Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.222

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 304/1995 A.T.).

Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. desde L.M.T. Salceda-Salvaterra ata a L.M.T. Entienza,coas seguintes características especiais:

Peticionario: Electra Alto Miño, S.A.

Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L.M.T. existente Salceda-Salvaterra ata a L.M.T. de Entienza, concello de Salvaterra de Miño.

Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.

Características principais: L.M.T., aérea, a 15/20 kV, de 509 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios metálicos e de formigón.

Orzamento: 2.234.644 ptas.

O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo, nº 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.

Pontevedra, 6 de setembro de 1995.

Ramón Álvarez Abad

Delegado provincial de Pontevedra

95-6958