Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 211 Venres, 03 de novembro de 1995 Páx. 8.091

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de outubro de 1995, da Dirección Xeral de Industria, pola que se lle outorga a Repsol Butano, S.A. a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de construcción do centro de almacenamento e rede de distribución de GLP no termo municipal de Sarria (Lugo).

Por orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de outubro de 1995 outorgóuselle a Repsol Butano, S.A. a concesión administrativa para a prestación do servicio público de subministración de gas propano comercial no termo municipal de Sarria.

Repsol Butano, S.A., ó abeiro do establecido na Lei 10/1987, do 15 de xuño, no Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles e para os efectos previstos no seu artigo 20 do mesmo, en relación co Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, solicitou da Dirección Xeral de Industria a aprobación do proxecto de construcción e a autorización das instalacións descritas nel e que se relacionan a continuación:

-A estación de G.L.P., que se situará en terrenos municipais, estará constituída por 3 depósitos aéreos de 59,40 m de capacidade.

-A rede de distribución, soterrada na súa totalidade e cunha lonxitude de 5.450 m, deseñada para a futura distribución de gas natural e composta por tubo de polietileno SDR 11, con distintos diámetros segundo as necesidades de consumo.

O orzamento total ascende a setenta e nove millóns cento noventa mil pesetas (79.190.000 ptas.).

Cumpridos os trámites regulamentarios no expediente instruído para o efecto, logo de informe favorable da Delegación Provincial de Lugo desta consellería, a Dirección Xeral de Industria, en virtude do establecido na Lei 10/1987, do 15 de xuño, de disposicións básicas para un desenvolvemento coordinado de actuacións en materia de combustibles gasosos; o Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro; o Decreto 1775/1967, do 22 de xuño, sobre réxime de instalación, ampliación e traslado de industrias,

RESOLVO:

Autoriza-las instalacións e aproba-lo proxecto de referencia de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-En todo momento deberase cumprir canto establece o Regulamento xeral do servicio público de gases combustibles, aprobado polo Decreto 2913/1973, do 26 de outubro, e normas que o executan; o Regulamento de redes e acometidas de combustibles gasosos, aprobado pola orde do Ministerio de Industria do 18 de novembro de 1974 e disposicións complementarias e modificadoras; o Regulamento sobre instalacións de almacenamento de gases licuados do petróleo (GLP) en depósitos fixos para o seu consumo en instalacións receptoras, aprobado pola Orde do 29 de xaneiro de 1986; a Orde do 5 de outubro de 1995, da Consellería de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, pola que se outorgou a correspondente concesión administrativa a Repsol Butano, S.A. e demais normativa e directrices vixentes.

Segunda.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será dun ano a partir da data desta resolución.

Terceira.-As instalacións que se autorizan realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa concesionaria, subscrito polo enxeneiro industrial José Alfonso Lodeiro del Pozo, cun orzamento de setenta e nove millóns, cento noventa mil pesetas.

Cuarta.-A compañía subministradora Repsol Butano, S.A. facilitará ó servicio de bombeiros, concello e ós organismos con competencia en materia de protección civil, copia dos planos de situación das canalizacións e características principais destas. Esta documentación será copia da que terá actualizada en arquivo a compañía subministradora durante o período de explotación, de acordo co establecido no Regulamento de redes e acometidas de combustibles gaso

sos e demais disposicións complementarias e modificadoras.

Quinta.-Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Lugo inspeccionará a totalidade das obras e montaxes afectadas. Previo ó levantamento da acta de posta en marcha solicitará da empresa distribuidora os ensaios e probas oportunas, así como o certificado de dirección e terminación de obra, asinado por técnico competente e visado polo colexio oficial correspondente, no que conste que a construcción e montaxe das instalacións se efectuaron de acordo co proxecto correspondente, acreditando así mesmo, expresamente, o cumprimento das condicións técnicas e prescricións regulamentarias de aplicación.

Sexta.-Repsol Butano, S.A. iniciará a subministración de gas nun prazo de un mes contado a partir da data en que a delegación provincial formalice o acta de posta en marcha.

Sétima.-As instalacións receptoras de gas cumprirán a normativa específica aplicable para a súa posta en servicio.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Novena.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1175/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas pola extinción da concesión da que dimana ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, se é o caso, recurso ordinario ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo de un mes contado a partir da súa publicación.

Santiago de Compostela, 16 de outubro de 1995.

Joaquín del Moral Crespo

Director xeral de Industria

95-6047