Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 15 de novembro de 1995 Páx. 8.396

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 9 de novembro de 1995 do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de pinche de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 18 de maio de 1995.

O apartado 6 da base sexta A) da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 18 de maio de 1995 pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que o primeiro exercicio da fase de oposición realizarase no lugar ou, se é o caso, nos lugares e á hora que se fixe nun acordo que o respectivo tribunal haberá de publicar no Diario Oficial de Galicia.

Adoptado isto polo tribunal encargado de cualifica-lo dito concurso-oposición para o acceso á categoría de pinche, procede agora publica-lo dito acordo no Diario Oficial de Galicia,

ACORDO:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes admitidos con carácter definitivo para o ingreso na categoría de pinche de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición que se celebrará o próximo día 30 de novembro de 1995 comezando o chamamento único dos opositores por orde alfabética en cada mesa de entrada ás 18 horas. Excluirase do concurso-oposición quen non compareza, de conformidade co previsto no apartado 10 da mesma base da convocatoria.

Segundo.-De conformidade co previsto nas bases da convocatoria, dito exercicio realizaráse na seguinte sede:

-Vigo: recinto feiral Cotogrande (ó lado do aeroporto Peinador).

Terceiro.-Os aspirantes haberán de ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro.

Cuarto.-En uso da facultade outorgada ó tribunal polo apartado 5 da base sexta. A) da convocatoria, acórdase puntuar negativamente as respostas erróneas a razón de 0,15 puntos por cada unha.

Quinto.-O presente acordo pode ser impugnado polos interesados nos términos previstos na base décima da convocatoria.

Santiago de Compostela, 9 de novembro de 1995.

Valeriano Martínez García

Presidente do tribunal

95-07413