Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.219

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa 33/1995.

Ángel Pantín Reigada, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela.

Fago saber: que neste xulgado se segue procedemento especial sumario do artigo 131 da Lei hipotecaria, co número 00033/1995, promovido por Banco Hipotecario de España, S.A. contra Antonio González Torres e Amelia de Jesús Calvo nos que, por resolución desta data, se acordou sacar á venda en pública poxa o inmoble que ó final se describe, o remate do cal terá lugar na sala de audiencia deste xulgado da forma seguinte:

En primeira poxa, o día 18 de decembro próximo e ás 12 horas da mañá e servirá de tipo o pactado na escritura da hipoteca, que ascende á suma de 13.720.000 ptas.

En segunda poxa, no caso de non quedaren rematados os bens na primeira, o día 18 de xaneiro próximo, ás 12 horas da mañá, coa rebaixa do 25% do tipo da primeira.

E en terceira poxa se non se rematase en ningunha das anteriores, o día 15 de febreiro próximo, ás 12 horas da mañá, con tódalas demais condicións da segunda, pero sen suxeición a tipo.

Condicións da poxa:

1.-Non se admitirán ofertas que non cubran o tipo da poxa en primeira nin en segunda, e poderase face-lo remate en calidade de ceder a terceiros.

2.-Os que desexen tomar parte na poxa, agás o acredor executante, deberán consignar previamente na conta de consignacións deste xulgado, no Banco de Bilbao Vizcaya, nº de conta 1592 18 33 95 do xulgado, o vinte por cento do tipo expresado e sen este requisito non serán admitidos a licitación.

3.-Os autos e certificacións do rexistro ós que se refire a regra cuarta do artigo 131 da Lei hipotecaria estarán de manifesto en Secretaría; enténdese que todo licitador acepta como bastante a titulación e que as cargas e gravames anteriores e os preferentes, se os houber, ó crédito do demandante continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado na responsabilidae destes, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Bens obxecto de poxa

-Piso cuarto, sinalado coa letra A, destinado a vivenda na cuarta planta alta dunha casa s/n no lugar de Enxeriz, O Milladoiro, parroquia de Santa María de Biduído, concello de Ames. Extensión: 90 m. Linda: fronte, tomando como referencia o descanso das escaleiras, o propio descanso, caixa do ascensor, patio de luces e piso letra B; esquerda, piso letra B; dereita, muro que separa de herdeiros de José María García Iglesias; e fondo, terreo común da casa que separa da estrada da Coruña a Tui. Inscrita no rexistro da propiedade de Negreira, ó tomo 610, libro 154, folio 110, predio nº 15.445, inscrición 2ª.

Dado en Santiago de Compostela, o vintetrés de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

9507259