Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 10 de novembro de 1995 Páx. 8.277

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 23 de outubro de 1995 pola que se fixan os prezos de venda ó publico de diversas publicacións da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

A Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumplir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1.-Quedan aprobados os prezos de venda ó público das publicacións editadas por esta consellería que se relaciona no anexo.

2.-Estes prezos entenderanse, se é o caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 23 de outubro de 1995.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

ANEXO I

-Censo da flota pesqueira de Galicia: 1.000 ptas.

-Mecánico de litoral: 900 ptas.

-Manipulación y estiba del pescado a bordo: 900 ptas.

-Manual de radiotelefonista naval restringido: 900 ptas.

-Manipulación de productos en la industria de la conserva: 900 ptas.

-Cultivo de ostra plana en Galicia. Estudios para la mejora de la producción: 2.000 ptas.

-Estudio del ciclo biológico del percebe de las costas de Galicia: 2.000 ptas.

-Cartografía de sedimentos submarinos de la ría de Vigo: 1.200 ptas.

-Crenzas e tradicións dos pescadores galegos, británicos e bretóns: 4.000 ptas (tamén en castelán).

95-6046