Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 10 de novembro de 1995 Páx. 8.286

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (246/1995).

Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos de Santiago de Compostela e o seu partido, fago saber que nos autos de xuízo executivo seguidos co número 246/1995, dictouse, con data quince de setembro de 1995, sentencia, cun encabezamento e decisión que son do teor literal seguinte:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo executivo seguidos neste xulgado ó nº 246/1995, entre partes, dunha, como demandante

a Caixa de Aforros de Galicia, domiciliada na Coruña, representada en autos pola procuradora Losada Gómez, asistida da letrada Quintas Fernández, e doutra, como demandados, Josefa Isabel Rey Cabaleiro, maior de idade, veciña desta cidade, con domicilio na rúa Doutor Maceira nº 23-3º D, e Manuel José Rey Lema, veciño que foi desta cidade e actualmente con domicilio descoñecido, incomparecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre póliza de préstamo.

Decido que debo mandar e mando seguir adiante na execución despachada neste proceso contra Manuel José Rey Lema e Josefa Isabel Rey Cabaleiro facendo remate dos bens embargados e que se embarguen, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento á parte executante, Caixa de Aforros de Galicia, da suma principal de 1.999.314 ptas., máis gastos, xuros pactados e legais e custas causadas e que se causen, que preceptivamente se lle impoñen á parte debedora a quen lle será notificada esta resolución na forma e modo que dispón a lei para os rebeldes; e fágolles saber ás partes que esta resolución non é firme e contra ela cabe recurso de apelación dentro de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Lévese certificación ó preito principal.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lles sirva de notificación a Manuel José Rey Lema e Josefa Isabel Rey Cabaleiro, expido o presente edicto que asino e selo en Santiago de Compostela o tres de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Asinado

O secretario

Asinado

9507204