Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 10 de novembro de 1995 Páx. 8.285

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

ORDE do 30 de outubro de 1995 pola que se outorgan nomeamentos a rexistradores da propiedade para os rexistros vacantes de Carballo, Vigo número catro e O Barco de Valdeorras.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade vacantes, en virtude de concurso ordinario convocado por resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 15 de xuño de 1995 (BOE do 5 de setembro), e de conformidade cos artigos 284 da Ley hipotecaria, 513 do Regulamento para a súa execución e 17 da Lei de réxime xurídico da administración do Estado.

Visto tamén o que dispón o artigo 26.1º do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981 e o decreto da Xunta de Galicia 13/1994, do 20 de xaneiro, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes, esta consellería, para prove-los rexistros da propiedade vacantes radicados no territorio desta Comunidade Autónoma, outorga nomeamento a:

-Juan Carlos González Nieto, nº de escala 290, rexistrador de Cambados, para o rexistro de Carballo (A Coruña).

-Manuel Pérez Fernández, nº de escala 732, rexistrador de Caldas de Reis, para o rexistro de Vigo nº4.

-Jorge López Fernández, nº de escala 832, rexistrador de Yeste, para o rexistro do Barco de Valdeorras (Ourense).

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 1995.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

Sr. Director Xeral de Xustiza e Interior

95-7187