Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.104

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO (113/1995).

Eu, Dolores Pernas Alonso, oficial en funcións de secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa, fago saber que nos presentes autos de xuízo verbal civil número 113/1995, sobre reclamación de certa cantidade, seguidos perante este xulgado por instancia de Alfonso Varela Valeña, representado pola procuradora Soledad Sánchez Silva, contra José Manuel Vázquez Varela e Mutua Madrileña, acordouse en resolución desta data citar a José Manuel Vázquez Varela, con domicilio descoñecido, para que o próximo día 6 de novembro de 1995, ás 10 horas, compareza perante este xulgado sito na Avenida de Lugo, número 45, de Arzúa, co obxecto de levar a cabo a celebración do xuízo, baixo apercibimento de que, de non verificalo, recaerá sobre el o prexuízo a que houbese lugar en dereito.

Para que sirva de citación en legal forma ó demandado José Manuel Vázquez Varela, en paradoiro descoñecido, expido a presente en Arzúa, 6 de outubro de 1995.

A secretaria

Rubricado

95-6731