Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 219 Mércores, 15 de novembro de 1995 Páx. 8.397

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

ACORDO do 9 de novembro de 1995 do tribunal cualificador do concurso-oposición para o ingreso na categoría de celador de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde convocado por Resolución do 18 de maio de 1995.

O apartado 6 da base sexta A) da resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde do 18 de maio de 1995 pola que se convoca concurso-oposición para o ingreso en determinadas categorías de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde, dispón que o primeiro exercicio da fase de oposición realizarase no lugar ou, se é o caso, nos lugares e á hora que se fixe nun acordo que o respectivo tribunal haberá de publicar no Diario Oficial de Galicia.

Adoptado isto polo tribunal encargado de cualifica-lo dito concurso-oposición para o acceso á categoría de celador, procede agora publica-lo dito acordo no Diario Oficial de Galicia,

ACORDO:

Primeiro.-Convoca-los aspirantes admitidos con carácter definitivo para o ingreso na categoría de celador de persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde para a realización do primeiro exercicio da fase de oposición que se celebrará o próximo día 30 de novembro de 1995 comezando o chamamento único dos opositores por orde alfabética en cada mesa de entrada ás 9 horas. Excluirase do concurso-oposición quen non compareza, de conformidade co previsto no apartado 10 da mesma base da convocatoria.

Segundo.-De conformidade co previsto nas bases da convocatoria, dito exercicio realizarase de modo simultáneo nas catro sedes que a continuación se relacionan:

-A Coruña: edificio Coliseum, Avda. Alfonso Molina s/n (ó lado de Continente).

-Lugo: Pazo dos Deportes, zona univesitaria, N.VI, entre gasolineira río Miño e ponte romana sobre o río, en punto quilométrico 498,700.

-Ourense: Pazo dos Deportes Paco Paz, estrada Ourense-Polígono Industrial, desvío estrada San Cibrao das Viñas (zona Piñeiral).

-Vigo: recinto feiral Cotogrande (ó lado do aeroporto Peinador).

Terceiro.-A sede asignada a cada aspirantes é a que figura no listado definitivo de aspirantes publicado por Resolución do 31 de outubro de 1995 da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 214, do 8 de novembro).

Cuarto.-Os aspirantes haberán de ir provistos necesariamente do documento nacional de identidade, permiso de conducir ou pasaporte e de bolígrafo azul ou negro.

Quinto.-En uso da facultade outorgada ó tribunal polo apartado 5 da base sexta. A) da convocatoria, acórdase puntuar negativamente as respostas erróneas a razón de 0,15 puntos por cada unha.

Sexto.-O presente acordo pode ser impugnado polos interesados nos termos previstos na base décima da convocatoria. Santiago de Compostela, 9 de novembro de 1995.

Carlos Negreira Souto

Presidente do tribunal

95-07414