Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 216 Venres, 10 de novembro de 1995 Páx. 8.277

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 236/1995 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Hidroeléctrica de Silleda, con domicilio en Silleda no que solicita autorización para instalar un C.T. no polígono industrial de Silleda, concello de Silleda, e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxección ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a Hidroeléctrica de Silleda a instalación dun C.T. no polígono industrial de Silleda, concello de Silleda.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Pontevedra, 9 de outubro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

7118