Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.106

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (408/1993).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, dou fe e certifico que nos autos de xustiza gratuíta tramitados neste xulgado co número 408/1993 se dictou a sentencia que no encabezamento e parte dispositiva ten o teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela o 30 de setembro de 1995, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade, dictou a presente resolución no procedemento civil incidental de xustiza gratuíta, substanciada polos trámites do xuízo verbal, seguido neste xulgado co número 408/1993, e como peza separada do procedemento de separación do mesmo número, no que actuaron como parte demandante María Jiménez Jiménez, representada polo procurador dos tribunais Lisardo Reymóndez e asistida polo letrado José Suárez Tato, nomeados ambos de oficio, e no que se lle deu audiencia a José Amalio Montes Borja, en paradoiro descoñecido, e ó avogado do Estado.

Decido que, estimando a demanda presentada, debo declarar e declaro o dereito á xustiza gratuíta de María Jiménez Jiménez co obxecto de promover demanda de separación contra José Amalio Montes Borja, sen prexuízo do disposto nos artigos 28, 45 e 48 da LAC, declarando de oficio as custas causadas. Contra esta resolución poderase interpor recurso de apelación para ante a audiencia provincial neste xulgado, no prazo de cinco días desde a notificación, conforme o trámite previsto no artigo 733 LAC. Así, por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que así conste e sirva de notificación ó demandado, José Amalio Montes Borja, en paradoiro descoñecido, expídoo e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o cinco de outubro de mil novecentos noventa e cinco. Dou fe.

Rubricado

95-6768