Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.107

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 20 de outubro de 1995, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinalan datas para o levantamento das actas previas á ocupación dos bens afectados polas obras de conexión de Cambados coa rede viaria de alta capacidade. (Clave: N/PO/90.4.8 concello de Ribadumia).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu apartado 2 a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia no desenvolvemento lexislativo e a execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento da presente resolución atópanse incluídas no programa de obras a realizar con cargo ó programa 413-B construcción, conservación e explotación de estradas.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda do 13 de setembro de 1995 aprobouse o correspondente proxecto de trazado.

O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 29 de setembro de 1995, acordou declara-la utilidade pública das mencionadas obras, e así mesmo, urxente a ocupación dos bens afectados por estas, para os efectos do establecido no artigo 52 da vixente Lei de expropiación forzosa.

Na súa virtude, e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954, e 55 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio en uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados que figuran na relación exposta no taboleiro de anuncios do concello que a continuación se cita, para que comparezan nos lugares, datas e horas que se detallan, para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los dereitos afectados, o valor destes, e os prexuízos dima

nantes da rápida ocupación, sen perxuízo de se trasladaren ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Lugar: Casa do Concello de Ribadumia

Día: 15 de novembro de 1995 de 9,30 a 13,30 horas.

Do predio nº 200 ó predio nº 255.

Día: 16 de novembro de 1995 de 9.30 a 13.30 horas.

Do predio nº 256 ó derradeiro predio.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persona debidamente autorizada para actuar no seu nome, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e o último recibo da contrubución, podendo facerse acompañar, pola súa conta, e se o coidan oportuno, dos seus perito e dun notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de quince día naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución ou ata o momento do levantamento da acta previa á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Pontevedra, rúa Said Armesto nº 1, as alegacións que estimen pertinentes, co obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 20 de outubro de 1995.

Enrique Pardo Landrove

Enxeñeiro xefe provincial

95-7053