Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 10 de novembro de 1995 Páx. 8.277

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 5 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Santaz-Censa, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa Santaz-Censa, S.A., que tivo entrada nesta delegación provincial o día 31-8-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, o 14-6-1995. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta

nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 5 de setembro de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Santaz-Censa, S.A.

Capítulo I

Normas xerais

Sección primeira

Ámbitos

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio será de aplicación na factoría da empresa Santaz-Censa, S.A. de Gándaras de Prado-O Porriño e en calquera outro lugar onde o persoal do cadro da dita empresa preste os seus servicios por conta dela.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio afecta a todo o persoal que presta servicios nos centros de traballo aludidos, no momento do seu asinamento, así como a todo aquel que ingrese durante a súa vixencia. Queda expresamente excluído o persoal de alta dirección cunha relación laboral que se regula polo disposto no Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, e, en xeral, todo aquel non citado expresamente no texto do presente convenio.

Sección segunda

Vixencia, duración e rescisión

Artigo 3º.-Vixencia.

As normas estipuladas no presente convenio adquirirán vixencia desde o día 1 de xaneiro de 1994 ata o 31 de decembro de 1995.

Artigo 4º.-Prórroga e denuncia.

O presente convenio, aínda unha vez esgotado o período de duración, seguirá vixente no seu texto normativo ata que entre en vigor un novo convenio. A solicitude de revisión terá que facerse con dous meses de antelación á data de finalización, sin necesidade de denuncia previa.

Sección terceira

Compensación e absorción de melloras

Artigo 5º.-Compensación.

Entendendo que as condicións estipuladas e recollidas no presente convenio son, no seu conxunto, máis beneficiosas cás que rexían con anterioridade á data de entrada en vigor, calquera que sexa a súa orixe, compensarán e substituirán a estas na súa totalidade sen máis excepción cás expresamente contidas no presente convenio.

Artigo 6º.-Absorción.

As posibles e futuras disposicións legais ou voluntarias que impliquen variación na contía de todos ou cada un dos conceptos retributivos que son obxecto do presente convenio, serán absorvidos polas melloras económicas concedidas nel, salvo que, consideradas global e anualmente, superen o nivel destas últimas.

Sección cuarta

Aplicación do texto normativo

Artigo 7º.-Comisión de vixilancia.

Tódalas dúbidas ou diferencias que surxirsen na interpretación deste convenio serán sometidas a decisión dunha comisión de vixilancia, integrada por dous vocais designados pola dirección da empresa e outros dous pola representación social.

Artigo 8º.-Ordenanza aplicable.

Será de aplicación a derrogada ordenanza laboral siderometalúrxica do 29 de xullo de 1970.

Capítulo II

Condicións de traballo

Sección primeira

Organización do traballo

Artigo 9º.-Competencia.

A organización práctica do traballo, sendo competencia da dirección da empresa, estará suxeita á lexislación vixente e ó presente convenio colectivo. Os representantes dos traballadores participarán da maneira que neste convenio se determina, e terán a función de velar polo cumprimento do disposto nel.

Artigo 10º.-Comisión técnica.

Créase unha comisión técnica integrada por 4 membros da representación social e outros 4 designados pola dirección da empresa, que se reunirán mensualmente, e poderán ser chamadas as persoas que a xuízo de ámbalas partes sexan de utilidade, tanto pola implicación dos asuntos que tratar, como pola súa calidade de expertos.

Artigo 11º.-Calidade do producto.

A calidade dos productos obtidos dos servicios prestados por un traballador ou grupo de traballadores responderá ás condicións prefixadas pola empresa en normas, planos ou bosquexos que se lle entregarán para realiza-lo traballo. Se, por causas imputables ó traballador ou grupo de traballadores, os productos non se axustasen ás normas de calidade fixadas pola empresa, non só serán computadas para efectos de prima, senón que poderán motivar accións de corrección disciplinaria que procedan, segundo as circunstancias concorrentes e a gravidade do caso.

Artigo 12º.-Saturación do traballador.

Todo o persoal estará obrigado a admiti-la saturación completa da xornada laboral, aínda con labores distintos ós do seu oficio, se as circunstancias obrigasen a iso, respectándose a súa personalidade e/ou capacidade profesional.

Sección segunda

Movemento de persoal

Artigo 13º.-Ingreso.

Con excepción de mandos intermedios e técnicos superiores, calquera contratación terá que realizarse a través de convocatoria de prazas que serán cubertas mediante concurso oposición, a tal resolución será determinada por unha comisión paritaria formada pola empresa e representantes dos traballadores.

Para tales efectos a empresa comunicará ós representantes dos traballadores os postos de traballo a cubrir, as condicións que deben reuni-los aspirantes e as características das probas de selección. Ó cesamento do contrato asistirán os representantes dos traballadores, seranlle entregados copia dos contratos nun prazo non superior a 48 horas desde o seu asinamento.

Artigo 14º.-Ascensos.

As prazas de novo ingreso serán cubertas dando preferencia ó propio persoal do cadro, sempre que este reúna a capaticación necesaria para o posto que se vai cubrir, promovendo cursiños de formación profesional no caso de seren necesarios.

Para tal fin, a empresa, nos meses de abril e outubro, convocará concurso oposición co obxecto de cualifica-lo grao de aptitude dos aspirantes. Poderá presentarse a este concurso oposición toto o persoal da empresa que se considere con capacidade para aspirar ó posto ou postos que se van cubrir, solicitándoo previamente por escrito.

Os resultados deste concurso oposición serán xulgados por un tribunal cualificador coa seguinte composición: un representante da dirección; dous vocais do comité de empresa e un xefe do departamento que corresponda en función da praza que se vai cubrir ou persoa en quen delegue.

O resultado daráselle a coñecer ó persoal nun prazo máximo dun mes, contado desde a data do exeme. En todo caso, cando se trate de postos que impliquen exercicio de autoridade e mando sobre terceiras persoas, serán cubertas directamente pola empresa.

A empresa e o comité confeccionarán as normas que se han seguir para a realización e valoración dos exames.

Cando se trate de postos de traballo que impliquen exercicios de autoridade e mando sobre terceiras persoas, serán cubertas directamente pola empresa.

Artigo 15º.-Mobilidade de persoal.

A empresa só poderá despraza-lo persoal fóra do lugar habitual de traballo no caso de montaxe ou reparación dalgún dos productos fabricados por ela.

Nese caso deberá cumpri-los seguintes requisitos:

1. Comunicarllo os representantes dos traballadores cun mes de antelación.

2. Solicitalo no taboleiro de anuncios con carácter voluntario.

Artigo 16º.-Cesamentos.

O persoal afectado polo presente convenio que desexe cesar na empresa, deberá comunicalo cunha antelación mínima:

Persoal obreiro: 10 días.

Persoal empregado: 20 días.

Sección terceira. Contratación

Artigo 17º.-Contrato de aprendizaxe.

Os contratos de aprendizaxe son para traballadores de 16 a 25 anos e por un período máximo de 3 anos.

As retribucións deste contrato serán, como mínimo, as que marca o convenio para a súa categoría, incluídos os pluses, polo tempo real de traballo, non debendo traballar a sistemas de rendemento. O finaliza-lo contrato de aprendizaxe, o traballador pasará a ser fixo de cadro de persoal.

Farase un plan de formación consensuado cos representantes dos traballadores e designaranse os titores de acordo co comité de empresa.

O período de probas non será superior a 15 días e o 25% do tempo destinado a formación realizarase mediante o acordo de formación continua ou ben en plans de empresa para máis de 200 traballadores.

Negociarase cos representantes dos traballadores os centros onde se impartirá a formación.

Este tipo de contrato cotizará á Seguridade Social pola continxencia de incapacidade laboral transitoria.

Artigo 18º.-Contrato en prácticas.

A retribución deste contrato será, como mínimo, a que marca o convenio para a súa categoría, incluídos os pluses, polo tempo real traballado, e non se deberá traballadr a sistemas de rendemento.

Artigo 19º.-Persoal eventual.

Será requisito indispensable o contrato por escrito para a contratación do traballador eventual. Enténdese que todo traballador que ingrese na empresa sen contrato escrito por tempo ou obra determinados é fixo unha vez superado o período de proba.

O persoal eventual será contratado sobre a base das mesmas condicións que veña desfrutando o persoal fixo.

Artigo 20º.-Mando.

Ningunha persoa allea ó cadro de persoal da empresa poderá exercer mando directo sobre o seu persoal.

Artigo 2º.-Diminución de aptitudes.

O persoal de capacidade diminuída que non fose declarado inválido permanente para o seu traballo habitual poderá ser trasladado a outros traballos a xuízo da dirección da empresa e do comité.

Sección cuarta

Clasificación dos postos de traballo

Artigo 22º.-Nivel de cualificación.

Respectanse en termos xerais e sen prexuízo das innovacións específicas que a peculiaridade da empre

sa e a súa particular organización aconsella, as cualificacións de persoal recollidas na derrogada o.l. siderometalúrxica.

Na función dos postos de traballo existentes e da súa xerarquización, de acordo coas normas regulamentarias conxugadas coa distribución de funcións no seo da empresa, as distintas categorías profesionais correspóndese cos niveis de cualificación que se indican a seguir:

1. Niveis Aprox. do persoal obreiro.

Oficial de 1ª A 31

Oficial de 1ª 30

Oficial de 2ª 28

Oficial de 3ª 25

Especialista 24

Aprendiz de 1º ano 21

2. Niveis Aprox. do persoal empregado.

2.1. Subalternos.

Almaceneiros 27

Listeiros 26

Chofer-comprador 25

Basculeiro/porteiro-Vix. 23

Telefonista 23

Limpadora 21

2.2. Administrativos.

Xefe de 1ª 50

Xefe de 2ª 40

Oficial de 2ª 29

Subxefe de 1ª 45

Oficial de 1ª 35

Auxiliar administrativo 22

2.3.Técnicos.

2.3.1. Técnicos titulados.

Perito e Enx. técnico ou Asimil. 1ª 50.

Perito e Enx. técnico ou Asimil. 2ª 47

Perito e Enx. técnico ou Asimil. 3ª 40

Axudante técnico sanitario 40

2.3.1. Técnicos de oficina.

Proxectista de grupo 49

Delineante Proxectist. 47

Delineante de 1ª 42

Delineante de 2ª 33

Calcador 23

2.3.2. Técnicos de taller.

Axudante de Enx. de 1ª 50

Axudante de Enx. de 2ª 47

Axudante de Enxe. de 3ª 40

Xefe de taller 50

Mestre de 1ª 45

Mestre de 2ª 40

Encargado 37

2.3.4. Técnicos de Organ.

Xefe de 1ª 50

Subxefe de 1ª 46

Xefe de 2ª 41

Técnico de Org. de 1ª 38

Técnico de Org. de 2ª 31

Aux. de organización 23

Preparador de 1ª 42

Preparador de 2ª 34

Capítulo III

Sección Primeira.

Retribucións directas

Artigo 23º.-Xornais e soldos básicos.

Para as respectivas categorías e niveis de cualificación establécense os xornais e soldos básicos seguintes:

Ver táboa nº 1.

O persoal que traballe na quenda de tarde percibirá adicionalmente o 18% do xornal ou soldo básico, aplicado sobre o número de horas traballadas na antedita quenda.

Artigo 24º.-Plus de asistencia e transporte.

Establécese un plus de asistencia que se aboará só os días de presencia na factoría e con base na seguinte táboa:

Ver táboa nº 2.

Establécese tamén un plus de transporte para todo o persoal na contía de 3.000 ptas./mes. A partir do 30 de novembro de 1995, este plus pasará a incrementarse no salario base.

Artigo 25º.-Prima.

Ver táboa nº 3.

Sección segunda

Retribucións complementarias

Artigo 26º.-Enumeración.

Os respectivos xornais ou salarios básicos substitúen a tódalas retribucións ou emolumentos de carácter xeral que viñese percibindo o persoal como consecuencia de anteriores axustes. Quedan excluídos os seguintes conceptos:

-Antigüidade.

-Plus de distancia.

-Compensación por traballos tóxicos, penosos e perigosos.

-Plus de Cualificac. Profes.

-Plus de xefe de equipo.

-Axudas de custos e locomoción.

-Protecc. a Famil.

Artigo 27º.-Antigüidade.

Para efectos de antigüidade, aboaranse aumentos periódicos por anos de servicio consistentes no aboamento de quinquenios na contía do 5% do xornal ou soldo básico do presente convenio.

Para o cómputo da antigüidade, estarase ó disposto na derrogada ordenanza laboral siderometalúrxica. De acordo coas categorías e niveis de cualificación do

persoal obreiro e empregado, os importes dos quinquenios respectivos serán os seguintes:

Ver táboa nº 4.

Artigo 28º.-Axudas de custos e locomocións.

Será de aplicación nos desprazamentos por razóns de servicio para todo o persoal suxeito a convenio: viaxe en FF.CC. en 1ª e unha axuda de custos diaria de 6.000 ptas.

Observacións:

1. Nas datas de comezo e finalización de calquera desprazamento computarase 1 axuda de custo íntegra.

2. Os desprazamentos que permitan pasa-la noite no propio domicilio non devengarán axuda de custo; neste caso percibiranse os gastos de desprazamento (se se utilizase medio de transporte alleo á empresa) e unha indemnización para comida cifrada en 750 ptas.

3. Os desprazamentos na provincia que non orixinen para o persoal gastos de ningún tipo por asumilos a empresa na súa totalidade non devengarán axudas de custo nin locomocións ningunhas. Os desprazamentos fóra da provincia que permitan pasa-la noite no propio domicilio devengarán media axuda de custo.

4. En circunstancias excepcionais, e logo de autorización da empresa, os desprazamentos poderán efectuarse en vehículo propio, neste caso o importe da locomoción resultará de aboa-la cantidade de 20 ptas. por km percorrido.

5. O importe da axuda de custos non inclúe aqueles gastos de carácter extraordinario que a comisión do servicio faga necesarios. O aboamento do seu importe, debidamente xustificado, será independente do que corresponda por axuda de custos ou locomocións.

6. Os desprazamentos fóra do territorio nacional devengarán as axudas de custos que se determinen en cada caso.

Artigo 29º.-Plus de distancia.

A aplicación deste plus rexerase pola lexislación vixente específica, establecendo o tope máximo nas 300 ptas./día.

Artigo 30º.-Plus de xefe de equipo.

Fíxase o plus de xefe de equipo nas 130 ptas./día durante o presente convenio.

Artigo 31º.-Protección a familia.

Para a súa regulación e aplicación haberá que aterse ó disposto na Lei da seguridade social e na lexislación complementaria específica que a desenvolve no que se refire a este concepto.

Artigo 32º.-Traballos penosos, tóxicos e/ou perigosos.

A definición dos traballos que terán a consideración de penosos, tóxicos ou perigosos será obxecto de estudio e proposta do comité de seguridade e hixiene e aceptación posterior, se procede, pola dirección.

As discrepancias que puidese haber serán formuladas diante da audiencia laboral.

Establécese unha compensación económica do 20, 25 ou 30% segundo se dean un, dous ou os tres conceptos, do salario base. Así mesmo procurarase por tódolos medios ó alcance da empresa, evita-la realización destes traballos e, no caso de ser necesario, rotarase a meirante parte posible do persoal.

Sección terceira

Nóminas

Artigo 33º.-Liquidación mensual.

A totalidade das retribucións do conxunto do persoal do cadro serán obxecto de liquidación por períodos mensuais e faranse efectivos o penúltimo día hábil de cada mes.

Con cargo ó resultado da liquidación mensual aludida, o persoal poderá solicitar anticipos. A contía deles non poderá ser superior ó 90% das cantidades devengadas polos distintos conceptos salariais ata a data da solicitude. O aboamento dos anticipos efectuarasae os día 10 e 20 de cada mes.

Capítulo IV

Xornada de traballo e horas extraordinarias

Sección Primeira

Xornada de traballo

Artigo 34º.-Modalidade e horario.

O número total de horas efectivas de traballo será de 1.785 anuais.

Sen prexuízo das modificacións que puidesen determinarse por acordo entre o comité de empresa e a dirección, a iniciativa ou proposta de calquera deles establécese polo de agora o horario de traballo seguinte, ó que quedará suxeita todo o cadro de persoal:

Quenda de mañá: de 6.30 horas á 14.15 horas de luns a venres.

Quenda de tarde: de 14.15 horas ás 22 horas de luns a venres.

En canto non se modifique este horario, as horas que faltasen para os cómputos anuais que se deixan establecidos deberán facerse en sábados.

O calendario laboral anual confeccionarase en reunión conxunta da dirección e o comité no mes de decembro do ano anterior a aquel no que teña que aplicarse.

O comité colaborará coa empresa na distribución das quendas equilibradas de acordo coas necesidades.

A empresa garante que dará o máximo de facilidades para o intercambio de quendas entre traballadores, cando estes o soliciten, mantendo o equilibrio profesional.

Sección segunda

Horas extraordinarias

Artigo 35º A.-Horas extraordinarias.

A realización de horas extraordinarias será sempre voluntaria por parte do traballador salvo que se tratase

de prever ou reparar sinestros ou por causa de forza maior e nestes casos intervirán os representantes dos traballadores.

Consideraranse horas extras aquelas que non estean comprendidas dentro do horario que establece este convenio, e haberá que aterse ó disposto no artigo 35 do Estatuto dos traballadores reformado.

Artigo 36º.-Valor.

Durante a vixencia do presente convenio o valor das horas extraordinarias será o que recolle a seguinte táboa:

Ver táboa nº 5.

As horas extras que se realicen en sábados, domingos ou festivos abonaranse cun 70% de recargo.

O persoal de quenda de noite que realice a súa xornada entre as 18.30 e as 6.30 horas do día seguinte, abonaráselle 3.50 horas extras e un plus de nocturnidade de 1.772 ptas. por xornada.

Ó persoal de quenda de noite que realice a súa xornada entre as 22 horas e as 6.30 horas do día seguinte, aboaráselle un plus de nocturnidade de 2.183 ptas. por xornada.

En todo caso, os horarios establecidos deberán ser fixos.

Capítulo V

Pagas extras, vacacións e licencias

Sección primeira

Pagas extras

Artigo 37º.-Pagas extraordinarias.

Para todo o persoal afectado polo presente convenio as pagas serán:

Verán: 30 días.

Nadal: 30 días.

O aboamento efectuarase de acordo cos xornais e soldos básicos respectivamente, máis o plus de cualificación profesional que, en cada caso, poida corresponder.

A paga de verán farase efectiva o 30 de xuño e a de Nadal o 20 de decembro.

Sección segunda

Vacacións

Artigo 38º.-Vacacións.

A duración do período anual de vacación, non substituíble por compensación económica, será de 30 días naturais. Desfrutaranse ininterrumpidamente, salvo pedimento do traballador dentro das datas máis convenientes, que se farán coincidir entre o 15 de xuño e o 15 de setembro.

O comité de empresa será informado antes do 31 de marzo das datas de comezo e remate das vacacións. Se o día natural de pagamento da nómina coincidise dentro do período fixado para o desfrute de vacacións, a liquidación de haberes do mes correspondente efectuarase antes do comezo delas.

Sección terceira

Licencias

Artigo 39º.-Licencias retribuídas:

A empresa considera licencias retribuídas:

Enlace matrimonial: 15 días naturais.

Matrimonio de fillos ou irmáns: 1 día laborable.

Parto de esposa: 3 días laborables (ampliados en caso grave).

Pasamento de:

Cónxuxe e fillos: 5 días naturais.

Fillos políticos, pais, pais políticos, irmáns, irmáns políticos, netos, avós e avós políticos: 3 días naturais.

Tíos, tíos políticos e sobriños: 1 día natural.

Se o pasamento supón desprazarse fóra da provincia incrementarase nun día máis.

Enfermidade grave de:

Cónxuxe e fillos: ata 4 xornadas.

Pais, pais políticos, avós ou irmáns: ata 2 xornadas.

Entenderase por enfermidade grave sempre que exista necesidade de hospitalización, intervención cirúrxica, necesidade de acompañante ou cando así sexa cualificada polo facultativo correspondente.

Aqueles traballadores que tivesen fillos diminuídos psíquica ou fisicamente, os días necesarios para asistir a consulta médica.

Traslado de domicilio:

Traslado de domicilio habitual: ata 2 xornadas.

Exámenes:

Os días necesarios, logo de xustificación; así como preferencia a elixir quenda de traballo cando se cursen estudios con regularidade, artigo 22 do Estatuto dos traballadores.

Falecemento como consecuencia de accidente laboral ocorrido na factoría:

Desde a hora na que ocorra o feito, darase por rematada a xornada laboral,, e concederase permiso á totalidade do cadro ata a conducción do cadáver.

Os días de licencia serán aboados de acordos cos xornais e soldos básicos. Os días contaranse desde o mesmo que aconteza o feito causante. No prazo máximo de 48 horas despois da incorporación dos traballadores beneficiarios dalgunha das licencias indicadas deberán xustificar documentalmente a existencia das circunstancias que alegase para a obtención dela, atopándose no mesmo caso os que por causas urxentes ou imprevisibles non puidesen solicita-lo permiso previo.

Para o caso concreto de casamento, poderase amplia-la duración da licencia retribuída ata un máximo doutros cinco días non retribuídos, e é potestativo da dirección a concesión deste complemento de licencia regulamentaria.

Polo tempo necesario nos casos de asistencia a consulta médica de especialistas da S.S. cando, coincidindo o horario de consulta co do traballo, prescriba a dita consulta o facultativo de medicina xeral ou de empresa, para o cal deberá presenta-lo traballador o volante xustificativo da referida cita médica.

Nos demais casos, ata o límite de 16 horas/ano.

Capítulo VI

Roupas de traballo

Artigo 40º.-Entrega anual.

A empresa fará entrega anualmente das pezas de traballo seguintes:

-Persoal obreiro e mandos de taller: 3 fundas (dúas en xaneiro e unha en xuño).

-Persoal empregado, a presencia do cal sexa necesaria no taller: 1 funda.

-Limpadoras de oficina: 2 batas (1 en xaneiro e outra en xuño).

A empresa disporá dunha reserva de fundas para seren usadas en traballos que pola súa natureza poidan dar lugar a unha deterioración moi acusada das roupas de traballo.

O uso das pezas de traballo facilitadas pola empresa é obrigatorio durante toda a xornada laboral.

Capítulo VII

Acción asistencial

Artigo 41º.-Bolsas.

A empresa manterá un fondo para a concesión de bolsas de estudio cunha dotación de 400.000 ptas. anuais, ás que poderán opta-los traballadores para si ou para os seus fillos. A contía, distribución e administración destas bolsas axustarase á normativa que estableza a comisión do fondo social.

Artigo 42º.-Seguro de accidentes.

Mantense un seguro de accidentes de traballo de 1.500.000 ptas. por morte e 2.000.000 de ptas. por incapacidade permanente total ou superior.

Artigo 43º.-Xubilación anticipada.

O persoal que reúna os requisitos esixidos para percibi-la pensión de xubilación e estea acollido ó convenio colectivo poderá pasar voluntariamente a situa

ción de xubilación definitiva, a partir dos 60 anos cumpridos, e será a cargo da empresa a diferencia entre a pensión e o 100% dos salarios líquidos do traballador en xornada diaria, con carácter irreversible, vitalicio e inabsorvible.

O persoal que se acolla a xubilación definitiva nas condicións recollidas no parágrafo anterior e que falecese antes de cumpri-los 65 anos de idade, xerará a favor da súa viúva e a cargo da empresa, a diferencia entre o 31 e o 45% dunha base composta pola base reguladora inicial da pensión de xubilación da mutualidade, aumentaba nun 8% cada ano que lle faltase para cumpri-los 65 e a pensión de viuvez que lle asigne a mutualidade.

Para a xubilación voluntaria a partir dos 60 anos, teranse en conta os salarios computables posibles do ano de xubilación.

Artigo 44º.-Préstamos a longo prazo.

Como contribución á solución de prementes necesidades de índole esconómica referidas á situación familiar dos traballadores, a empresa manterá un sistema de préstamos a longo prazo con cargo a un fondo específico, cunha dotación que se fixa en 2.000.000 de ptas.

A contía, distribución e administración deste fondo axustarase á normativa que ó respecto estableza unha comisión paritaria do fondo social.

Artigo 45º.-Premios da seguridade e hixiene.

A empresa pasará a cantidade de 150.000 ptas. anuais para premios ós traballadores que se distinguisen no cumprimento das normas de seguridade e hixiene no traballo. Premios que serán distribuídos polo comité de seguridade e hixiene no mes de decembro.

No caso de seren declarados desertos os premios, a contía pasará a incrementar un fondo de seguridade e hixiene para acción asistencial.

Artigo 46º.-Acción sindical.

En materia sindical na empresa, estarase de acordo co previsto no Estatuto dos traballadores e no acordo marco interconfederal (AMI).

Por petición expresa das centrais sindicais, descontarse a cota sindical ós seus afiliados, logo de petición escrita destes.

Táboas 1995 Santaz Censa, S.A.

CategoríaNivelXornal

ano 1994

Incr.

3,5 %

Quenda

tarde

Prima

Asist.

Prima

Producc.

Prima

antigüidade

Persoal obreiro

Oficial de 1ª A313,2273,340601.201944,827142
Oficial de 1ª303,1633,274589.321904,706138
Oficial de 2ª283,0683,175571.501804,440134
Oficial de 3ª252,9283,030545.401714,083126
Especialista242,8732,974535.321663,958124
Peón212,8112,909523.621633,507122

CategoríaNivelXornal

ano 1994

Incr.

3,5 %

Quenda

tarde

Prima

Asist.

Prima

Producc.

Prima

antigüidade

Persoal empregado

50118,069122,201733.2124320,9565,399
49117,120121,219727.3124120,5904,299
47115,219119,252715.5123619,8565,233
46113,166117,127702.7623319,4845,157
45110,796114,674688.0422819,1225,025
42108,446112,242673.4522118,0214,909
41106,568110,298661.7921917,6544,806
40104,985108,659651.9521417,5374,705
38101,558105,113630.6820816,7934,600
37101,234104,777628.6620616,4524,538
3598,360101,803610.8219815,6664,384
3497,631101,048606.2919615,2934,315
3395,83099,184595.1019314,9204,296
3193,88397,169583.0118714,1754,191
2990,86094,040564.2417913,4294,043
2788,60991,710550.2617412,6813,919
2687,58890,654543.9217112,3093,863
2585,07988,057528.3416511,9303,689
2383,12286,031516.1916111,1803,582
2281,62784,484506.9015710,8143,499
2180,73683,562501.3715410,4403,449

Nocturnidade:

-Con horas: 1.772 ptas./noite.

-Sen horas: 2.183 ptas./noite.

Plus distancia: 300 ptas./día.

Plus xefe de equipo: 130 ptas./día

**Valor hora extra normal****Valor hora extra festiva**

CategoríaNivel0Q1Q2Q3Q4Q5Q0Q1Q2Q3Q4Q5Q

Personl obreiro

Oficial 1ª317798198598989399871,3231,3931,4611,5291,5971,677
Oficial 1ª307628028438839249701,2971,3651,4321,5021,5701,649
Oficial 2ª287297678068438839271,2391,3051,3711,4321,5021,577
Oficial 3ª256877237587958308711,1681,2291,2901,3511,4111,482
Especialista246727077437798128531,1411,2011,2631,3241,3801,449
Peón216566917277637968361,1171,1751,2361,2981,3541,421
Persoal empregado

501,1911,2541,3161,3791,4291,5002,0242,1302,2382,3452,4282,549
491,1761,2391,3001,3651,4161,4872,0002,1062,2092,3202,4072,528
471,1471,2071,2661,3291,3951,4651,9512,0532,1532,2592,3712,491
461,1471,2071,2661,3291,3951,4651,9512,0532,1532,2592,3712,491
451,1191,1771,2391,2971,3551,4221,9012,0012,1062,2032,3042,419
421,0781,1351,1921,2501,3161,3821,8341,9302,0262,1262,2382,350
411,0491,1041,1601,2131,2701,3341,7831,8771,9712,0632,1592,267
401,0441,0991,1551,2081,2651,3291,7761,8691,9632,0552,1512,258
381,0091,0621,1171,1681,2211,2811,7151,8061,8971,9852,0742,178
371,0031,0561,1101,1621,2141,2751,7051,7951,8871,9762,0652,168
359691,0201,0711,1241,1791,2391,6471,7331,8211,9112,0052,105
349511,0011,0531,1041,1741,2331,6161,7021,7891,8771,9952,095
339369851,0351,0861,1411,1981,5911,6751,7601,8471,9412,037
319059531,0031,0551,1101,1661,5391,6191,7061,7931,8871,982
298819279771,0101,0841,1381,4981,5761,6621,7181,8421,933
278569019529801,0591,1111,4551,5321,6171,6661,7991,890
268458899389631,0451,0971,4361,5111,5951,6381,7771,865
258208629139311,0201,0711,3941,4671,5521,5831,7331,820
237808218608989499971,3251,3951,4621,5291,6131,694
227688098488829369831,3061,3741,4421,5001,5901,670
217567958358679249701,2841,3511,4201,4741,5701,649

9507300