Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 4 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se somete a información pública a petición de aprobación do plan eólico estratéxico que se cita, por petición de Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Advertidos erros, na resolución citada no DOG nº 211, do venres 3 de novembro de 1995, cómpre efectua-las seguintes correccións:

-No sumario, na páxina 8.085, onde di: «Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.», debe dicir: «Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.».

-Na páxina 8.115, onde di: «Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.», debe dicir: «Peticionario: Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.».

95-6822