Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.105

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (202/1995).

María Manuela García Jalón de la Lama, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco de Santiago de Compostela, fago constar que neste xulgado se tramita xuízo de desafiuzamento número 202/1995, sobre falta de pagamento da renta de vivenda, no que se dictou sentencia con encabezamento e decisión que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. En Santiago de Compostela o 26 de setembro de 1995, Ángel Pantín Reigada, maxistrado-xuíz titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número cinco dos desta cidade dictou a presente resolución no procedemento civil de desafiuzamento de vivenda por falta de pagamento da renda seguido neste xulgado co número 202/1995, no que actuaron como demandante María Consuelo Roca Fellonera, representada pola procuradora dos tribunais Soledad Sánchez Silva e asistida polo letrado Ramón Sabín e como demandado Antonio María Couselo Barreiro, maior de idade e veciño de Santiago de Compostela, declarado rebelde en autos.

Decido que estimando a demanda presentada, debo declarar e declaro haber lugar ó desafiuzamento solicitado e á resolución do contrato de arrendamento da vivenda descrita na demanda, e condeno o demandado a que a desaloxe con apercibimento de lanzamento se non a deixa libre en prazo legal e con expresa imposición de costas. Contra esta resolución poderá interpoñerse recurso de apelación perante a audiencia provincial neste xulgado no prazo de 3 días desde a notificación conforme o trámite escrito previsto nos artigos 733 e seguintes da LEC. Así por esta miña sentencia, xulgando definitivamente na instancia, a pronuncio, mando e asino. Rubricado ilexible».

E para que así conste e sirva de notificación a Antonio Mª Couselo Barreiro, en ignorado paradoiro, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia. E no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido a presente cédula que selo e asino en Santiago de Compostela, 26 de outubro de 1995.

O secretario

Rubricado e selado

95-6790