Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 220 Xoves, 16 de novembro de 1995 Páx. 8.413

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 9 de novembro de 1995 pola que se fixa a data na que se celebrará o acto de apertura dos sobres que conteñen os votos para a elección dos vocais do Consello Galego de Servicios Sociais e dos consellos provinciais de Servicios Sociais.

Proclamados os candidatos a vocais do Consello Galego de Servicios Sociais e dos consellos provinciais de Servicios Sociais por Resolución do 25 de abril de 1995 (DOG nº 193, do 6 de outubro), e dando cumprimento ó disposto no artigo 4.2º da Orde do 10 de maio de 1995 (DOG do 2 de xuño), esta consellería,

RESOLVE:

Sinala-la celebración do acto de apertura dos sobres que conteñen os votos, co fin de elixi-los vocais do Consello Galego de Servicios Sociais e dos consellos provinciais, que se efectuará o día 20 de novembro de 1995 ás 11 horas, no salón de actos pequeno da Consellería da Presidencia e Administración Pública (Edfo. Admtvo. San Caetano, s/n, Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidad y Servicios Sociales

95-6319