Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 10 de novembro de 1995 Páx. 8.286

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (174/1994-01).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo 174/1994, a pedimento de Banco Central Hispanoamericano S.A., representado polo procurador García-Piccoli, contra Juan José González Montero e Mónica Pena Paz, nos que por resolución do día da data se acordou sacar á venda en pública poxa, por primeira vez e polo termo de vinte días e polo tipo de valoración que se dirá, os seguintes bens:

1. Reloxo de cabaleiro, marca Omega-Quartz, de ouro, esfera rectangular de fondo branco, números romanos, cadea de ouro. Valorado en 190.000 ptas.

2. Reloxo de cabaleiro, marca Omega-Quartz, de ouro, esfera rectangular de fondo dourado, números de palote, cadea de ouro. Valorado en 180.000 ptas.

A poxa terá lugar na sala de audiencia deste xulgado, sita na rúa de Viena s/n, do polígono das Fontiñas

desta cidade, o día vintesete de decembro de mil novecentas noventa e cinco, ás doce trinta horas, baixo as seguintes condicións:

Primeira.-Nos remates non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da valoración.

Segunda.-Para tomar parte na poxa, deberán os licitadores consignar previamente no establecemento destinado para o efecto, unha cantidade igual, polo menos, ó 20 por 100 efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa; sen este requisito non serán admitidos.

Terceira.-Só o executante poderá facer oferta en calidade de cede-lo remate a un terceiro.

Cuarta.-En tódalas poxas desde o anuncio ata a súa celebración, poderán facerse ofertas por escrito en prego pechado, depositando na mesa do xulgado, xunto a aquel, o importe da consignación.

Quinta.-Que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante, continuarán subsistentes e entenderase que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidade destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

En prevención de que non houbese ofertantes na primeira poxa, sinálase para a segunda, con rebaixa do 25 por cen do tipo da primeira, o día vinteseis de xaneiro de 1996, ás doce trinta horas e deberán consignar previamente o 20 por cen do tipo desta segunda poxa. Sinálase para a terceira o día vinteseis de febreiro de 1996, ás doce trinta horas, sen suxeición a tipo, e deberá consignarse previamente o 20 por cen do tipo da segunda poxa.

Santiago de Compostela, vinteseis de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

7309