Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.106

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se anuncia a licitación mediante poxa, polo procedemento aberto por tramitación urxente, das obras que se citan (RC-AC-95.05 e catro máis).

A) Obras:

Clave: RC-AC-95.05

Título: limpieza de foxos, recargo e regas asfálticas na AC-130 Ares a Mugardos, P.K. 0,648/3,686.

Orzamento: doce millóns trescentas dez mil cincocentas oitenta pesetas (12.310.580 ptas).

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: doce meses.

Clave: RC-AC-95.06

Título: apertura de foxos, recargo e regas asfálticas na AC-133 ramal de AC-122, P.K. 2,046/5,630.

Orzamento: dezaseis millóns setecentas oitenta mil novecentas setenta e seis pesetas (16.780.976 ptas).

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: doce meses.

Clave: RC-AC-95.07

Título: tratamentos asfálticos en tramos illados da C-552. A Coruña-Fisterra e LC-402 camiño de Sta. Comba á Silva.

Orzamento: doce millóns catrocentas noventa e nove mil cincocentas vintedúas pesetas (12.499.522 ptas).

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: mes e medio.

Clave: RC-AC-95.65

Título: muros de contención na estrada AC-164, P.K. 2,200 e na estrada AC-141, P.K. 15,200.

Orzamento: sete millóns trescentas sesenta e seis mil novecentas noventa e cinco pesetas (7.366.995 ptas).

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: seis meses.

Clave: OH-95-177 Santa Comba.

Título: proxecto de abastecemento de auga a Boaña de Arriba (Sta. Comba).

Orzamento: doce millóns novecentas setenta mil setecentas cincuenta e unha pesetas (12.970.751 ptas).

Clasificación: non se esixe.

Prazo de execución: doce meses.

B) Documentación de interese para os licitadores:

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exeme, durante o prazo de presentación das proposicións, nos días e horas hábiles de oficina na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio Provincial de Contratación, edificio Administrativo de Monelos, 8º andar, na Coruña.

C) Garantías que se lles esixen ós licitadores:

Esixirase a fianza provisional indicada no apartado A, salvo nos casos establecidos na cláusula nº 14 do prego de cláusulas administrativas particulares, e unha fianza definitiva do 4% do orzamento de licitación.

D) Modelo de proposición:

Proposición económica formulada estrictamente conforme ó modelo que se une ó prego de cláusulas administrativas particulares.

E) Contido da proposición:

Segundo o indicado na cláusula nº 15 do prego de cláusulas administrativas particulares.

F) Medios de xustificación da solvencia económica e financeira:

Declaración relativa á cifra de negocios global e das obras ou traballos realizados nos tres últimos exercicios.

G) Medios de xustificación da solvencia técnica:

Declaración indicando maquinaria, material e equipo técnico, dos que disponerá o empresario, para a execución das obras.

H) Presentación de proposicións:

As proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente no Rexistro da Delegación Provincial da Coruña, antes das 14 horas do décimo terceiro

posto no Art. 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

I) Apertura de proposicións:

Terá lugar na sala de xuntas da Delegación Provincial da Coruña a partir das 10 horas do sexto día natural contado desde o seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

J) Anuncios:

Os gastos dos anuncios será por conta dos adxudicatarios.

A Coruña, 19 de outubro de 1995.

Jesús Almuíña Loeda

Delegado provincial da Coruña

95-7053