Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.209

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 5 de xullo de 1995 pola que se aproba a ampliación da planta de engorda de rodaballo, situada no lugar de Fornelos, Cariño-Doniños, distrito marítimo de Ferrol, a favor de Acuidoro, S.L.

Vista a solicitude e proxecto presentado por Antonio Casal Sixto, no nome e representación da entidade mercantil Acuidoro, S.L., con CIF nº B-15.139.785, para ampliación de cincuenta e unha (51) piscinas en nave de 2.040 m, para engorda de rodaballo, contigua á xa existente, autorizadas pola Orde do 9-7-1987 (DOG nº 158 do 19 de agosto), con vixencia ata o 18-8-1997.

Examinado o proxecto elaborado por Javier Guillén Rodríguez, enxeñeiro industrial, colexiado nº 240, con data de agosto de 1991.

Esta consellería, de acordo coa lexislación vixente, á vista dos informes obtidos, e a proposta da Dirección Xeral de Marisqueo e Acuicultura, e logo do informe favorable do Servicio Técnico-Xurídico, resolve acceder ó solicitado, concedendo:

Autorización a Acuidoro, S.L. para a ampliación da superficie das instalacións da granxa mariña de engorda de rodaballo, situada en Fornelos, Cariño-Doniños, distrito marítimo de Ferrol, que se axustará ó proxecto de plans presentados, debendo queda-las instalacións como seguen:

Nave:

-Actual1.872 m

-Ampliación2.040 m

-Total3.912 m

Piscinas:

-Actual 30 de 5x5

12 de 3,5x3,5

-Ampliación 37 de 6x6

10 de 3,5x3,5

4 de 3,5x3

-Total 93 piscinas

Producción:

-Actual 50 Tm.

-Ampliación 90 Tm.

-Total previsto 140 Tm.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-A ampliación da granxa mariña e situación das piscinas dentro da nave corresponderase co disposto no plano anexo a esta orde; non se poderá modificar a non ser que conste permiso expreso desta consellería.

Segunda.-Os traballos de ampliación non suporán baixo ningún concepto modificación da ocupación do dominio público marítimo-terrestre autorizado. Deberanse realizar no prazo máximo de dous anos (2) e ó remate deles daráselle conta á Delegación Territorial desta consellería na Coruña.

Terceira.-As obras axustaranse extrictamente ó disposto no Real decreto 1437/1992, do 27 de novembro, polo que se fixan as normas sanitarias aplicables á producción e comercialización dos productos pesqueiros e de acuicultura.

Cuarta.-Seralle de aplicación o disposto na orde inicial de outorgamento e as disposicións legais concordantes e de categoría suficiente.

Quinta.-O outorgamento desta autorización non exime ó seu titular da obtención das licencias e outras autorizacións legalmente procedentes.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 1995.

Juan Caamaño Cebreiro

Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura

95-06183