Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 10 de novembro de 1995 Páx. 8.285

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (159/1990).

En virtude do acordado por providencia desta data recaída nos autos de menor contía nº 159/1990 (procedentes do extinto Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade, co nº 449/1988), notifícaselles á entidade urbanizadora Los Tilos, S.A. e a José Antonio Cagiao Rivas e, polo suposto falecemento deste, ós seus herdeiros ou sucesores, a sentencia dictada neles, que ten un encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

«Vistos por Manuel Pérez Echenique, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucciónnúmero un desta cidade e o seu partido, os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía seguidos neste xulgado co número 159/1990, procedentes do extinto Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres desta cidade co nº 449/1988, entre partes, dunha, como demandante, Ángel González Blanco, presidente e representante legal da comunidade de propietarios do edificio U5-B, sito na urbanización Los Tilos, concello de Teo, maior de idade, casado, delegado médico e con domicilio no mesmo edificio, representado en autos pola procuradora Sánchez Silva, asistido do letrado Rodríguez Carracedo; e doutra, como demandados, José Ramón Soraluce Blond, maior de idade, casado, arquitecto, veciño da Coruña, representado en autos polo procurador Barreiro Fernández, asistido do letrado Salgueiro Armada, Urbanizadora Los Tilos, S.A., representada polo procurador Fernández Devesa, asistido do letrado

Nieto Álvarez-Uría e, máis tarde, tralo falecemento daquel procurador, sen designar un novo, en situación procesual de rebeldía e José Antonio Cagiao Rivas, representado polo procurador Regueiro Sánchez, asistido do letrado Pardo Padernera, e máis tarde, polo suposto falecemento do dito demandado, os seus herdeiros ou sucesores, estes últimos incom

parecidos e en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación por vicios na construcción.

Decido que acepto a demanda formulada pola procuradora Sánchez Silva, en nome e representación da comunidade de propietarios do edificio B da parcela U-5 do polígono Los Tilos, sito na parroquia de Cacheiras-Montouto, concello de Teo, contra a mercantil urbanizadora Los Tilos, S.A., representada no seu día polo procurador Fernández Devesa e, hoxe, ó falecer este e non designar novo procurador, en situación procesual de rebeldía, José Ramón Soraluce Blond, comparecido baixo a representación procesual do procurador Barreiro Fernández e José Cagiao Rivas, a quen representaba o procurador Regueiro Sánchez, debo condenar e condeno os demandados e, en substitución deste último, no caso de que se acreditase o seu falecemento, os seus herdeiros para o caso de que aceptasen as herdanzas, a que en forma solidaria executen á súa custa as obras necesarias para remedia-la deficiencias que padece o edificio litixioso (edificio B, parcela U-5, Los Tilos) que se detallan no fundamento 3 desta

resolución, e isto mediante a solución técnica que garanta o remedio de tales defectos, a que se levará a efecto en fase de execución de sentencia con base nos informes periciais de Federico López Taetzel e Carmen López Baña, que constan respectivamente nos folios 271 a 286 e 289 a 299 dos autos, e ó pagamento das custas causadas no proceso.

Lévese certificación desta sentencia ó proceso principal, e fágaselles saber ás partes que non é firme, e que contra ela cabe recurso de apelación dentro do prazo de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña.

A anterior sentencia foi publicada no mesmo día da súa data».

E para que lles sirva de notificación ós demandados, declarados en rebeldía, expido o presente edicto en Santiago de Compostela o once de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

O maxistrado-xuíz

Asinado

O secretario

Asinado e rubricado

9506875