Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.105

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

CÉDULA de emprazamento (316/1995).

Que nos presentes autos de divorcio 316/1995, promovidos por José Manuel Agrelo Lampón contra Manuela Lampón Santos, dictouse a resolución seguinte:

«Proposta de providencia.

Secretario del Castillo de Comas.

En Ribeira o un de setembro de mil novecentos noventa e cinco. Dada conta, por presentada a anterior demanda cos documentos que a acompañan e copias preceptivas, ás que se lles dará o seu destino legal, fórmense os oportunos autos que se rexistrarán cos da súa clase.

Admítese a trámite a demanda de divorcio que se insta, que se instruirá segundo as normas procesuais que lle son propias e confíraselle traslado á demandada Manuela Lampón Santos, para que no improrrogable prazo de vinte días compareza en autos, conteste a demanda e formule, se é o caso, reconvención, baixo apercibimento de que, se non o verificase, será declarada en rebeldía e recaerán sobre ela os prexuízos que sinala a lei. E expido para tal fin cédula que se publicará no DOG por descoñecerse o paradoiro da demandada.

Tense por comparecido e parte, na representación de José Manuel Agrelo Lampón, a procuradora Peleteiro Bandín, segundo acredita co oportuno testemuño de nomeamento en quenda de oficio, con quen se entenderán as sucesivas dilixencias na forma que determina a lei. Así o propoño e asino. Conforme: o/a xuíz/a. Ante min».

E para que lle sirva de emprazamento en legal forma a tódolos fins e termos a Manuela Lampón Santos, con domicilio ignorado, expido e asino a presente cédula en Ribeira o un de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-6791