Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.104

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE NEGREIRA

CÉDULA de emprazamento (185/1995).

En virtude do acordado polo xuíz deste xulgado en autos de xuízo de separación conxugal (5*), seguidos neste xulgado baixo o número 185/1995, por instancia de Mª Lourdes Vilar Botana, representada por Antonio Cuns Núñez, pola presente cédula emprázase a Elicio Daniel Suárez Siverio, en ignorado paradoiro para que no improrrogable prazo de vinte días, compareza en autos, defendido de letrado e representado por procurador, e conteste a demanda, formulando, se é o caso, reconvención se lle conviñer en dereito, baixo apercibimento de que de non facelo será declarado en rebeldía, seguindo os autos o seu curso sen máis oílo nin citalo, e entendéndose as sucesivas dilixencias nos estrados do xulgado.

E para a súa publicación no DOG e no taboleiro de anuncios deste xulgado, expido, selo e asino esta cédula en Negreira o vinteseis de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado

95-6692