Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.221

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 31 de outubro de 1995 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, das asistencias técnicas que se citan (clave OH.088.131/AT e OH.088.133/AT).

A) Asistencia técnica.

1. Asistencia técnica para o desenvolvemento do sistema de xestión do canon de saneamento.

Clave: OH.088.131/AT.

Orzamento: vinteoito millóns seiscentas cincuenta e sete mil cento catro pesetas (28.657.104 ptas.).

Prazo de execución: 8 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría b.

2. Asistencia técnica para a explotación e mantemento da rede foronómica existente nas concas de Galicia-Costa.

Clave: OH.088.133/AT.

Orzamento: trinta millóns de pesetas (30.000.000 de ptas.).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo I, subgrupo 1, categoría b.

(Declaradas urxentes de acordo co establecido no artigo 72 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas).

B) Documentos de interese para os licitadores.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares, así como os pregos de prescricións técnicas estarán de manifesto e a disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela.

C) Garantías que se esixen ós licitadores.

Esixirase unha fianza definitiva equivalente o 4% do orzamento de contrata.

A dita fianza poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

D) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme ó modelo que se lle xunta o prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Prazo e lugar para a presentación de proposicións.

As proposicións haberán de presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo quinto día natural, que non coincida en sábado, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

F) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicions será realizada pola mesa de contratación ás dez horas do décimo día natural que non coincida en sábado, contado a partir do último día de presentación de proposicións.

G) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 31 de outubro de 1995.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

7298