Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 10 de novembro de 1995 Páx. 8.287

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (82/1990).

En vitude de providencia do día de hoxe dictada polo maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous de Santiago de Compostela, nos autos de maior contía número 82/1990 por instancia de Rafael Lodeiro Rodeiro e Isabel Martínez Castro, representados polo produrador Fernández Rial, contra Construcciones Castelao e outros, acordouse o emprazamento de Jesús Salvador Lijo González, José Francisco Lijo González e Juan Carlos Lijo González, en paradoiro descoñecido, como herdeiros de Francisco Lijo García, e mais como os herdeiros descoñecidos e incertos do mesmo, co fin de que no prazo de nove días comparezcan nos autos, baixo apercibemento de que, de non facelo así, recaerán sobre eles os prexuízos a que houbera lugar en dereito.

E para que así conste e lles sirva de cédula de emprazamento a Juan Salvador Lijo González, José Francisco Lijo González e Juan Carlos Lijo González en paradeiro descoñecido, así como ós herdeiros descoñecidos e incertos de Francisco Lijo García, expido, asino e selo o presente edicto en Santiago de Compostela o trinta e un de maio de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado

9507264