Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.092

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 31 de agosto de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo dos servicios municipais de aparcamento e retirada e depósito de vehículos.

Visto o expediente do convenio colectivo dos servicios municipais de aparcamento e retirada e depósito de vehículos, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 24-8-1995, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa o día 28-7-1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º da Lei

8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 31 de agosto de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito funcional.

O presente convenio regula as relacións laborais entre as empresas concesionarias de servicios municipais de regulación de aparcamento e/ou retirada de vehículos da vía pública e a súa posterior custodia e o seu persoal.

Artigo 2º.-Ámbito xeográfico.

O ámbito xeográfico deste convenio circunscríbese á provincia da Coruña.

Artigo 3º.-Duración.

O convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 1995 e a súa vixencia estenderase ata o 31 de decembro de 1997.

Artigo 4º.-Denuncia.

Calquera das partes asinantes poderá denuncia-la expiración da vixencia do citado convenio, debendo facelo cun mínimo de 3 meses antes do respectivo vencemento.

A denuncia efectuarase mediante comunicación que faga fe á outra parte e mais á Dirección Provincial de Traballo.

De non mediar denuncia anticipada del, prorrogarase automaticamente e levará consigo o incremento de tódolos conceptos económicos pactados, equivalente ó IPC constatado a 31 de decembro de 1997 máis 0,5 puntos, mantendo a súa vixencia na totalidade ata novo acordo.

Artigo 5º.-Vinculación á totalidade.

No suposto de que a xurisdicción laboral declarase contrario ás disposicións legais vixentes no momento da sinatura do convenio algún dos seus pactos, este quedará nulo na súa totalidade, comprometéndose ámbalas partes a renegocialo.

* Cláusula de desvinculación salarial.

Os compromisos en materia salarial contidos no presente convenio serán de aplicación para tódalas empresas afectadas polo ámbito funcional.

Para as empresas ou concesións que pretendan acollerse á cláusula regulada no presente artigo, establécense os seguintes mecanismos:

1. Negociación coa representación legal dos traballadores e na comisión paritaria do convenio.

2. Mecanismos do AGA.

Ós ditos mecanismos aportaráselle-la seguinte documentación:

1. Acreditación por medio da contabilidade oficial dos resultados dos tres últimos exercicios nos que se demostre que mediante eles se producen perdas reais.

2. Plan de viabilidade para o período para o que se pretende a aplicación da dita cláusula de exención e a xustificación económica e a súa repercusión real na mellora global dos resultados da empresa.

Os representantes legais dos traballadores, así como os seus asesores, están obrigados a tratar e manter na maior reserva a información recibida e mailos datos ós que tivesen acceso, como consecuencia do establecido nos parágrafos anteriores, observando, respecto de todo isto, sixilo profesional.

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

1. Co obxecto de velar pola correcta aplicación e cumprimento do contido do presente convenio, créase unha comisión mixta paritaria que entenderá de tódalas cuestións relacionadas coa interpretación das normas contidas nel.

2. A comisión mixta paritaria estará formada por 2 traballadores e 2 representantes da empresa. Cada parte poderá nomear un asesor que terá voz pero non voto.

3. Para que exista acordo requirirase o voto acorde da metade máis un dos membros da comisión.

4. Das reunións celebradas pola comisión levantarase acta na que figurarán as decisións tomadas, debendo ser asinadas as actas pola totalidade dos membros asistentes a elas.

5. A comisión reunirase cando o solicite unha das partes.

Capítulo II

Xornada laboral

Artigo 7º.-Xornada.

A xornada ordinaria en cómputo anual será de 1.800 horas efectivas. Os traballadores que realicen a súa actividade en domingos ou festivos cobrarán o día traballado cun recargo de:

-Para o ano 1995, un recargo do 30% sobre tódolos conceptos retributivos.

-Para o ano 1996, un recargo do 40% sobre tódolos conceptos retributivos.

-Para o ano 1997, un recargo do 50% sobre tódolos conceptos retributivos.

Artigo 8º.-Horarios.

As quendas de traballo poderán ser continuadas ou partidas. Naquelas que se realicen de forma continuada haberá un período de descanso de 30 minutos.

Entre quenda e quenda de traballo terán que transcorrer como mínimo 12 horas.

Os días de descanso, en cómputo anual, serán os mesmos para todo o persoal.

A organización do traballo é competencia da empresa, aínda que os cadrantes do traballo serán negociados entre o comité de empresa ou delegados de persoal e a parte empresarial, sendo obrigatorio a súa exposición nos taboleiros de anuncios de cada centro de traballo con 15 días de antelación.

* Nocturnidade.

Todo traballador que realice traballo nocturno será compensado cunha cantidade equivalente ó 30% do salario base. A nocturnidade será desde as 22.30 horas ata as 6.30 horas. Os traballadores que realicen servicios en concellos limítrofes e teñan unha xornada de traballo que supere as 4 horas nocturnas, terán dereito ó 30% do salario base.

Artigo 9º.-Vacacións.

Todo o persoal desfrutará de vacacións retribuídas de 30 días naturais. Aqueles traballadores cunha antigüidade inferior a un ano desfrutarán dos días correspondentes por vacacións de forma proporcional á súa antigüidade.

O calendario de vacacións será pactado entre a empresa e a representación dos traballadores. Para tal efecto os representantes dos traballadores presentarán unha proposta de cadro de vacacións antes do 30 de outubro de cada ano.

Os recepcionistas de depósito desfrutarán das súas vacacións entre os meses de maio e setembro e serán de 30 días.

Artigo 10º.-Permisos e licencias.

Os traballadores poderán gozar de permisos retribuídos nos seguintes casos:

-Por nacemento de fillos: 4 días.

-Por casamento do traballador: 16 días.

-Por enfermidade grave ou falecemento do cónxuxe ou parella estable e ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 4 días.

-Por casamento de fillo ou pais: 1 día.

-Cando se teña que realizar un desprazamento de máis de 300 km corresponderanlle 2 días máis en cada caso.

-Por traslado de domicilio habitual: 2 días.

-En caso de visita médica nos servicios da Seguridade Social e mediante xustificación de consulta, concederase o tempo necesario para ela.

-O traballador terá dereito a desfrutar de xornada retribuída de 6 días de asuntos propios para o ano

1995, 7 para os anos 1996 e 1997. Como requisito para a súa adxudicación esixirase a súa petición por escrito cunha anticipación de 48 horas, como mínimo. Cando a petición dalgún destes días se realice por máis do 10% do cadro de persoal activo nesa data, a representación dos traballadores e da empresa abordarán as condicións precisas para o seu desfrute; entre ámbalas partes concretaranse as normas e excepcións a este artigo.

Excepcionalmente poderase solicitar, por causa de máxima urxencia, no mesmo día.

Capítulo III

Emprego, contratación e ascensos

Artigo 11º.-Ascensos e promoción.

Cando na empresa se produzan vacantes, se creen ou aumenten certos postos de traballo (tanto mandos intermedios como de categorías medias), antes de contratar a persoas alleas a ela tratarase de cubrir estas prazas con traballadores do cadro de persoal, pasándose a cubri-la vacante que estes orixinen polas novas contratacións.

Cando un traballador realice traballos de categoría superior durante máis de 90 días ininterrompidos ou de 120 días alternos dentro do mesmo ano, concederáselle a categoría superior, figurando con ela no correspondente escalafón.

Tódolos traballadores terán dereito á formación profesional e promoción no traballo, segundo establece o Estatuto dos traballadores nos seus artigos 22 e 23.

Tódolos traballadores que realicen estudios, regulados ou non regulados, poderán solicitar quenda de traballo adecuada a eles. A súa concesión, logo de estudio e aprobación, realizarase por acordo entre os representantes dos traballadores e a empresa. Os permisos necesarios serán de 1 hora retribuída durante a duración do curso. Deberase presentar xustificante da duración do dito curso así como do seu horario.

Para concorrer a exames facilitarase o tempo necesario retribuído, sendo imprescindible a presentación do xustificante de asistencia ós mencionados exames.

Capítulo IV

Axudas sociais

Artigo 12º.-Incapacidade laboral transitoria (ILT).

Para os supostos de incapacidade laboral transitoria acórdase o seguinte:

Durante as ausencias por incapacidade laboral transitoria, a empresa aboará ó seu cargo, a partir do primeiro día en caso de accidente de traballo, e partir do 11º día para o ano 1995 e do 8º día para os anos 1996 e 1997, nos casos de enfermidade común ou accidente non laboral, durante o tempo que se manteña a situación de ILT, un complemento ás prestacións da Seguridade Social de tal forma que entre ambos se cubra o 100% da retribución bruta polos conceptos de soldo do convenio, complementos de posto de traballo e antigüidade.

No caso de hospitalización e durante esta, a empresa aboará ó seu cargo a partir do primeiro día un complemento das prestacións da Seguridade Social de tal forma que entre ambos se cubra o 100% da retribución bruta polos conceptos de soldo do convenio, complementos do posto de traballo e antigüidade.

Artigo 13º.-Xubilación.

Será recomendada ós 64 anos, sempre que o traballador teña cuberto o período de carencia na Seguridade Social. Con tal fin e segundo o estipulado no Real decreto 1194/85, a empresa comprométese a substituí-lo traballador xubilado por outro contratado nas mesmas condicións.

Establécese para o persoal que se xubile anticipadamente unha gratificación na contía seguinte:

-Ós 63 anos: 350.000 ptas.

-Ós 62 anos: 400.000 ptas.

-Ós 61 anos: 500.000 ptas.

-Ós 60 anos: 600.000 ptas.

Capítulo V

Dereitos sindicais

Artigo 14º.-Información sobre a contratación.

A dirección da empresa estará obrigada a facilitarlles ós representantes sindicais información periódica sobre contratación, que incluirá:

-Previsións en materia de emprego e contratación.

-Modalidades de contratación.

-Grao de cumprimento das previsións anteriores.

Esta información entregarase trimestralmente.

Os sindicatos asinantes do presente convenio serán consultados previamente á adopción de decisións empresariais en materia de:

-Número de traballadores que se van contratar.

-Modalidades de contratos e número deles.

-Data de celebración dos contratos e duración deles.

-Modo de selección de persoal.

* Liquidación de contratación.

O preaviso de extinción de contrato deberá ir acompañado de proposta de liquidación con 15 días de antelación ó momento do cesamento, que deberá especificar con toda claridade os conceptos debidos ó traballador, correspondentes a atrasos de convenio e os derivados da aplicación da cláusula de revisión.

Os membros do comité de empresa poderán acumula-las horas entre si.

O sindicato que teña 20 afiliados e a sección sindical constituída terán dereito a 16 horas mensuais.

Capítulo VI

Seguridade e hixiene

Artigo 15º.-Comité de seguridade e hixiene.

Nesta empresa deberase elixir un comité de seguridade e hixiene. Será o comité de empresa ou os delegados de persoal os que se ocuparán da súa tramitación.

Artigo 16º.-Vestiario.

* Servicio de guindastre:

-Roupa de augas.

-Un xersei para o inverno.

-Un par de botas con protección para o inverno.

-Dúas camisas de manga longa para o inverno.

-Dúas camisas de manga curta para o verán.

-Dous pantalóns de entretempo.

-Un par de zapatos con protección para o verán.

-Guantes e guantes de auga, segundo as necesidades.

-Dous brazaletes reflectantes.

-Dúas chaquetas de entretempo, facendo xogo cos pantalóns.

* Servicio de ORA:

-Un anorak impermeable con capucha.

-Dous pantalóns.

-Dúas saias.

-Dúas camisas de manga longa para o inverno.

-Dúas camisas de manga curta para o verán.

-Un xersei de la para o inverno.

-Unha chaqueta facendo xogo coa saia ou o pantalón.

-Un par de zapatos para o verán.

-Un par de zapatos para o inverno.

-Unha gravata.

-Dous pares de calcetíns de verán.

-Medias para o persoal feminino.

-Unha gorra.

-Unha funda impermeable para a gorra.

-Reflectantes.

As roupas de traballo e mailo calzado serán renovables de ano en ano.

Se os traballadores, por necesidades físicas e prescrición facultativa, precisasen modificacións na súa roupa de traballo, estas serían efectuadas con cargo á empresa.

Artigo 17º.-Asistencia xurídica.

Tódolos traballadores terán dereito a que a empresa lles proporcione a asistencia dun avogado e un procurador desde o inicio á fin do proceso xurídico, nos casos en que, pola prestación e durante o desenvolvemento do seu cometido, se producise algún tipo de agresión por terceiros, alleos á empresa, sempre que o traballador non incorrese en neglixencia ou comportamento doloso ou culposo.

Todo traballador que acuda a un xulgado ou comisaría de policía no seu período de descanso ou de vacacións, sempre que sexa por circunstancias laborais, será compensado por outro período de descanso ou vacacións. Este período será equivalente ó tempo que permaneceu no xulgado, con xustificación por parte do traballador da súa asistencia ó dito xulgado ou comisaría de policía.

Artigo 18º.-Retirada do carné de conducir.

a) Todo conductor ó que por causa da súa diminución física lle fose denegada a renovación do carné de conducir, pasará a desempeñar funcións doutra categoría; continuará percibindo o salario que lle correspondese nese momento, aínda que se lle aplicará a porcentaxe que lle corresponda pola súa antigüidade. No momento en que a retribución bruta mensual sen antigüidade da súa nova categoría sexa superior á súa retribución bruta mensual pasará a cobrar segundo o establecido para o seu novo posto de traballo.

b) No caso de que ó conductor lle fose retirado o carné de conducir, ou non lle fose renovado como consecuencia dun accidente de traballo, e sempre que isto se deba a conducir un vehículo da empresa e por orde e conta dela, non impedirá que entre tanto siga percibindo o salario que por categoría lle corresponda.

O anteriormente disposto non será de aplicación nos casos en que medie imprudencia temeraria ou embriaguez.

Artigo 19º.-Seguro de morte ou invalidez.

Establecerase unha póliza de seguros por morte ou invalidez derivada de accidente de traballo, para tódolos traballadores das empresas durante a súa permanencia en activo nelas, consistente nunha indemnización de 4.000.000 de ptas. A póliza producirá efectos desde a sinatura do convenio. As primas dese seguro corren a cargo da empresa, a cal lles deberá dar copia ós representantes legais dos traballadores.

Póliza por morte natural ou accidente non laboral: 1.500.000 ptas.

Indemnización por falecemento. A empresa aboará tres mensualidades compostas por salario base, antigüidade e plus de convenio en caso de falecemento de calquera traballador en activo, as cales se lles entregarán ós familiares ou ás persoas que con el convivan habitualmente.

Á parte destas tres mensualidades, as empresas aboaranlles ós ditos familiares o salario, antigüidade e plus de convenio do mes completo no que faleza sen ter en conta o día en que tal feito ocorra. A cantidade a aboar por loito será de 100.000 ptas.

Artigo 20º.-Protección ó embarazo.

A traballadora xestante terá dereito a ocupar durante o seu embarazo un posto de traballo e unha quenda distintos ós seus se existe prescrición do facultativo que atende o embarazo, sen modificación de categoría nin mingua dos seus dereitos económicos.

En caso de baixa por ILT durante o embarazo, a traballadora terá dereito a percibi-lo 100% de tódolos conceptos salariais.

A traballadora embarazada terá dereito a permisos retribuídos para preparación ó parto, así como a elixi-la data das súas vacacións regulamentarias.

Artigo 21º.-Pagas extraordinarias.

Establécense dúas pagas extraordinarias que se denominarán de verán e de Nadal, en contía de salario

base e antigüidade. Estas pagas percibiranse nas primeiras quincenas de xullo e de decembro, respectivamente.

Artigo 22º.-Paga de compensación social.

A empresa aboará unha paga de compensación social de 30.000 ptas. para o ano 1995, que se aboará na 2ª quincena do mes de marzo de 1996.

Para o ano 1996 a paga de compensación social será de 36.000 ptas. e aboarase na 2ª quincena do mes de marzo de 1997.

Para o ano 1997 a paga de compensación social será de 42.000 ptas. e aboarase na 2ª quincena do mes de marzo de 1998.

Artigo 23º.-Antigüidade.

O persoal afectado polo presente convenio devengará as antigüidades de acordo coas seguintes táboas:

-De 3 a 6 anos: 5%.

-De 6 a 9 anos: 10%.

-De 9 a 12 anos: 15%.

-De 12 a 15 anos: 20%.

-De 15 a 18 anos: 25%.

-De 18 a 21 anos: 34%.

-De 24 ou máis anos: 58%.

Artigo 24º.-Quebranto de moeda.

Este plus percibirano os traballadores que efectúen labores de cobramento e será de 60 pesetas por vehículo se a taxa se cobrou na rúa. Este labor encomendaráselle, salvo excepcións, ós auxiliares de conductor en guindastres cando a dotación sexa de dúas persoas, sendo misión do conductor naqueles vehículos destinados a unha soa persoa, facilitándolle ó traballador a cantidade de 5.000 ptas. para cambios.

Con respecto ó plus que lles correspondería ós recepcionistas de depósito, este sería o resultado de lle aplicar ó total do diñeiro manexado mensualmente unha porcentaxe de:

-0,40% para 1995.

-0,50% para 1996.

-0,50% para 1997.

Estas cantidades serán percibidas en ámbolos casos, durante os meses de traballo efectivo.

Artigo 25º.-Subrogación.

Este artigo ten como finalidade garanti-la estabilidade no emprego dos traballadores deste sector. Cando unha empresa cesa na adxudicación dos servicios contratados dun cliente, público ou privado, por rescisión, por calquera causa, do contrato de arrendamento de servicios, a nova empresa adxudicataria está, en todo caso, obrigada a subrogar a tódolos traballadores do cadro de persoal, calquera que sexa a modalidade de contratación deles e a súa categoría laboral. A relación de traballadores no cadro de per

soal constatarase mediante a presentación dos seguros sociais (Modelo TC-2).

Artigo 26º.-Aplicación da ordenanza laboral de transportes para o servicio de retirada de vehículos.

As partes asinantes do convenio acordan que o texto da vixente ordenanza laboral para as empresas do transporte por estrada do 20-3-1971, seguirá sendo de aplicación ós traballadores e empresarios afectados polo presente convenio, con carácter subsidiario e supletorio, no non regulado polo convenio, durante a vixencia dela.

Así mesmo, en todo o non previsto no presente convenio observarase o regulado nas demais disposicións legais aplicables de carácter xeral, en tanto non se opoñan ó pactado no convenio.

Artigo 27º.-Modelo de recibo de salarios.

O recibo individual de salarios axustarase ó modelo que se insire como anexo ó presente convenio colectivo.

Capítulo VII

Retribucións

-Plus de actividade

A empresa aboará un plus de actividade ás categorías de vixilante ORA, recepcionista depósito, axudante guindastre e auxiliar administrativo, en contía de:

-Ano 1995: 2.000 ptas. mensuais.

Ano 1996: 4.000 ptas. mensuais.

Ano 1997: 6.000 ptas. mensuais.

-Plus de transporte.

A empresa aplicará para o ano 1995 un incremento de 1.038 ptas. mensuais no plus de transporte correspondente ás categorías de conductor de 2ª e administrativo de 2ª. Este incremento será con carácter retroactivo desde o 1 de xaneiro de 1995.

-Aumento salarial.

Ano 1995.

Acórdase un incremento do 4,5% calculado sobre tódolos conceptos retributivos. A cantidade resultante deste incremento sumarase ó salario base.

Ano 1996.

Acórdase un incremento do IPC do ano 1995 constatado polo INE calculado sobre tódolos conceptos retributivos, excepto o plus de actividade, para as seguintes categorías: vixilante ORA, recepcionista depósito, axudante guindastre e auxiliar administrativo. A cantidade resultante deste incremento sumarase ó salario base.

Ano 1997.

Acórdase un incremento do IPC do ano 1996 constatado polo INE máis 0,5 puntos, calculado en tódolos conceptos retributivos, excepto no plus de actividade, para as seguintes categorías: vixilante ORA, recep

cionista depósito, axudante guindastre e auxiliar administrativo.

-Revisión salarial.

Ano 1995.

No caso de que o IPC establecido polo INE rexistrase o 31 de decembro de 1995 un incremento superior do 4,5%, efectuarase automaticamente unha revisión salarial axiña que se constate oficialmente esa circunstancia, na contía exacta do exceso porcentual sobre o citado 4,5%. A dita diferencia aplicarase á táboa salarial desde o 1 de xaneiro de 1995.

Ano 1996.

No caso de que o IPC establecido polo INE o 31 de decembro de 1996, superase ó IPC de data 31 de decembro de 1995, efectuarase automaticamente

unha revisión salarial axiña que se constate oficialmente esta circunstancia, na contía exacta do exceso porcentual. A dita diferencia aplicarase á táboa salarial desde o 1 de xaneiro de 1996.

Ano 1997.

No caso de que o IPC establecido polo INE máis 0,5 puntos rexistrase a 31 de decembro de 1997 un incremento superior ó IPC de data 31 de decembro de 1996 máis 0,5 puntos, efectuarase automaticamente unha revisión salarial axiña que se constate oficialmente esa circunstancia, en contía exacta do exceso porcentual. A devandita diferencia aplicarase á táboa salarial desde o 1 de xaneiro de 1997.

As cantidades resultantes aboaranse na nómina do mes seguinte de constatación oficial do índice motivador da revisión.

Táboas salariais ano 1995

CategoríasSalario

bruto/95

Salario

base

Pluses en nómina

Incen.Activi.Transp.

Técnic. Mantem.145.802104.0779.50011.50020.750

Conductor 1ª
Administr. 1ª140.287102.78716.00010.00011.500
Mecánico 1ª
Recadador servicio ORA

Conductor 2ª

118.48885.45015.0008.00010.038
Administr. 2ª

Vixiante ORA
Recep. Repos.
Axte. guindastre100.63578.59710.0002.00010.038
Aux. Adtvo.

Retribucións brutas anuais correspondentes á táboa salarial 1995

Técnico de mantemento 1.957.773 ptas.

Conductor 1ª.

Administrativo 1ª.

Mecánico 1ª.

Recadador servicio ORA 1.889.018 ptas.

Conductor 2ª.

Administrativo 2ª 1.592.756 ptas.

Vixiante ORA.

Recepcionista depósito.

Axudante guindastre.

Auxiliar administrativo 1.364.814 ptas.

Estes salarios están calculados nos conceptos recollidos na táboa salarial, non incluíndose, polo tanto, as antigüidades nin a paga de compensación social. Os importes destes dous conceptos incrementaranse ás retribucións brutas arriba indicadas.

Nocturnidades

CategoríasPor díaPor mes

Técnico mantemento1.04131.223

Conductor 1ª
Administrativo 1ª1.02830.836
Recadador servicio ORA

Conductor 2ª
Administrativo 2ª85425.635

Vixiante ORA
Recepcionista depósito78623.579
Axudante guindastre
Axuiliar administrativo

Paga de compensación social

Ano 1995 30.000 ptas.

Ano 1996 36.000 ptas.

Ano 1997 42.000 ptas.

95-06049