Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.105

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de requirimento (583/1990).

Lorenzo Villalpando Lucas, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro dos de Santiago de Compostela, e en virtude do acordado en resolución dictada nas actuacións do xuízo de faltas que neste xulgado se seguen co número 583/1990 (executoria 79/1993), sobre danos en vehículo, pola presente cédula requiro a José Baña Baña para que compareza ante este xulgado o antes posible para facer efectiva a cantidade de dez mil pesetas de multa e de dezaoito mil pesetas de indemnización a que foi

condenado, prevíndoo de que, de non o facer, recaerán sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito.

E para que sirva de requirimento en forma a José Baña Baña, o cal se acha en paradoiro ignorado, expido, selo e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o tres de outubro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-7140