Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 218 Martes, 14 de novembro de 1995 Páx.

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de novembro de 1995 pola que se clasifica como mixta a Fundación para la investigación, conservación y desarrollo del mundo submarino (FICDS).

Visto o expediente de clasificación da Fundación para la investigación, conservación y desarrollo del mundo submarino (FICDS) con domicilio na rúa Conde, 37-entreplanta. Lugo.

Supostos de feito.

1. Que Ángel Esteban Iglesias, na condición de presidente da fundación, en escrito de 25 de setembro de 1995, (rexistro de entrada do día 28) formulou solicitude de clasificación dela para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. Que a fundación foi consituída en escritura pública outorgada en Lugo o día 12 de setembro de 1995 ante o notario desa cidade Manuel Julio Reigada Montoto, co número 2.044 do seu protocolo, por Ángel

Esteban Iglesias Iglesias (intervindo ademais en representación de Alexis-Víctor Macía Díaz en virtude de poder que lle conferiu en escritura autorizada polo notario de Vigo, Alfredo Arturo Lorenzo Otero, co número mil setecentos trinta e tres de protocolo), Cristina Pérez Herraiz e Alexis-Víctor Macía Díaz.

3. Que, segundo consta no artigo 6 dos seus estatutos, a fundación ten como finalidade esencial o estudio, investigación, conservación e desenvolvemento do mar, en especial atención ó medio submarino, baseándose en criterios de equidade, solidaridade, eficiencia e calidade, tendo sempre como referente a súa vocación e compromiso con Galicia.

4. Que o padroado da fundación estará consituído por Ángel Esteban Iglesias Iglesias como presidente, Alexis-Víctor Macía Díaz como vicepresidente e Cristina Pérez Herraiz como secretaria.

5. Que a comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevan ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como mixta, da Fundación para la investigación, conservación y desarrollo del mundo submarino (FICDS), dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como mixta e a súa adscrición á Consellería da Presidencia e Administración Pública.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.

1. Que o artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e que o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia lle outorga competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. Que, de acordo co disposto no artigo 32.2º c) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, corresponde a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Que, á vista do que antecede, se poden considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias, establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais

na súa reunión do día 23 de outubro de 1995, na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como mixta a Fundación para a investigación, conservación y desarrollo del mundo submarino (FICDS), adscribíndoa á Consellería da Presidencia e Administración Pública que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Consellerio da Presidencia e Administración Pública

95-7260