Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 214 Mércores, 08 de novembro de 1995 Páx. 8.209

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Industria e Comercio, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 03/0008885/1995 E.M., interposto polos colexios oficiais de enxeñeiros técnicos industriais da Coruña, Vigo, Lugo e Ourense.

Para os efectos de darlle cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 03/0008885/1995 E.M., interposto polos colexios oficiais de enxeñeiros técnicos industriais da Coruña, Vigo, Lugo e Ourense contra a Orde do 22 de febreiro de 1995, sobre condicións técnicas para a execución e posta en servicio de instalacións de calefacción que utilizan gasóleo C como combustible e cunha potencia de calefacción comprendida entre 6 e 60 KW e unha capacidade máxima de almacenamento do dito combustible de 5.000 litros, e en virtude do disposto no artigo 64.1º da vixente Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, esta consellería resolveu nesta data ordena-la remisión do expediente administrativo ó dito tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas a favor das cales derivasen dereitos da orde impugnada e das que tivesen interese directo no mantemento dela, que son emprazadas para que comparezan e se constitúan en parte en autos ante a referida sala no prazo de nove días seguintes ó da publicación desta resolución, segundo dispón o devandito precepto.

Santiago de Compostela, 19 de outubro de 1995.

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria e Comercio

7027