Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.414

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do sector do comercio de alimentación.

Visto o expediente do convenio colectivo para o sector de comercio de alimentación, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 18-8-1995, subscrito en representación da parte económica polas Asociaciones de la Alimentación, e da parte social, polas centrais sindicais CC.OO, UGT e CIG, en data 28-6-1995. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 20 de setembro de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Vigo

Artigo 1º.-Ámbito persoal, funcional e territorial.

O presente convenio afecta en contido normativo a toda a provincia de Pontevedra, e comprende tódalas actividades do sector de comercio de alimentación, nas que se inclúen os maioristas e distribuidores, retallistas, supermercados e autoservicios e similares, e, en xeral, tódalas empresas dos sectores de comercio de alimentación e comercio de gandería rexidas pola ordenanza laboral de comercio, a cal é aplicable subsidiariamente en todo o establecido no presente convenio e todo o persoal destas.

Artigo 2º.-Vixencia.

A duración do presente convenio será desde o 1 de maio ó 31 de decembro de 1995.

A denuncia do convenio entenderase validamente efectuada por calquera das partes sempre que medie comunicación por escrito á outra parte antes do último mes de vixencia ordinaria do convenio.

Artigo 3º.-Condicións máis beneficiosas, compensación e absorción.

As melloras económicas obtidas no presente convenio non poderán ser absorbidas nin compensadas por melloras voluntarias anteriores e futuras.

Artigo 4º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo para tódolos traballadores do sector será de corenta horas semanais, de luns a venres, agás retallistas de alimentación, establecementos de cash-almacén, para os que a xornada finalizará o sábado.

Nos almacéns maioristas poderase ter un retén os sábados ata un máximo de catro persoas, rotativo e de acordo a empresa co comité, sendo a terminación da dita xornada ás doce horas.

Artigo 5º.-Vacacións.

Tódolos traballadores desfrutarán anualmente dunhas vacacións retribuídas de acordo coas seguintes condicións:

1. Terán unha duración de 31 días naturais, independentes da categoría profesional de cada traballador.

2. As vacacións poderanse desfrutar no transcurso do ano, sendo obrigatorio para a empresa conceder estas, polo menos nun 40% do cadro de persoal, durante o período comprendido entre o 15 de maio e o 30 de setembro, de forma rotativa.

O calendario de vacacións fixarase en cada empresa. O traballador coñecerá as datas que lle correspondan dous meses antes, polo menos, do comezo do desfrute e anunciaranse no taboleiro de anuncios do centro de traballo.

3. Cando un traballador cese no transcurso do ano, terá dereito á parte proporcional das vacacións.

Artigo 6º.-Horas extraordinarias.

De conformidade co disposto na Lei de xornada máxima, pode ser autorizada polo delegado de Traballo a realización de horas extraordinarias, que se retribuirán para o persoal indistintamente cun aumento do 75%, retribuíndose co 150% as realizacións en domingo e festivos.

Enténdese que tales recargos son establecidos con carácter xeral e mínimo, podendo ser substituídos por outros superiores.

Os límites máximos de horas extras serán os seguintes:

-Día: 2 horas.

-Mes: 15 horas.

-Ano: 70 horas.

Artigo 7º.-Licencias e permisos.

O persoal da empresa terá dereito a licencia con soldo en calquera dos casos seguintes:

a) Matrimonio do traballador: 15 días.

b) Necesidade de atender persoalmente asuntos propios que non admiten demora: 2 días.

c) Morte ou enterro do cónxuxe, pais, avós, fillos, netos ou irmáns, enfermidade do cónxuxe, pais e fillos e parto da muller: 3 días. En caso de desprazamento por estes motivos a licencia será de 4 días, ampliables a 5 días se o desprazamento é fóra da provincia.

Os traballadores afectados polo presente convenio terán dereito a unha licencia retribuída de 2 días. A dita licencia non poderá ser acumulada en vacacións, pontes ou calquera outra licencia. Tampouco se poderá desfrutar durante o mes de decembro, e esta deberá ser solicitada cunha antelación de cinco días. A súa concesión estará suxeita á orde de prioridade da solicitude en caso de coincidencia de datas.

Artigo 8º.-Excedencias.

Poderán solicita-la excedencia voluntaria tódolos traballadores da empresa sempre que leven, polo menos, un ano de servicio.

A excedencia voluntaria concederase por prazo non inferior a dous anos nin superior a cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia. Non se contará para ningún efecto o tempo que os traballadores permanecesen nesta situación.

Ó remata-la situación de excedencia, o persoal terá dereito a ocupa-la primeira vacante que se produza na súa categoría se non houbese funcionarios en situación de excedencia forzosa.

A empresa concederá preceptivamente a excedencia voluntaria por un tempo non superior a un ano, cando medien fundamentos serios, debidamente xustificados, de orde familiar, terminación de estudios, etc.

Perderase o dereito ó reingreso na empresa se non fose solicitado polo interesado antes de expira-lo prazo que lle foi concedido.

Darán lugar a situación de excedencia forzosa calquera das causas seguintes:

a) Nomeamento para cargo que se teña que facer por decreto, por designación ou para cargo electivo.

b) Enfermidade.

c) Maternidade, por un prazo non superior a tres anos.

A esta excedencia poderán opta-la nai ou o pai ós que lles afecte a dita situación.

Artigo 9º.-(Sen contido).

Artigo 10º.-Pagas extraordinarias.

Todo o persoal afectado percibirá tres pagas extraordinarias consistentes nunha mensualidade dos salarios base vixentes en cada momento, máis a antigüidade e melloras voluntarias que conceden as empresas. Estas serán aboadas:

a) Paga de verán: o día 18 de xullo.

b) Paga de Nadal: o día 22 de decembro.

c) Paga de beneficios: esta aboarase o día 1 de xaneiro, e poderá prorrogarse ata o 31 de marzo.

Artigo 11º.-Condicións económicas.

Os conceptos económicos deste convenio terán un incremento do 2,1%. Os salarios base quedan establecidos segundo a táboa salarial anexa.

Se durante a vixencia das táboas salariais deste convenio, o índice de prezos do consumo (do 1-5-1995 ó 31-12-1995) excedese a porcentaxe do 2,10%, aplicaríase unha revisión salarial desde o citado importe ata o 3,5%.

Artigo 12º.-Antigüidade.

Complemento de antigüidade: a contía de complemento de antigüidade será o que ó 31 de decembro de 1994 figure en nómina como plus de antigüidade e aboarase nas 15 mensualidades.

Ós traballadores que o 31 de decembro de 1994 cumpran algún trienio aboaráselle-lo mesmo, cuantificándose a partir da dita data a antigüidade por cuadrienios, que empezarán a percibi-los traballadores que a partir da dita data empecen a xerar cuadrienios; o dito concepto, denominado complemento de antigüidade, introducirase en nómina e será cotizable pero non será absorbible por ningún concepto salarial.

Será aplicado a este concepto o incremento pactado en cada negociación colectiva.

Antigüidade: en concepto de antigüidade establecénse cuadrienios na contía dun 6% sobre o salario do convenio vixente en cada momento e por cada categoría.

Artigo 13º.-Axudas de custo.

Terán dereito a elas tódolos traballadores que mediante orde expresa do empresario ou persoa que o represente se vexan obrigados a realizar asuntos ou traballos de carácter profesional por conta e baixo a dependencia da empresa, con desprazamentos a lugares distantes do centro de traballo que lles imposibiliten o seu regreso e sexa preciso efectuar comidas fóra do seu propio domicilio ou teñan necesidade de se desprazaren a localidades en que tamén lles esixa a misión encomendada unha permanencia que obrigue a tomar aloxamento.

A contía delas será a seguinte:

-Axuda completa: 4.548 ptas.

-Xantar: 1.475 ptas.

-Cama: 1.291 ptas.

-Almorzo: 430.

-Cea: 1.352 ptas.

Artigo 14º.-Complemento asistencial en caso de enfermidade ou accidente.

Durante as situacións de incapacidade laboral transitoria as empresas aboarán desde o primeiro día o 100% do salario, podendo resarcirse as empresas, coas

cantidades que a Seguridade Social aboa como prestación pola dita continxencia.

Artigo 15º.-Axuda escolar.

Todo traballador que teña fillos comprendidos en toda a etapa de EXB (Educación Xeral Básica) percibirá como concepto de axuda escolar a contía de 7.989 ptas. anuais por cada fillo; a dita cantidade aboarase ó comeza-lo curso. Será requisito indispensable que os fillos figuren como beneficiarios na cartilla da Seguridade Social do traballador.

Artigo 16º.-Plus de incapacidade.

Tódolos traballadores que teñan algún fillo subnormal, diminuído físico ou minusválido percibirán a contía de 7.989 ptas. mensuais por cada fillo que se encontre nas ditas circunstancias.

Artigo 17º.-Servicio militar.

O persoal comprendido no presente convenio ten dereito a que se lle respecte o posto de traballo durante o tempo que dure o servicio militar e dous meses máis.

Así mesmo, o persoal que leve dous anos prestando servicio, ó tempo de ser incorporado ó servicio militar, ten dereito a percibir, como se estivese presente no traballo, o importe das dúas gratificacións extraordinarias fixas, verán e Nadal.

Se levan máis de tres anos na empresa tamén percibirán a gratificación de beneficios.

Artigo 18º.-Roupa de traballo.

As empresas veranse obrigadas a lles facilitar ós seus productores un mínimo de dúas pezas de roupa de traballo por ano. Ós choferes e repartidores facilitaráselles uniforme de traballo acondicionados ás temperaturas de verán e inverno así como roupa de augas. O seu uso será obrigatorio.

Así mesmo, o persoal terá obriga de conservalas en bo estado; o traballador estará obrigado a mercala pola súa conta cando por abandono ou neglixencia imputables a el as estrague de forma clara.

Artigo 19º.-Ingresos.

Terá dereito preferentemente para o ingreso, en igualdade de condicións, quen despeñase ou desempeñe funcións na empresa con carácter eventual interino ou contratado por tempo determinado. E tamén os fillos de traballadores da empresa, xa se econtren en activo, xubilados ou falecesen.

Artigo 20º.-Período de proba.

O ingreso entenderase provisional ata que non se cumpra o período de proba que, para cada grupo profesional dos enumerados na clasificación profesional, se detalla a seguir:

-Grupo I: 6 meses.

-Grupo II: 3 meses.

-Grupo III: 1 mes.

Artigo 21º.-Medidas disciplinarias.

Nos supostos de medidas disciplinarias por parte da empresa, tales como propostas de despedimento, sancións ou amoestacións formais, estas deberanlles ser comunicadas por escrito ó traballador e ó comité de empresa ou delegados correspondentes. Nestes casos, o traballador, se for chamado pola empresa, poderá ser acompañado polos seus lexítimos representantes legais.

Artigo 22º.-Reparto.

As empresas maioristas recomendaranlles ós seus clientes a necesidade de que os locais onde teña lugar a recepción das mercadorías solicitadas reúnan as debidas condicións para tratar de evitar, no posible, tarefas que supoñan excesivo esforzo físico para os traballadores.

Artigo 23º.-Traballadores en cámaras de conxelación.

O traballador que traballa en cámaras frigoríficas, con permanencia nelas por un tempo como mínimo do 25% da súa xornada laboral, con independencia de que sexa dotado de roupa adecuada seu cometido, percibirá un plus do 25% do seu salario regulamentario.

Artigo 24º.-Retirada do carné de conducir e multas.

En caso de retirada de carné de conducir por causa non imputable ó traballador, a empresa comprometarase a lle facilitar ó traballador afectado un posto de traballo idóneo, de acordo coa súa categoría profesional sen que con iso vexa minguado o seu salario.

As multas imputables á culpa do traballador serán aboadas por este, en caso contrario pagaraas a empresa; esta tamén se fará responsable das multas orixinadas por exceso de carga, mal aparcamento en caso de carga ou descarga e número de viaxeiros excesivo que teñan condición de ser persoal de servicio da empresa.

Artigo 25º.-Seguridade no posto de traballo.

A todo o traballador que por calquera causa xustificada non puidese seguir desempeñando o posto de traballo para o que foi contratado, a empresa estará obrigada a lle outorgar un dereito preferente de ocupación das vacantes que existan, sempre e cando as características do posto habilitado sexan aptas ás condicións físicas ou intelectuais do traballador.

Artigo 26º.-Afiliación sindical.

A empresa ten o deber de respecta-lo dereito do traballador á afiliación sindical libre.

As empresas deducirán das nóminas as cotas correspondentes ós afiliados e centrais sindicais. O traballador interesado na realización de tal operación remitiralle á empresa un escrito no que se expresará con claridade a orde de desconto, o sindicato ó que pertence e a contía da cota correspondente.

Artigo 27º.-Garantía ad personam.

As condicións laborais pactadas neste convenio aténdense co carácter de mínimas, debendo ser respectadas as condicións de todo tipo que veñan des

frutando os traballadores en canto sexan máis beneficiosas que as aquí establecidas.

Artigo 28º.-Visitas médicas.

En caso de saídas ó médico, a empresa aboará o tempo empregado cando a visita coincida co horario de traballo. Para o seu aboamento será preceptivo que o volante estea asinado polo médico, ó mesmo tempo que asinado.

Artigo 29º.-Gastos de locomoción.

Tódolos traballadores percibirán en concepto de plus de locomoción a cantidade de 6.556 ptas. mensuais. Esta cantidade aboarase nos doce meses do ano.

Artigo 30º.-Comité de empresa.

A empresa facilitará local adecuado, en caso de que dispoña del para as reunións e consultas do delegado ou comité de delegados cos traballadores, así como un mural para poñer comunicacións, avisos, carteis, etc.

Artigo 31º.-Comisión paritaria.

Para a interpretación, vixilancia e cumprimento do pactado por ámbalas partes no presente convenio, créase unha comisión paritaria que estará composta da seguinte forma:

Presidente secretario: o que o foi do convenio, Juan José Piñerio Gómez-Durán.

Tres vocais: representando a parte social.

Tres vocais: representando a parte económica.

A dita comisión actuará no ámbito da súa competencia, sen invadi-las esferas daqueles organismos e xurisdiccións que teñan unha competencia determinada concreta recoñecida na normativa de convenios colectivos.

Artigo 32º.-Xubilación.

A idade de xubilación obrigatoria será ós 65 anos, sempre e cando se reúnan os requisitos legais para accecer á correspondente prestación. A xubilación voluntaria será ós 64 anos, segundo a normativa legal vixente en cada momento. E de mutuo acordo, empresa e traballador, ós 60 anos, compensando a empresa as diferencias salariais e de cotización á Seguridade Social ata os 65 anos.

Artigo 33º.-Declaración de principios.

Os representantes sociais asinan o presente convenio e comprométense formalmente a realizar unha maior productividade que axude á supervivencia de tódalas empresas do sector. Por outra parte, a representación económica observará o estricto cumprimento do convenio, mellorando as condicións laborais de todo tipo e en xeral dos productores ó seu servicio. Ámbalas partes recoñecen e son conscientes de que forman un todo para que a empresa poida proporciona-los elementos que lle corresponden a cada unha delas.

Artigo 34º.-Partes que o concertan.

Este convenio foi concertado polas asociacións empresariais da alimentación e polas centrais sindicais CC.OO. e UGT.

Artigo 35º.-Recoñecementos médicos.

As empresas estarán obrigadas a facilitar un recoñecemento médico obrigatorio, con periodicidade mínima dun ano. Os traballadores someteranse voluntariamente ó dito recoñecemento.

Artigo 36º.-Prestación de quilometraxe.

Todos aqueles traballadores que teñan que realizar desprazamentos en vehículo propio en tarefas ou traballos encomendados directamente pola empresa percibirán 27 ptas. por km, respectándose as condicións máis beneficiosas que viñesen desfrutando anteriormente á sinatura do presente convenio.

O anterior enténdese que non afecta a un traslado voluntario a outro centro de traballo.

Artigo 37º.-Traballadores eventuais.

Todos aqueles traballadores temporais ou eventuais que a partir do 17 de xuño de 1988 superen tres anos de contratación, nunha ou en varias das modalidades temporais de contratación actualmente en vigor, pasarán á situación de fixos.

Para efectos do cómputo da dita duración contaranse os períodos de traballo efectivo, ILT, nas súas distintas clases e duración, e calquera circunstancia que leve consigo unha suspensión temporal do contrato de traballo (coa excepción de calquera tipo de excedencia).

Para estes efectos computarase como tempo traballado a permanencia en empresas filiais da principal.

O presente artigo non lles será de aplicación a aqueles traballadores que cesen voluntariamente e retornen á empresa.

Artigo 38º.-Premios de xubilación.

Se ó se produci-la xubilación, o traballador acreditase unha antigüidade na empresa de máis de trinta anos, percibirá por parte desta, nun único pagamento, un premio consistente nunha cantidade igual a unha mensualidade do salario real que viñese percibindo.

Artigo 39º.-Descanso semanal.

Cando, por non coincidi-lo día de descanso semanal noutro festivo o traballador afectado se vexa privado do seu desfrute, as empresas veranse na obriga de compensar a este con outro día de descanso, en día laborable, nun prazo non superior a quince días, a partir da data do día que lle correspondese desfrutar.

Artigo 40º.-Dereito de información en materia de contratación.

Recóllese no presente artigo a Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, sobre dereitos de información dos representantes dos traballadores en materia de contratación. Para a súa aplicación observaranse as seguintes condicións:

1. O presente texto manterá a súa vixencia no convenio ata o momento da derrogación da Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, en que quedará sen efecto.

2. O presente texto recollerá no seu contido calquera modificación que se produza no articulado da lei.

Texto da Lei 2/1991, do 7 de xaneiro.

«Artigo 1º

1. O empresario entregará á representación legal dos traballadores unha copia básica de tódolos contratos que deben celebrarse por escrito, a excepción dos contratos de relación laboral especial de alta dirección sobre os que se establece o deber de notificación á representación legal dos traballadores.

Co fin de comproba-la adecuación do contido do contrato á legalidade vixente, esta copia básica conterá tódolos datos do contrato, agás o número do documento nacional de identidade, o domicilio, o estado civil e calquera outro que, de acordo coa Lei orgánica 1/1982, do 5 de maio, puidese afecta-la intimidade persoal.

A copia básica seralles entregada polo empresario, nun prazo non superior a dez días desde a formalización do contrato, ós traballadores, que a asinarán para efectos de acreditar que se produciu a entrega. Posteriormente, a dita copia básica enviaráselle á oficina de emprego.

Nos contratos suxeitos á obriga de rexistro no INEM a copia básica remitiráselle, xunto co contrato, á oficina de emprego. Nos demais supostos remitarase exclusivamente a copia básica.

2. O empresario notificaralles ós representantes legais dos traballadores as prórrogas dos contratos de traballo ós que se refire o número 1, así como as denuncias correspondentes a eles, no prazo dos dez días seguintes a aquel en que tivese lugar.

3. Os representantes legais dos traballadores deberán recibir, polo menos trimestralmente, información acerca das previsións do empresario sobre celebración de novos contratos, con indicación do número destes e das modalidades e tipos de contratos que serán utilizados, así como os supostos de subcontratación.

Artigo 2º

Os representantes da Administración así como os organizadores sindicais e das asociacións empresariais que teñan acceso á copia básica dos contratos, en virtude da súa pertenza ós órganos de participación institucional que regulamentariamente teñan tales facultades, observarán sixilo profesional, non podendo utiliza-la devandita documentación para fins distintos dos que motivaron o seu coñecemento.

Artigo 3º

1. O empresario, con ocasión da extinción do contrato, ó lles comunicar ós traballadores a denuncia ou, se é o caso, o preaviso da súa extinción, deberá acompañar unha proposta do documento de liquidación das cantidades debidas.

O traballador poderá solicita-la presencia dun representante legal dos traballadores no momento de proceder á sinatura do recibo de finiquito, facéndose constar nel o feito da súa sinatura en presencia dun representante legal dos traballadores, ou ben que o traballador non fixo uso desta posibilidade. Se o empresario impedise a presencia do representante no

momento da sinatura, o traballador poderá facelo constar no propio recibo, para os efectos oportunos.

2. A liquidación dos salarios que lles correspondan ós traballadores fixos descontinuos, nos supostos de conclusión de cada período de actividade, levarase a cabo con suxeición ós trámites e garantías establecidos no número anterior».

Artigo 41º.-Clasificación do persoal.

O persoal ó servicio das empresas afectadas por este convenio colectivo queda encadrado nalgúns dos seguintes grupos profesionais, en función das súas titulacións académicas, aptitudes profesionais e contido xeral da prestación laboral requirida.

As definicións contidas para cada grupo profesional non son exhaustivas senón meramente enunciativas.

Grupo I. Están comprendidos neste grupo aqueles traballadores que coordinan, dirixen, establecen e crean políticas xerais, prácticas normativas e procedementos amplos, con alto grao de autonomía a partir das directrices xerais. Exercen a supervisión a través de mandos intermedios, co fin de consegui-los obxectivos operacionais marcados.

Grupo II. Están comprendidos neste grupo aqueles traballadores cunha actividade que se desenvolve baixo especificacións precisas e con certo grao de autonomía, podendo coordina-lo traballo dun equipo, e para o desenvolvemento do cal se require unha pericia ou habelencia sistemática en actividades e/ou procesos técnicos, comerciais, informáticos ou administrativos, estando ou non estandarizados.

Grupo III. Están comprendidos neste grupo aqueles traballadores en postos que se executan baixo instruccións concretas con dependencia xerárquica e funcional total. Esíxese o coñecemento total do oficio e as funcións poden implicar incomodidade temporal ou esforzo físico.

A precedente definición de grupos profesionais non implica a derrogación das categorías profesionais e a súa definición funcional contidas na vixente ordenanza laboral de comercio.

Artigo 42º.-Modalidades de contratación.

A) Contrato de aprendizaxe.

Poderanse celebrar contratos de aprendizaxe con traballadores maiores de dezaseis e menores de vintetrés anos.

O salario de contración destes traballadores será igual ó 85%, 90% e 100% do salario base da súa categoría durante, respectivamente, o primeiro, o segundo ou o terceiro ano de vixencia de contrato.

B) Contratos de prácticas.

A retribución dos traballadores cun contrato en prácticas serán do 85% ou do 90% do salario base da súa categoría profesional durante o primeiro e segundo ano de vixencia do contrato.

C) Contratos de duración determinada.

(Regulados no artigo 15 b) do Estatuto dos traballadores).

Estes contratos poderán ter unha duración máxima de doce meses, dentro dun período de quince meses.

Artigo 43º.-Mobilidade xeográfica.

A) Desprazamento: as empresas poderán despraza-lo seu persoal a outros centros de traballo distintos a aquel en que presten os seus servicios, fundamentando o dito desprazamento en razóns técnicas, organizativas, de producción ou de contratación.

B) Traslado: enténdese por traslado o desprazamento a outro centro de traballo que implique un cambio de domicilio. Enténdese que un desprazamento implica cambio de domicilio cando o centro de traballo de novo destino diste a máis de 40 quilómetros do seu centro actual ou do seu domicilio actual.

Para os supostos de traslados de persoal polos motivos previstos na lei, establécense os seguintes mecanismos:

-Negociación preceptiva coa representación legal dos traballadores.

-Intervención dos mecanismos do AGA e en caso de desacordo da comisión paritaria.

-Recuperación do posto de traballo anterior en caso de laudo ou sentencia favorable.

-Preaviso de 45 días.

-Prazo de incorporación ó novo centro de traballo de 30 días.

-Os traslados non terán duración inferior a 12 meses nun período de tres anos.

-Se por traslado un dos cónxuxes cambia de residencia, o outro, se fose traballador da mesma empresa, terá dereito ó traslado á mesma localidade.

Os casos de traslados darán lugar ó devengo polo traballador traslado dos segundos conceptos compensatorios:

-Billete para o traballador e os familiares que vivan á súa conta.

-Transporte de mobiliario, roupa e enxoval de fogar.

-Indemnización consistente en dúas veces o salario base mensual de categoría profesional, nun único pagamento.

-Compensación durante doce meses da diferencia de custo de vivenda de alugueiro (vivenda das mesmas características).

-Notificada a decisión de traslado, o traballador poderá optar pola extinción do seu contrato, percibindo unha indemnización de 25 días de salario por ano de servicio, rateándose por meses os períodos inferiores a un ano e cun máximo de doce mensualidades.

Disposición transitoria

Primeira.-En relación á duración máxima da contratación temporal establecida no artigo 37, e despois da aprobación do R.D.L. 18/1993, que establece medidas urxentes de fomento da ocupación, esta duración máxima pasará a ser de catro anos e seis meses durante a vixencia do citado R.D.L.

Disposición adicional

Ámbalas partes comprométense a inicia-la negociación do convenio colectivo a partir da 2ª quincena do mes de xaneiro de cada ano.

Lido por min, presidente do convenio, o texto del, os asistentes asínano en proba de conformidade, todo o cal, como presidente da comisión negociadora, certifico en Vigo o 30 de xuño de 1995.

Táboa salariais co 2,1% de incremento salarial

1 de maio ó 31 de decembro 1995

Grupo profesionalNivel salarialCategorías incluídasSalario base

Xefe de división107.377
Xefe de sección administrativo107.377
Xefe de persoal107.377
A)Xefe de compras107.377
Xefe de división107.377
Xefe de vendas107.377
IEncargado xeral107.377

Xefe administrativo103.611
Xefe de almacén103.611
B)Contable caixeiro103.611
Oficial administrativo103.611
Operador máquinas contables103.611

Prof. de oficio de 1ª chofer de 1ª88.844
A)Xefe de grupo99.844
Viaxante99.844
Xefe de supermercado99.844

Corredor de praza96.071

Grupo profesionalNivel salarialCategorías incluídasSalario base

IIVendedor, poxador, comprador96.071
Dependente maior96.071
Xefe de sección mercantil96.071
B)Encargado de establecemento96.071
Secretaria96.071
Debuxante96.071
Xefe de sección de servicios96.071
Visitador96.071
Xefe de taller96.071

Aux. caixa maior 25 anos (***)96.071
Prof. oficio 2ª chofer 2ª94.188
Capataz92.307
Aux. caixa 22-25 anos (***)92.307
A)Dependente92.307
Aux. administrativo ou perforista92.307
Mozo especializado92.307
Escaparista92.307
Mozo92.307

Aux. caixa 20-22 anos (***)89.163
B)Auxiliar de caixa89.163
Axudante89.163

IIIAxudante86.657
Telefonista86.657
Vix. sereno ordenanza e porteiro86.657
C)Cobrador86.657
Cosedora de sacos86.657
Conserxe86.657
Empaquetadora86.657
Persoal de limpeza86.657

AprendicesAux. caixa 18-10 anos (***)84.772
salario segundoAux. Advo. ou perforista 18 anos84.772
texto convenioAux. caixa 16-17 anos (***)60.283
Aspirante 16-17 anos (***)58.396
Aprendiz 16-18 anos (***)58.396

*** Contratados antes do 13-9-1994.

Táboas convenio co 1,7% IPC

Grupo profesionalNivel salarialCategorías incluídasSalario base

AntigoDiferenciaIPC 1,7%

Xefe de división103.4101.758105.168
Xefe de sección administrativo103.4101.758105.168
Xefe de persoal103.5101.758105.168
A)Xefe de compras103.4101.758105.168
Xefe de división103.4101.758105.168
Xefe de vendas103.4101.758105.168
IEncargado xeral103.4101.758105.168

Xefe administrativo99.7841.696101.480
Xefe de almacén99.7841.696101.480
B)Contable-caixeiro99.7841.696101.480
Oficial administrativo99.7841.696101.480
Operador máquinas contables99.7841.696101.480

Grupo profesionalNivel salarialCategorías incluídasSalario base

AntigoDiferenciaIPC 1,7%

Prof. de oficio de 1ª chofer 1ª96.1551.63597.790
A)Xefe de grupo96.1551.63597.790
Viaxante96.1551.63597.790
Xefe de supermercado96.1551.63597.790

Corredor de praza92.5221.57394.095
IIVendedor, poxador, comprador92.5221.57394.095
Dependente maior92.5221.57394.095
Xefe de sección mercantil92.5221.57394.095
B)Encargado de establecemento92.5221.57394.095
Secretaría92.5221.57394.095
Debuxante92.5221.57394.095
Xefe de sección de servicios92.5221.57394.095
Visitador92.5221.57394.095
Xefe de taller92.5221.57394.095

Aux. caixa maior 25 anos (***)92.5221.57394.095
Profesional oficio 2ª chofer 2ª90.7091.54292.251
Capataz88.8971.51190.408
Aux. caixa 22-25 anos (***)88.8971.51190.408
A)Dependente88.8971.51190.408
Aux. administrativo ou perforista88.8971.51190.408
Mozo especializado88.8971.51190.408
Escaparista88.8971.51190.408
Mozo88.8971.51190.408

Aux. caixa 20-22 anos (***)85.8691.46087.329
B)Aux. de caixa85.8691.46087.329
Axudante85.8691.46087.329

IIIAxudante83.4561.41984.875
Telefonista83.4561.41984.875
Vix. sereno, ordenanza e porteiro83.4561.41984.875
C)Cobrador83.4561.41984.875
Cosedora de sacos83.4561.41984.875
Conserxe83.4561.41984.875
Empaquetadora83.4561.41984.875
Persoal de limpeza83.4561.41984.875

AprendicesAux. caixa 18-20 anos (***)81.6401.38883.028
salario segundoAux. Advo. ou perforista 18 anos (***)81.6401.38883.028
texto convenioAux. caixa 16-17 anos (***)58.05898759.043
Aspirante 16-17 anos (***)56.23995657.195
Aprendiz 16-18 anos (***)56.23995657.195

*** Contratados antes da publicación de este convenio.

Transporte6.3141076.421

95-06334