Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 18 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se convoca información pública sobre modificación da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada entre A Coruña e Santa Comba, con anexos: V-7034; XG-408.

A empresa Automóviles Sigrás Carral, S.A.(Asicasa), titular da concesión do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-7034; XG-408, entre A Coruña e Santa Comba, con anexos, solicitou autorización para levar a cabo unha modificación de tráficos mediante a incorporación ó itinerario concesional dun anexo entre as localidades de Cerceda e Ordes.

De conformidade co establecido no artigo 79 do regulamento de execución da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, os interesados ou afectados neste expediente poderán comparecer no procedemento e, logo do exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (Estación de autobuses), efectua-las observacións que consideren oportunas no prazo de quince días contados a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

Santiago de Compostela, 18 de outubro de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

9507212