Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.218

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (133/1995-05).

Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia número dous dos de Santiago de Compostela e o seu partido,

Certifica: que en autos de proceso de cognición 133/1995 deste xulgado, seguidos a pedimento de Concepción Quintela González contra María Pilar Estévez García, sobre reclamación de cantidade, por S.S. acordouse notifica-lo nomeamento de letrado que por quenda de oficio lle correspondeu á demandada María Pilar Estévez García, que recaeu a favor do letrado Alfonso Manuel Alcalá Pérez (San Pedro de Mezonzo nº 3-5º A, Santiago de Compostela), así como o alzamento da suspensión do termo para contesta-la demanda; e fágolle saber que deberá verificalo dentro dos dous días que lle restan do emprazamento e fágolle saber que, de non verificalo no dito termo, recaerán sobre ela os prexuízos ós que houber lugar en dereito.

E para que lle sirva de notificación a María Pilar Estévez García, con último domicilio en Bando-San Marcos s/n ( Edificio Radio Galega), Santiago de Compostela, expido, selo e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o seis de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

6819