Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.218

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (99/1995).

Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela.

Dou fe de que nos autos dos que se fará mención, dictouse a sentencia cun encabezamento e parte dispositiva que din :

En Santiago de Compostela o dezanove de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

En nome de S.M. El-Rei.

Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíz do Xulgado de Instrucción número tres desta cidade, pronunciou a seguinte sentencia:

No xuízo de faltas número 99/1995, dimanante do procedemento seguido por lesións en agresión, no que foron parte ademais do Ministerio Fiscal, Mercedes de la Iglesia Gómez (denunciante), veciña da r/ Costa de Santa Isabel nº 16, 1º, Santiago de Compostela; José Manuel López Barreiro (denunciado), con paradoiro descoñecido.

Decido:

Que debo condenar e condeno a José Manuel López Barreiro como autor dunha falta de malos tratos do artigo 582 do Códio Penal con pena de quince días de arresto menor e custas.

Así, por esta miña sentencia que lles será notificada ás partes coa advertencia de que contra ela poderán interpor recurso de apelación perante este xulgado e a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días, e quedan as actuacións durante este período en secretaría a disposición das partes, ( O recurso formalizarase e tramitarase conforme o disposto nos artigos 795 e 796 da Lei de axuízamento criminal) e da que se unirá certificación ás actuacións orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioa, mándoa e asínoa:

Leonor Castro Calvo. Asinado

De conformidade co disposto no artigo 248-4º da Lei orgánica do poder xudicial, do 1 de xullo de 1985, contra a presente resolución poderán as partes interpor recurso de apelación perante o Xulgado de Instrucción, dentro de cinco días, e quedarán as actuacións durante este período en secretaría.

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, para que lle sirva de notificación a José Manuel López Barreiro, expido e asino o presente testemuño en Santiago de Compostela o dezasete de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario xudicial

Rubricado

7091