-lo contido do convenio, a cal estará composta por tres vocais titulares e un suplente, por cada unha das dúas representacións que tomaron parte na negociación do convenio. Unha e outra poderán dotarse de asesores.

Artigo 5º.-Axudas de custos.

As axudas de custos para o persoal obreiro quedan fixadas nas cantidades seguintes:

-Axuda de custos completa: 2.575 ptas.

-Media axuda de custos: 1.030 ptas.

Artigo 6º.-Retribucións salariais.

Establécese un incremento salarial do 3% sobre o total das retribucións salariais, incremento que se recolle na táboa salarial do anexo I, que servirá de base para a nogociación do convenio de 1996.

Artigo 7º.-Antigüidade.

A antigüidade farase efectiva baseándose en calcula-los bienios a razón do 5 por cento, ata o tope máximo do 50 por cento do salario de cada categoría.

Artigo 8º.-Gratificacións extraordinarias.

As gratificacións extraordinarias aboaranse sobre o salario pactado no convenio para cada categoría profesional, máis a antigüidade, se é o caso.

Estas serán as seguintes:

-Xullo, 30 días, que se pagarán o día 15 de xullo.

-Nadal, 30 días, que se pagarán o día 20 de decembro.

Artigo 9º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias adaptaranse á lexislación vixente e aboaranse de acordo coa táboa do anexo II desde a data do asinamento deste convenio.

Artigo 10º.-Plus de puntualidade e asistencia.

Establécese un plus de puntualidade e asistencia para todo o persoal afectado por este convenio.

O dito plus consistirá nunha cantidade mensual de 12.387 ptas., e a súa percepción estará suxeita ás seguintes regras:

1. Entenderase por falta de puntualidade cando o traballador no momento de comeza-la xornada laboral non estea no seu posto de traballo e ata un máximo de 15 minutos.

2. No suposto anterior, o traballador perderá o 5 por cento do plus de puntualidade e asistencia por cada un dos atrasos.

3. Se a incorporación do traballador se produce despois dos primeiros 15 minutos de comezada a xornada laboral, considerarase como falta de asistencia de media xornada laboral, e perderase o 10 por cento do plus cada vez que se produza a dita falta.

4. A falta de asistencia dunha xornada de traballo ocasionará a perda do 20 por cento do plus.

5. As licencias establecidas no presente convenio e no Estatuto dos traballadores non serán consideradas como faltas de puntualidade e asistencia.

Artigo 11º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte, sexa cal fose o medio empregado polo traballador para o seu desprazamento, en contía de 526 ptas. por día de traballo efectivo.

As sumas percibidas por este concepto non terán a consideración de salario para ningún efecto, polo cal non se computarán para o cálculo da antigüidade, gratificacións extraordinarias, etc.

Artigo 12º.-Xornada de traballo.

A xornada ordinaria de traballo será de 40 horas semanais de traballo efectivo, tanto a xornada partida como continuada e en cómputo anual realizarase 1.776 horas segundo o establecido no Art. 71 do convenio xeral da construcción.

No referente ós festivos non recuperables, haberá que aterse ó establecido no convenio provincial de mármores e pedras.

Todo o persoal afectado polo presente convenio estará suxeito a quenda de mañá, tarde ou noite, tanto a xornada partida como continuada e permitirase a mobilidade dos postos dentro do centro de traballo.

Para as máquinas que requiren traballo continuado estableceranse o número de quendas necesarias para cubri-los sete días da semana.

Desde o primeiro de xullo ó primeiro de setembro establecerase xornada continuada para o persoal técnico e administrativo garantíndose mediante quendas a xornada partida cada un dos servicios administrativos da empresa.

Artigo 13º.-Cambio de xornada e quenda.

A empresa poderá, cando así o xustifiquen as necesidades de producción, asignar temporalmente a calquera traballador a un posto de traballo distinto ó que vén desempeñando habitualmente, independentemente da xornada e quenda de traballo que o dito posto teña establecido, adaptándose ás xornadas e quendas que rixan na sección de destino. Estas asignacións serán rotativas tendo para cada traballador unha duración máxima de dous meses. Destas asignacións informarase ó comité de empresa.

Artigo 14º.-Vacacións.

O período de vacacións anuais retribuídas será de trinta días naturais, calculadas a salario base do convenio máis plus de asistencia e complemento de antigüidade, se é o caso.

Aboarase o importe das vacacións o día anterior laborable ó seu desfrute.

Artigo 15º.-Licencias.

O persoal afectado polo presente convenio terá dereito ás licencias establecidas no Estatuto dos traballadores, en canto sexan máis favorables para o traballador cás que aquí se establecen:

a) Matrimonio do traballador/a: 15 días naturais.

b) Matrimonio de fillos ou irmáns: 1 día.

Se se produce fóra da provincia: 2 días.

c) Enfermidade grave do cónxuxe (ou compañeira/o, se é o caso), pais ou fillos: 6 días.

Fóra da provincia: 7 días.

d) Enfermidade grave de irmáns: 2 días.

e) Parto de esposa (ou compañeira, se é o caso): 6 días.

f) Morte de cónxuxe (ou compañeira, se é o caso): 4 día naturais.

g) Morte de avós, netos, irmáns, pais políticos ou fillos políticos: 2 días.

h) Morte de irmáns políticos ou tíos: 1 día.

i) Traslado de domicilio habitual: 3 días.

Fóra da provincia: 5 días.

En tódolos casos será con notificación á empresa e xustificación fidedigna.

Artigo 16º.-Roupas de traballo.

A empresa facilitará roupas de traballo ó persoal segundo se especifica para cada caso:

Pezas de roupaCantidadeParque de

bloques

e teares

MantementoResto

personal

Fundas ou traxes14 meses4 meses6 meses
Camisa remeira112 meses12 meses12 meses
Botas16 meses6 meses6 meses

Artigo 17º.-Recoñecemento médico.

A empresa está obrigada a solicitar do Centro de Seguridade e Hixiene de Pontevedra (Rande), ou dunha mutua patronal, un recoñecemento anual para os traballadores que presten os seus servicios nela, que será complementado cun segundo recoñecemento anual restrinxido á prevención de silicose.

Artigo 18º.-Baixa hospitalaria.

No caso de baixa hospitalaria, a empresa complementará ós traballadores afectados a prestación económica por ILT que, por enfermidade común ou accidental non laboral, aboa a Seguridade Social, ata chegar ó 100 por 100 da base de cotización, segundo detalle:

a) Mentres dure a permanencia no centro hospitalario.

b) No caso de que, finalizada esta, se lle prescriba unha convalecencia domiciliaria, ampliarase a trinta (30) días máis.

c) Por ámbolos casos conxuntamente, a duración máxima deste dereito será de noventa (90) días.

d) As ditas circunstancias acreditaranse documentalmente.

Artigo 19º.-ILT por accidente de traballo ou enfermidade profesional.

No caso de ILT por accidente de traballo ou enfermidade profesional, a empresa complementará a prestación económica que aboará á Seguridade Social ou mutua patronal, ata chegar ó 100 por 100 da base de cotización, a partir dos 20 días e ata un máximo de 120 días.

Artigo 20º.-Seguro de accidentes.

A empresa contratará unha póliza colectiva de accidentes de traballo para o seu persoal. A dita póliza garantirá como mínimo unha indemnización de:

-No caso de morte: 4.000.000 de ptas.

-Invalidez total para traballo habitual: 4.000.000 de ptas.

-Invalidez absoluta: 4.000.000 de ptas.

Para os demais casos de invalidez, a indemnización será proporcional.

Artigo 21º.-Promoción e mellora de categoría.

A empresa comprométese a presentar un programa de categorías profesionais que se negociará co comité no cuarto trimestre de 1995.

Artigo 22º.-Mantemento de emprego.

A empresa comprométese a mante-lo volume de emprego sen acudir a ningún procedemento de reducción de persoal distinto da finalización de contrato que puidesen producirse.

Artigo 23º.-Lexislación aplicable.

En todo o non previsto neste convenio haberá que rexerse polo disposto no convenio colectivo xeral do sector da construcción e demais normas xerais de aplicación.

Artigo 24º.-Partes asinantes.

O presente convenio asínao Francisco Carballo Meira, en representación da empresa e en representación dos traballadores do comité de empresa, formado por:

Manuel Núñez Silva

Manuel Pérez Ferreira

Antonio Costas Iglesias

José A. Araújo Collazo

Cláusula adicional.

Os atrasos acumulados desde o 1-1-1995 ata o 30 de xuño de 1995 aboaranse na primeira quincena do mes de agosto.

O Porriño, 17 de xullo de 1995.

Táboa salarial ano 1995

Salario díaSalario mes

Técnicos medios

Arquitectos e inxeñeiros técnicos167.113
Profesores mercantís e graduados sociais167.113
Mestres industriais e ATS152.016

Administrativos

Xefe de 1ª167.113
Xefe de 2ª145.068
Oficial de 1ª123.418
Oficial de 2ª111.892
Auxiliar90.112
Aspirante56.944

Técnicos non titulados

A) Persoal técnico non titulado
Delineante superior145.068
Delineante de 1ª123.418
Delineante de 2ª111.892
Calcador90.112

B) Persoal técnico de organización
Téc. de organización de 1ª123.418
Téc. de organización de 2ª111.892
Auxiliar de organización90.112
Encargado xeral163.558
Encargado de sección145.068
Contramestre128.003
Inspector de control113.781

Subalternos
Ordenanza99.905
Porteiro99.905
Almaceneiro99.905
Garda xurado99.905
Muller limpeza2.436

Salario díaSalario mes

Xefe de equipo4.041
Oficial de 1ª3.900
Oficial de 2º3.751
Oficial de 3ª3.605
Especialista3.423
Peón2.436
Aprendiz ou pinche 161.705
Aprendiz ou pinche 171.705

Horas extras ano 1995

NormalFestivo

Técnicos medios
Mestres industriales e ATS1.3741.450

Administrativos

Xefe de 1ª1.4371.515
Xefe de 2ª1.2971.347
Oficial de 1ª1.2001.278
Oficial de 2ª1.1241.200
Auxiliar1.0601.137
Aspirante614670

Técnicos non titulados

A) Persoal técnico non titulado
Delineante superior1.2971.374
Delineante de 1ª1.2001.278
Delineante de 2ª1.1241.200
Calcador1.0601.137

B) Persoal técnico de organización
Téc. de organización de 1ª1.2001.278
Téc. de organización de 2ª1.1241.200
Auxiliar de organización1.0601.137

C) Persoal técnico de fabricación
Encargado de sección1.2971.375
Contramestre1.1751.252
Inspector de control1.1121.189

Subalternos

Ordenanza1.0801.157
Porteiro1.0801.157
Almaceneiro1.0801.157
Garda xurado1.0801.157
Muller limpeza766894

Operarios

Xefe de equipo1.1451.220
Oficial de 1ª1.1321.210
Oficial de 2ª1.1121.190
Oficial de 3ª1.0921.169
Especialista1.0861.163
Peón1.0801.156
Aprendiz ou pinche 16576633
Aprendiz ou pinche 17601658

9506868