Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.220

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 2 de novembro de 1995 pola que se anuncia a licitación do concurso, polo procedemento aberto, das asistencias técnicas que se citan (clave N/AC/89.1.1 e sete máis).

A) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra de acondicionamento da AC-104 e AC-102. Treito: Esteiro-Felgosas.

Clave: N/AC/89.1.1.

Orzamento: catorce millóns oitocentas sesenta e seis mil novecentas oito pesetas (14.866.908 ptas.).

Prazo de execución: 15 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría a.

2. Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra de acondicionamento da AC-646. Treito: Cedeira-Campo do Hospital. N/AC/89.1 e N/AC/95.1. Travesía de Ortigueira.

Clave: N/AC/89.1.

Orzamento: dezoito millóns cento noventa e nove mil cento noventa e catro pesetas (18.199.194 ptas.).

Prazo de execución: 16 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría a.

3. Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra de acondicionamento da PO-342. Treito: Cela-Mosende.

Clave: N/PO/95.1.

Orzamento: nove millóns novecentas once mil duascentas setenta e dúas pesetas (9.911.272 ptas.).

Prazo de execución: 10 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría a.

4. Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra de acondicionamento da LU-160. Treito: Adelán-Ferreira.

Clave: N/LU/87.4.1.

Orzamento: trece millóns oitocentas setenta e cinco mil setecentas oitenta e unha pesetas (13.875.781 ptas.).

Prazo de execución: 14 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría a.

5. Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra de acondicionamento da C-630. Treito: Lastra-A Fonsagrada.

Clave: N/LU/87.2.0.2.

Orzamento: dezasete millóns oitocentas corenta mil duascentas noventa pesetas (17.840.290 ptas.).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría a.

6. Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra de acondicionamento da PO-400. Treito: As Neves-Arbo. 2ª fase.

Clave: N/PO/89.16.4.

Orzamento: once millóns oitocetas noventa e tres mil cincocentas vinteseis pesetas (11.893.526 ptas.).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría a.

7. Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra do corredor Ferrol-As Pontes. Treito: S. Sadurniño-Igrexafeita.

Clave: N/AC/87.5.3.

Orzamento: quince millóns oitocentas cincuenta e oito mil trinta e cinco pesetas (15.858.035 ptas.).

Prazo de execución: 16 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría a.

8. Asistencia técnica para o control e vixilancia da obra do corredor central. Treito: Escairón-Bacelares.

Clave: N/LU/85.2.1.3.

Orzamento: dezasete millóns oitocentas corenta mil duascentas noventa pesetas (17.840.290 ptas.).

Prazo de execución: 18 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría a.

(Declaradas urxentes de acordo co establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o prego de prescricións técnicas estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se esixen ós licitadores.

Esixirase unha fianza definitiva equivalente o 4% do orzamento de adxudicación.

A dita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme ó modelo que se lle xunta o prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposiciones.

As proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicions será realizada pola mesa de contratación ás once horas do décimo día natural que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 2 de novembro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

6984