Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 15 de novembro de 1995 Páx. 8.396

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 2 de novembro de 1995 pola que se adscribe indefinidamente á función inspectora a funcionarios docentes.

Por Orde do 28 de febreiro de 1995 (DOG do 5 de abril) estableceuse o procedemento de adscrición indefinida á función inspectora dos funcionarios docentes adscritos inicialmente á dita función por Orde do 31 de outubro de 1989 e que obtiveron prórroga desta por Orde do 2 de novembro de 1992 (DOG do 16).

Na disposición transitoria da Orde do 11 de maio de 1995 ( DOG do 29 de xuño), pola que se adscriben á función inspectora funcionarios docentes, establécese, de conformidade co disposto no artigo 32 do Decreto 135/1993 do 24 de xuño (DOG do 29), o procedemento para adscribir por tempo indefinido á función inspectora ós funcionarios adscritos a ela pola citada orde que cumpran no presente ano seis anos de exercicio continuado na antedita función.

Vista a proposta de adscrición por tempo indefinido na función inspectora realizada pola comisión avaliadora prevista no apartado segundo da Orde do 28 de febreiro de 1995, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Adscribir indefinidamente ó exercicio da función inspectora ós funcionarios docentes que se relacionan no anexo.

Segundo.-Os funcionarios adscritos indefinidamente á función inspectora poderán reincorporarse voluntariamente ós postos correspondentes ós seus corpos ou escalas a través da participación nos correspondentes concursos ordinarios de provisión, recoñecéndoselles dereito preferente á localidade do seu último destino como docente.

Terceiro.-As delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria enviarán copia á Dirección Xeral de Persoal das dilixencias de adscrición indefinida á función inspectora dos funcionarios afectados.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Funcionarios nomeados pola Orde do 31 de outubre de 1989.

Apelidos e nome.

Fernández Núñez, Elisa

Gay García, José Antonio

Gómez González, Olga

López Freire, Francisco A.

Núñez Segade, José Daniel

Pardos Simón, Joaquín

Funcionarios nomeados pola Orde do 11 de maio de 1995 (DOG do 29 de xuño).

Apelidos e nome.

Cubera Pereira, Emilio

Fernández Fernández, Gonzalo

Iglesias Varela, Gonzalo

Martínez Quintás, María Esther

Mira Lema, José Luis

Prol Cid, Constantino

Rivero Bandera, Emiliano

95-07412