Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.098

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación do convenio colectivo de ámbito provincial da empresa Burgas Distribución, S.A. de Ourense para o ano 1995.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Burgas Distribución, S.A. (nº 3200025) de Ourense para o ano 1995, con entrada nesta delegación provincial día 31 de agosto do ano que corre subscrito en representación da parte económica pola empresa e da parte social polos delegados de persoal, en xuntanza celebrada o día 18 de xullo de 1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado por Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do convenio colectivo no libro rexistro desta delegación provincial, con notificación á representación económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no BOP.

Ourense, 4 de setembro de 1995.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo para a empresa Burgas Distribución, S.A., 1995

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio será de aplicación para a empresa Burgas Distribución, S.A. e os seus traballadores.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Queda comprendido neste convenio todo o persoal relacionado coa actividade de distribución de gas butano e propano, agás o que exerza funcións de alta dirección ou alto consello e excluénse expresamente as persoas sen contrato laboral que exercen funcións de distribución con carácter de autónomos.

Artigo 3º.-Duración, prórroga, denuncia e revisión.

A duración do presente convenio será de dous anos a partir do 1 de xullo de 1995 e prorrogarase de ano en ano se non é denunciado con tres meses de

antelación ó termo da súa vixencia. A dita renuncia deberá facerse coa comunicación a que fai referencia o artigo 89 do Estatuto dos traballadores. A táboa salarial anexa establécese con vixencia do 1 de xullo de 1995 e con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 1995, cun incremento do 3% ata xullo de 1996.

O incremento salarial para o segundo ano con vixencia desde o 1 de xullo de 1996 será do 2% e con efectos retroactivos desde o 1 de xaneiro de 1996 ata o 30 de xuño de 1997.

Artigo 4º.-Garantía (ad personam).

As cantidades superiores pactadas a título persoal ou calquera outra mellora como premio de cobranza por botella ou revisión, ou calquera outra mellora que teña establecida na empresa, serán respectadas na súa totalidade.

Artigo 5º.-Compensación e absorción.

As melloras do presente convenio poderán ser compensadas ou absorbidas con calquera outra mellora voluntaria ou por disposición legal en cómputo anual, agás que expresamente se pacte o contrario. Todo iso conforme co disposto na orde ministerial do 22 de novembro de 1973, no seu artigo 10.2º, que desenvolve o Decreto 2300/73, sobre ordenación do salario.

Artigo 6º.-Xornada de traballo.

Establécese unha xornada de traballo, para todo o persoal de 40 horas semanais. Entre a empresa e a representación dos traballadores poderá pactarse unha distribución irregular da xornada sen exceder das horas fixadas neste convenio, sempre e cando se dean circunstancias de climatoloxía, temporada e/ou producción.

Artigo 7º.-Vacacións.

Establécese un mínimo de vacacións de 30 días naturais. Incluirase no salario correspondente a vacacións o plus de transporte estipulado no presente convenio.

Artigo 8º.-Retribucións.

Establécese un sistema retributivo para todo o persoal composto de: salario base (táboa anexa). Complementos salariais.

Artigo 9º.-Antigüidade.

O complemento persoal de antigüidade estará composto por cuadrienios na contía do 4% (catro por cento) do salario base.

Artigo 10º.-Plus de transporte.

Establécese un plus de transporte pagadorio mensualmente segundo a táboa salarial anexa. A este plus aplicaráselle a seguinte táboa de penalizacións en caso de asistencia ou puntualidade.

1. Por cada (2) dúas faltas de puntualidade inxustificada perderase a parte correspondente ó plus de (3) días.

2. Por cada (4) catro faltas de puntualidade inxustificadas perderase o plus correspondente a (7) sete días.

3. Por cada (5) cinco faltas de puntualidade inxustificadas perderase o total do plus mensual.

Cada (2) dúas faltas de puntualidade considerarase unha de asistencia, tendo en conta que para efectos de penalización deste plus se considerará como falta de asistencia a puntualidade superior a media hora.

Artigo 11º.-Gratificacións extraordinarias.

Consistirá en tres mensualidades do salario base, plus de transporte máis antigüidade, pagadoiras unha en xullo, unha en decembro e outra en xaneiro a marzo polos anos vencidos, como participación en beneficios.

Artigo 12º.-Horas extraordinarias.

As horas extras pagaranse incrementadas nun 75% (setenta e cinco por cento) sobre o salario que corresponde a cada hora ordinaria, agás as realizadas en días festivos e domingos en que o incremento será do 100% sobre a hora ordinaria.

Artigo 13º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará os traballadores de roupa de traballo adecuada ó tipo de labor e á época do ano.

Artigo 14º.-Excedencias.

O traballador con polo menos unha antigüidade de un ano na empresa terá dereito a que se lle recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria por un prazo maior de dous anos e non maior de cinco. Este dereito só poderá ser exercido outra vez polo mesmo traballador se transcorreron catro anos desde o final da anterior excedencia.

O traballador declarado en situación de excedencia conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa, que houbese ou se producise na empresa.

Artigo 15º.-Invalidez provisional.

O traballador declarado en situación de invalidez provisional terá dereito á reincorporación ó traballo en canto cese a devandita situación. O prazo de reincorporación ó traballo será de dous meses a partir do cesamento en situación de invalidez provisional.

Artigo 16º.-Incapacidade laboral transitoria.

En caso de accidente laboral e hospitalización, a empresa está obrigada a satisface-lo complemento necesario para que, computando o que con cargo á Seguridade Social, por prestación económica de ILT, alcance o 100% do salario establecido no presente convenio.

Cláusulas adicionais

Primeira. Establécese como rendemento normal de reparto o seguinte: botellas de 12,5 kg: 75 botellas/día; botellas de 35 kg: 40 botellas/día, para un equipo de dous.

Para efectos de revisións establécese como rendemento normal o de 20 revisións por día.

Os ditos rendementos deberán ser considerados en condicións normais en canto a climatoloxía, estado de vehículos e tempada, ou calquera outro motivo non imputable ó traballador.

Segunda. Para efectos económicos o presente convenio entra en vigor o 1 de xaneiro de 1995, co que aqueles se retrotraerán á dita data.

Terceira. O presente convenio é asinado polo representante legal dos traballadores e a dirección da empresa, de conformidade coa lexitimación prevista na Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores.

Táboa salarial para 1995 (3% incremento)

CategoríaSalario BasePlus transporte

Encargado xeral87.2557.702
Xefe de contabilidade83.6867.702
Encargado almacén81.6857.702
Xefe de negociado81.6857.702
Oficial de 1ª81.6857.702
Oficial de 2ª79.8877.702
Oficial mecánico83.3387.702
Cobrador72.9927.702
Conductor de remolque83.6867.702
Conductor camión pegaso83.6867.702
Conductor camión reparto83.3387.702
Mecánico instalador81.1827.702
Mecánico visitador81.6857.702
Conductor de carretilla81.6857.702
Mozo de reparto74.7217.702
Mozo de almacén74.7217.702
Garda72.2847.702
Aprendiz67.4127.702
Xefe administrativo81.6857.702
Oficial administrativo78.1757.702
Aux. administrativo74.7217.702
Telefonista de pedidos74.7217.702

Táboa salarial para 1996 (2% incremento)

CategoríaSalario BasePlus transporte

Encargado xeral89.0007.856
Xefe de contabilidade85.3607.856
Encargado almacén83.3197.856
Xefe de negociado83.3197.856
Oficial de 1ª83.3197.856

CategoríaSalario BasePlus transporte

Oficial de 2ª81.4857.856
Oficial mecánico85.0057.856
Cobrador74.4527.856
Conductor de remolque85.3607.856
Conductor camión pegaso83.3607.856
Conductor camión reparto85.0057.856
Mecánico instalador82.8067.856
Mecánico visitador83.3197.856
Conductor de carretilla83.3197.856
Mozo de reparto76.2157.856
Mozo de almacén76.2157.856
Garda73.7307.856
Aprendiz68.7607.856
Xefe administrativo83.3197.856
Oficial administrativo79.7387.856
Aux. administrativo76.2157.856
Telefonista de pedidos76.2157.856

9506180