Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.106

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (271/1990).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe de que no xuízo de cognición que se segue neste xulgado co número 271/1990, se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 31 de xullo de 1995, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil de cognición seguido neste xulgado co número 271/1990, no que actuaron como demandantes Julio Castiñeiras Peña e Juan López López, maiores de idade e veciños de Santiago de Compostela, representados pola procuradora dos tribunais Rita Goimil e asistidos polo letrado Alberto Torreiro, e como demandados comunidade de propietarios do edificio Apolo, sito na rúa do Alférez Provisional 6-8, representada polo procurador José

Paz Montero e defendida polo letrado Evaristo Nogueira Romero, Maruja Penín Vilariño, maior de idade e veciña de Santiago de Compostela, representada pola procuradora Mª del Carmen Esperanza Álvarez e defendida polo letrado José López Fernández, e a herdanza xacente e herdeiros descoñecidos e incertos de Urbano Santana Feijoo, non comparecidos nas actuacións, en reclamación de cantidade.

Decido que debo condenar e condeno a comunidade de propietarios demandada a que indemnice a parte demandante en 408.565 ptas. máis os xuros do artigo 921 LAC, con imposición á parte condenada das custas da demandante, e sen facer imposición das custas de Maruja Penín Vilariño e do resto dos codemandados, os que expresamente son absoltos das pretensións deducidas. Contra esta resolución poderase interpor recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado polo prazo de cinco días desde a notificación. Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo. Asinado e rubricado».

E para que conste e sirva de notificación ó demandado rebelde herdanza xacente e herdeiros descoñecidos e incertos de Urbano Santana Feijoo, expido e asino este edicto en Santiago de Compostela o seis de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

Rubricado.

7109