Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 14 de novembro de 1995 Páx. 8.329

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

ORDE do 31 de outubro de 1995 pola que se aproba o deslinde do monte comunal de Avión pertencente á parroquia de Avión no concello de Avión (Ourense).

Examinado o expediente de deslinde do monte comunal de Avión pertencente á parroquia de Avión do concello de Avión (Ourense) e tendo en conta os seguintes antecedentes de feito:

1. O Xurado Provincial de Montes en Man Común de Ourense, en Resolución do 7 de maio de 1973, declarou como tal o monte comunal de Avión, asignándolle a súa pertenza á parroquia de Avión, e recoñecendo como límites ó norte os montes das parroquias de Córcores e Amiudal; sur, terreos particulares e comunal da parroquia de Barroso; leste río Cardelle, concellos de Leiro e Carballeda de Avia, e montes expropiados por Fenosa, e oeste comunais das parroquias de Nieva e Abelenda.

2. Ó ter uns límites tan extensos os conflictos coas comunidades veciñais son frecuentes, sen que ata o de agora se puidese acadar un acordo amigable, polo que o 21 de febreiro de 1991 a comunidade propietaria solicitou a apertura do expediente de deslinde do mesmo, e con data 1 de agosto do mesmo ano o director xeral de Montes e Medio Ambiente Natural aproba o expediente e declara o monte en estado de deslinde.

3. A tramitación previa ó apeo foi executada cumprindo as prescricións establecidas nos artigos 96 e seguintes do Regulamento de montes do 22 de febreiro de 1962. A documentación que os distintos afectados presentaron foi remitida ó Gabinete Xurídico Territorial de Ourense para o seu exame, cualificación e informe, podendo salienta-la sentencia firme do Xulgado de Primeira Instancia número dous de Ourense, do 4 de xullo de 1968, que declara como veciñal en man común a propiedade dos montes Fontao e Coto de Uxo.

4. O apeo iniciouse de acordo coa data e o lugar anunciados previamente e alongouse durante sesenta e seis días, dado os límites tan extensos do monte, levándose a cabo coa asistencia dos representantes da administración forestal e das comunidades e par

ticulares interesados, sen que se rexistrasen incidentes.

5. En data 20 de decembro 1993, o enxeñeiro operador elabora o seu informe-proposta no que propón que o monte quede dividido nas parcelas seguintes:

1ª Fontao; 2ª Carboeira, 3ª Serra, 4ª Costa das Moas-O Cabo; 5ª Campo Longo; 6ª Soterra-Monterroso; 7ª Carupe; 8ª Balboa; 9ª Albelos-Outeiro da Pena-Castro; 10ª Barxa de Pereira; 11ª Nobascos; 12ª Porto Carro; 13ª As Piteiras e Carpaceiras e 14ª San Vicente, e que se recoñeza a propiedade exclusiva dos veciños da parroquia de Avión de tódalas parcelas menos a primeira, Fontao que propón, se recoñeza como dos veciños de Avión, de Amiudal e demais partícipes.

6. No período legal de reclamacións presentáronse dúas, unha do letrado representante da parroquia de Avión na que alega non ter recibido a comunicación da apertura do período de vista polo que non puido exerce-lo dereito de reclamación, o que non era de todo certo pois a comunicación foille remitida ó presidente da comunidade.

A outra foi do presidente da comunidade de Amiudal e baseábase en tres feitos:

a) Unha defectuosa valoración e cualificación xurídica dos títulos.

b) Incumprimento do mandato efectuado polo Xurado Provincial de Montes para que se efectúe o deslinde de acordo coa sentencia xudicial.

c) Non seguirse no deslinde da parcela Fontao o plano que serviu de base para os pronunciamentos xudiciais.

Pedía a nulidade do deslinde no que se refire á parcela Fontao e na adxudicación da pertenza que propón o enxeñeiro operador.

7. En data 13 de xuño de 1994, o Gabinete Xurídico Territorial de Ourense emite informe sobre a reclamación do presidente da comunidade de Amiudal e nel mantense que o monte Fontao que aparece na sentencia xudicial de 1968 non forma parte do Comunal de San Xusto e que o enxeñeiro operador non ten capacidade para incluílo neste deslinde nin para atribuírlle a pertenza ós veciños de Avión, Amiudal e outros partícipes; nembargante a inclusión non supón a nulidade do expediente de deslinde.

8. En data 28 de xullo de 1994 o xefe do Servicio de Montes e Industrias Forestais de Ourense elabora o seu informe-proposta no que mantén a tese de que a parcela Fontao forma parte do expediente de deslinde aínda que non se pronuncia pola asignación da pertenza, que deixa para os asesores xurídicos da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural. No referente ó resto das parcelas propón que se aprobe o deslinde e se asigne a súa pertenza ós veciños da parroquia de Avión.

9. En data 24 de marzo de 1995 elévase o expediente ó Gabinete de Asuntos Constitucionais e Defensa Xurídica Xeral para o seu informe en cumprimento do

establecido no artigo 125 do Regulamento de montes, contestando que dá por reproducido o informe do Gabinete Xurídico Territorial de Ourense do 13 de xuño de 1994.

Fundamentos de dereito

I

O Servicio de Montes e Industrias Forestais de Ourense é competente para verifica-lo devandito deslinde, cumpridas tódalas prescricións legais en canto a publicidade, notificacións e demais requisitos esixidos pola lexislación vixente, e esta Consellería de Agricultura, Gandería e Montes é competente para dicta-la presente orde de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei de montes do 8 de xuño de 1957, en relación co Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, sobre traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

II

As comunidades e os particulares aportaron a documentación que consideraron oportuna en defensa dos seus dereitos, sobre a emitiu o informe preceptivo o Gabinete Xurídico Territorial de Ourense.

III

As resolucións do xurado provincial de Montes son as únicas que outorgan a propiedade e as mesmas só poden modificarse por sentencias dos tribunais ordinarios.

No caso que nos ocupa, cando o xurado provincial declarou como veciñal en man común o monte Comunal de Avión xa era firme a sentencia dictada polo Xulgado de Primeira Instancia número dous de Ourense do 4 de xullo de 1968, e nela establécese que os montes que se describen no feito terceiro da demanda son propiedade en man común dos veciños da parroquia de Amiudal e dos outros partícipes en favor dos cales se acciona. E no feito terceiro, no apartado quinto descríbese o monte Fontao cos seus límites e unha superficie de 512 hectáreas, e aínda que a resolución do xurado provincial non fai referencia a ela, o que si fai na declaración dos montes veciñais da parroquia de Amiudal, non ten valor no que contradiga a sentencia e polo tanto o enxeñeiro operador non pode ignorala ó face-lo apeo nin na súa proposta, e menos contradicila.

Vistos:

A Lei de montes do 8 de xuño de 1957 e o regulamento para a súa aplicación, do 22 de febreiro de 1962.

A lexislación vixente en materia de montes veciñais en man común.

O Real decreto 1535/1984, do 20 de xuño, de traspaso de funcións e servicios do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de conservación da natureza.

A Lei de procedemento administrativo do 17 de xullo de 1958.

A Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Esta Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, por proposta da Dirección Xeral de Montes e Medio Ambiente Natural,

DISPÓN:

Primeiro.-Aproba-lo deslinde do monte comunal de Avión pertencente á parroquia de Avión, de acordo coas actas, rexistros topográficos e plano que figuran no expediente, e que queda formado polas trece parcelas seguintes:

-Parcela nº 2 do plano.

Nome: Carboeira.

Límites:

N-Encoro de Albarellos e concello de Boborás.

L-Concello de Boborás.

S-Encoro de Albarellos.

O-Encoro de Albarellos.

Cabida total: 167,50 hectáreas.

Enclavados: non.

Está limitada polos piquetes do nº 434 ó 549.

-Parcela nº 3 do plano.

Nome: Serra.

Límites:

N-Encoro de Albarellos.

L-Concello de Leiro.

S-Estrada de Beariz a Beade, regato Fontao, Rego do Cabo e Pico da Cruz.

O-Encoro de Albarellos e predios particulares.

Cabida total: 175,40 hectáreas.

Enclavados: non.

Está limitada polos piquetes do nº 391 ó 433 e do 550 ó 596.

-Parcela nº 4 do plano.

Nome: Costa das Moas-O Cabo.

Límites:

N-Predios particulares.

L-Predios particulares.

S-Río Cubeta e predios particulares.

O-Predios particulares e Comunal de Nieva.

Cabida total: 89 hectáreas.

Enclavados: 0,85 hectáreas.

Cabida comunal: 88,15 hectáreas.

Está limitada polos piquetes do nº 273 ó 381 e do 598 ó 818.

-Parcela nº 5 do plano.

Nome: Campolongo.

Límites:

N-Predios particulares.

L-Predios particulares.

S-Predios particulares e comunal de Nieva.

O-Predios particulares.

Cabida total: 11,45 hectáreas.

Enclavados: non.

Está limitada polos piquetes do nº 269 ó 270 e do 819 ó 877.

-Parcela nº 6 do plano.

Nome: Soterra-Monterroso.

Límites:

N-Predios particulares.

L-Predios particulares.

S-Predios particulares.

O-Predios particulares e comunal de Abelenda.

Cabida total: 82,90 hectáreas.

Enclavados: 0,25 hectáreas.

Cabida comunal: 82,65 hectáreas.

Está limitada polos piquetes nº 262 ó 265 e do 878 ó 1094.

-Parcela nº 7 do plano.

Nome: Carupe.

Límites:

N-Predios particulares.

L-Predios particulares.

S-Predios particulares.

O-Comunal de Abelenda.

Cabida total: 5,20 hectáreas.

Enclavados: non.

Está limitada polos piquetes nº 257 ó 261 e do 1095 ó 1119.

-Parcela nº 8 do plano.

Nome: Balboa.

Límites:

N-Comunal de Amiudal.

L-Predios particulares.

S-Predios particulares.

O-Predios particulares.

Cabida total: 40,40 hectáreas.

Enclavados: non.

Está limitada polos piquetes nº 251 ó 256 e do 1120 ó 1172.

-Parcela nº 9 do plano.

Nome: Albelos-Outeiro da Pena-Castro.

Límites:

N-Río Avia e Comunal de Amiudal.

L-Predios particulares e encoro de Albarellos.

S-Predios particulares.

O-Predios particulares.

Cabida total: 234,80 hectáreas.

Enclavados: 5,30 hectáreas.

Cabida comunal: 229,50 hectáreas.

Está limitada polos piquetes nº 223 ó 249 e do 1173 ó 1319.

-Parcela nº 10 do plano.

Nome: Barxa de Pereira.

Límites:

N-Encoro de Albarellos.

L-Encoro de Albarellos.

S-Predios particulares.

O-Predios particulares.

Cabida total: 5,60 hectáreas.

Enclavados: non.

Está limitada polos piquetes nº 1320 ó 1341.

-Parcela nº 11 do plano.

Nome: Nobascos.

Límites:

N-Encoro de Albarellos.

L-Encoro de Albarellos.

S-Encoro de Albarellos e predios particulares.

O-Predios particulares.

Cabida total: 77,65 hectáreas.

Enclavados: non.

Está limitada polos piquetes nº 1342 ó 1440.

-Parcela nº 12 do plano.

Nome: Porto Carro.

Límites:

N-Predios particulares.

L-Encoro de Albarellos.

S-Río Valderías.

O-Predios particulares.

Cabida total: 6,90 hectáreas.

Enclavados: non.

Está limitada polos piquetes nº 1441 ó 1459.

-Parcela nº 13 do plano.

Nome: As Piteiras e Carpaceiras.

Límites:

N-Predios particulares.

L-Estrada de Beade a Beariz.

S-Predios particulares.

O-Predios particulares.

Cabida total: 4 hectáreas.

Enclavados: non.

Está limitada polos piquetes nº 1460 ó 1479.

-Parcela nº 14 do plano.

Nome: San Vicente.

Límites:

N-Predios particulares.

L-Estrada de San Xusto a San Vicente.

S-Predios particulares.

O-Predios particulares.

Cabida total: 2,80 hectáreas.

Enclavados: non.

Está limitada polos piquetes nº 1480 ó 1497.

Segundo.-Declarar, expresamente, que no referente ás reclamacións de propiedade a presente resolución esgota a vía administrativa e que queda expedita a xudicial civil.

Terceiro.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e en contra dela só cabe interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día da súa entrada en vigor.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Antonio Luis Rosón Pérez

Secretario xeral da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes

9507211