Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 02 de novembro de 1995 Páx. 8.052

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 29 de agosto de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do sector de industrias de carpintería e ebanistería.

Visto o expediente do convenio colectivo industrias de carpintería que tivo entrada nesta delegación provincial o día 17-8-1995, subscrito en representación da parte económica pola Asociación Provincial de Empresarios de Carpintería e Ebanistería e, da parte social por UGT, CC.OO e CIG o día 10-7-1995, e de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 29 de agosto de 1995.

Fernando Rodríguez Corcoba

Delegado provincial da Coruña

Convenio colectivo para as industrias de carpintería e ebanistería da provincia da Coruña 1995

Artigo 1º.-Ámbito territorial e funcional.

O presente convenio é de ámbito provincial, aplicándose ás empresas que, na provincia da Coruña, dedicadas á actividade de carpintería e ebanistería, non estean afectadas por outro convenio de ámbito superior.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

Regulará as relacións laborais entre os traballadores e as empresas incluídas no seu ámbito territorial e funcional.

Artigo 3º.-Vixencia e duración.

O convenio entrará en vigor con efectos económicos do 1 de xaneiro de 1995 e prolongará a súa vixencia ata o 31 de decembro de 1995.

Así mesmo e no suposto de que se chegue a asinar un convenio do mesmo ámbito funcional para a tota

lidade da Comunidade Autónoma de Galicia, este convenio deixaría de ter vigor desde o momento en que iniciase a súa vixencia o de ámbito superior.

Artigo 4º.-Denuncia e prórroga.

Establécese como día límite para a denuncia deste convenio o 31 de outubro de 1995.

Prorrogarase por períodos sucesivos anuais se ningunha das partes o denuncia dentro do prazo previsto no parágrafo anterior.

Artigo 5º.-Revisión e garantía salarial.

No suposto de que o IPC establecido polo INE superase o 31 de decembro de 1995 o 3,5% respecto ó mesmo día de 1994, revisaranse as táboas salariais na porcentaxe que supere o mencionado índice, calculando sobre as bases do convenio de 1994, a revisión non terá efectos retroactivos, servindo soamente de base para a negociación de 1996.

Artigo 6º

As normas que contén este convenio regularán as relacións entre os traballadores e as empresas afectadas por el, e canto nel non estea previsto regularase na ordenanza laboral de industrias da madeira, Estatuto dos traballadores e disposicións xerais de dereito.

Artigo 7º.-Garantía ad personam.

Respectaráselles a tódolos traballadores as situacións laborais actualmente consolidadas no seu conxunto, en canto determinen maiores dereitos dos concedidos neste convenio nas materias obxecto de regulación.

Artigo 8º.-Comisión mixta.

Para efectos de vixilancia e control de aplicación das normas contidas neste convenio, constitúese unha comisión mixta, integrada por cinco representantes por cada unha das partes.

Esta comisión mixta será un órgano de interpretación, arbitraxe e vixilancia da aplicación e cumprimento do presente convenio, coas seguintes funcións específicas:

-Interpretación auténtica do convenio.

-Arbitraxe dos asuntos que lle sexan sometidos por acordo de ámbalas partes.

-Vixilancia do pactado.

-Seguimento de evolución das relacións das partes contratantes.

-Entender cantas cuestións tendan á maior eficacia da práctica do convenio.

-As resolucións adaptadas de común acordo terán carácter vinculante; en caso de dúbida a comisión mixta elevará consulta á autoridade laboral competente.

-A comisión mixta celebrará reunións cantas veces sexa necesario e logo de acordo das partes en canto á data, lugar e hora.

-Os vocais e suplentes serán designados entre as respectivas representacións negociadoras do convenio.

Poderán utiliza-los servicios de asesores en materia da súa competencia.

-A parte social e económica conveñen en lle dar coñecemento á comisión de cantas dúbidas, discrepancias e conflictos se puidesen producir como consecuencia da interpretación do presente convenio colectivo.

Traballadores: Jesús María Calvo Romero (UGT), Ezequiel Cancela Martínez (CIG), José Luis Paz Pena (CC.OO)

Empresarios: Cándido Hermida Campos, Antonio de Castro Goyanes, Ramón Caramés Seoane.

Capítulo II

Artigo 9º.-Condicións económicas.

As condicións retributivas do persoal afectado por este convenio serán as que conteñen as táboas que se unen como anexo e as que se regulan nos seguintes artigos.

Artigo 10º

As empresas entregaranlles ós traballadores os recibos correspondentes ós salarios mensuais, segundo modelo oficial ou outro debidamente homologado pola autoridade laboral.

As empresas poderán efectua-los pagamentos por medio de transferencia ou talón bancario.

Artigo 11º.-Plus de transporte.

Establécese a cantidade de catrocentas seis pesetas a percibir por este concepto por día efectivo de traballo, con independencia de que as empresas dispoñan ou non de medios de transporte.

En caso de desprazamento, as empresas pagaranlle ó persoal o servicio de transportes correspondente sen detrimento da percepción do dito plus.

Artigo 12º

O persoal afectado por este convenio percibirá en concepto de plus de antigüidade as cantidades que figuran para as distintas categorías nas táboas anexas, por cada cinco anos de servicio. Cando devengue o primeiro quinquenio a súa antigüidade incrementarase co tempo que levase como aprendiz na empresa.

Artigo 13º.-Plus de asistencia.

Percibirase por cada día efectivo de traballo, a razón de cento setenta e cinco pesetas día.

Artigo 14º.-Desgaste de ferramentas.

As empresas están obrigadas a poñer a dispor dos traballadores as ferramentas necesarias para realiza-lo traballo. En caso de que os traballadores voluntariamente conveñan utiliza-las súas propias ferramentas, percibirán por este concepto a cantidade de 55 pesetas por día efectivo traballado.

Artigo 15º

Nos supostos de que o traballador por necesidades do traballo, teña que efectuar comidas ou pernoctar

fóra do lugar habitual, terá dereito ás seguintes percepcións:

-Pola comida: 1.300 ptas.

-Por dúas comidas: 2.400 ptas.

-Axuda de custo completa: 3.600 ptas.

A partir do sétimo día de permanencia fóra do lugar de traballo, percibirá cen pesetas máis diarias, segundo dispón a ordenanza laboral. As empresas aboarán os gastos que superen o importe das axudas de custo aquí establecidas, logo de xustificación do traballador.

O día de volta considerarase como axuda de custo completa. Os gastos de transporte aboaranse con independencia das axudas de custo establecidas.

Artigo 16º.-Gratificacións extraordinarias.

Aboaranse as pagas extraordinarias establecidas a razón do salario base, antigüidade e plus de asistencia na contía seguinte:

Xullo e Nadal: 30 días de salario e antigüidade e 25 días de plus de asistencia.

Abril: 10 días de salario e antigüidade e 9 días de asistencia.

As empresas poderán ratea-las pagas extras en doce mensualidades, equivalentes a 5,83 días para cada mes. As empresas e representantes dos traballadores poderán negociar distintas formas de pagamento.

Durante o tempo do servicio militar terase dereito a percibi-las mencionadas pagas extras, as cales se farán efectivas nos días inmediatamente anteriores ós días oficiais.

O importe das pagas extraordinarias será proporcional ó tempo efectivamente traballado, computándose para estes efectos os períodos de accidente laboral e enfermidade profesional.

Artigo 17º.-Horas extraordinarias.

As partes que asinan o presente convenio acordan reducir ó mínimo indispensable a realización de horas extraordinarias axustándose ós seguintes criterios:

a) Horas extraordinarias habituais: supresión.

b) Horas extraordinarias que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así como en caso de risco de perda de materia prima: realización.

c) Horas extraordinarias por: contratos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambio de quenda ou outras circunstancias, sempre que non sexa posible utilizar distintas modalidades de contratación temporal ou parcial previstas na lei.

A dirección da empresa informará periodicamente ó comité de empresa ou delegado de persoal sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se é o caso, a distribución por seccións.

A hora extra pagarase cun recargo do 75% sobre o valor da hora ordinaria. Por acordo entre empresa e traballador, logo da realización delas, poderán com

putarse as horas extraordinarias cun período equivalente de descanso.

Artigo 18º.-Xubilación.

Establécese un premio de xubilación ós 64 anos para o persoal que leve como mínimo dez anos na empresa. Consistirá este premio no salario dunha mensualidade, antigüidade e plus de transporte que lle corresponda ó traballador.

O traballador que se xubile voluntariamente con anterioridade a cumpri-los 64 anos terá dereito á percepción dos premios seguintes:

-Xubilacións ós 60 anos:

150 días de salario base e antigüidade.

-Xubilación ós 61 anos:

125 días de salario base e antigüidade.

-Xubilación ós 62 anos:

100 días de salario base e antigüidade.

-Xubilación ós 63 anos:

75 días de salario base e antigüidade.

Estes premios serán compatibles coas liquidacións que a cada un lle corresponda.

A xubilación será obrigatoria para tódolos traballadores ós 65 anos, sempre que teñan dereito a percibir unha pensión, de non ser así poderán continuar na empresa ata que se xere o dereito á prestación.

Este artigo quedará en suspenso no caso de que se modifique a idade de xubilación por norma legal.

Artigo 19º.-Seguro de invalidez ou morte.

As empresas contratarán un seguro colectivo de invalidez permante total ou morte por accidente, durante as 24 horas, para todo o persoal afectado por este convenio, coas seguintes indemnizacións:

Por morte: 2.000.000 de pesetas.

Por invalidez permanente total ou absoluta: 3.000.000 dpesetas.

As empresas que contratasen a póliza correspondente cunha compañía de seguros non responderán subsidiariamente das indemnizacións, en ningún caso.

Quedarán excluídos aqueles riscos que ordinariamente as compañías de seguros non cubran.

Artigo 20º.-Vacacións.

Os traballadores afectados por este convenio desfrutarán dun período anual de vacacións de trinta días naturais como mínimo.

A retribución delas serán en base a 30 días de salario, antigüidade e plus de asistencia equivalente ós días efectivos de traballo durante o dito período vacacional.

Nas empresas que non desfruten o período vacacional conxuntamente e, xa que logo, permanezan abertas durante os doces meses, os traballadores terán

dereito a un período de vacacións de 22 días laborais, non se consideran laborais os sábados, domingos e festivos.

Para efectos do desfrute de vacacións, o cómputo será por ano natural, tendo dereito á parte proporcional delas de non levar na empresa un ano completo, ou á liquidación correspondente por cesamento na empresa, por calquera causa.

O calendario de vacacións establécese entre a empresa e os traballadores ou os seus representantes e deberá ser exposto como mínimo con dous meses de antelación ó inicio delas. Terán dereito preferente os traballadores con fillos en idade escolar.

As vacacións non poderán ser compensadas economicamente.

Artigo 21º.-Licencias retribuídas.

Establécense as seguintes:

-Por matrimonio: quince días naturais.

-Por nacemento de fillo, enfermidade grave ou falecemento (ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade) de cónxuxes, fillos, pai, nai, dun ou outro cónxuxe, netos, avós e irmáns: tres días naturais.

-Por traslado de residencia: un día.

O presente convenio establece unha prórroga para tódalas licencias por causa xustificada de dous días, de acordo coa empresa.

As empresas concederán unha das licencias sen retribución do artigo 88 da ordenanza da madeira, cando o persoal o solicite con causas similares ás licencias retribuídas.

Capítulo III

Artigo 22º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral será de 40 horas semanais, equivalentes a unha xornada máxima anual de 1.800 horas efectivas de traballo.

As empresas, logo de acordo cos representantes dos traballadores, poderán establecer xornadas distintas ó longo do ano no seu calendario laboral, coas limitacións legalmente establecidas.

As empresas quedarán obrigas a confeccionar un calendario laboral que deberá especifica-las xornadas laborables e as horas de cada unha delas, ata completa-lo cómputo de horas aquí pactado. As reduccións de xornada para adaptalas ó cómputo anual deberán acumularse, como mínimo, en medias xornadas. Este calendario deberá ser exposto ós traballadores no taboleiro de anuncios.

Artigo 23º.-Xornada intensiva.

Aquelas empresas nas que os seus traballores adquirisen o dereito da xornada intensiva nos meses de verán respectarana nos seus propios termos. Nas demais poderase negocia-la súa implantación.

Artigo 24º.-Incapacidade laboral transitoria.

En caso de accidente laboral ou enfermidade profesional legalmente recoñecida, a empresa completará

a prestación económica na cantidade suficiente para equiparala á retribución salarial líquida que viñese percibindo, non incidindo a baixa no período de vacacións a que teña dereito a desfruta-lo traballador.

Artigo 25º.-Capacidade diminuída.

Aqueles traballadores que por causa de enfermidade ou accidente quedasen imposibilitados para desempeña-lo posto de traballo para o que foron contratados conservarán un dereito preferente para cubri-las vacantes que se produzan na empresa, cuando as condicións físicas e intelectuais do traballador sexan adecuadas ó posto vacante.

Artigo 26º.-Traballo da muller.

Os dereitos e obrigas establecidos na lexislación laboral neste convenio, afectarán por igual o home e a muller.

As empresas están obrigadas a pagar por iguais traballos os mesmos salarios e complementos sen discriminación de sexo.

Para efectos de extinción do contrato de traballo por causas obxectivas, non se computarán como faltas de asistencia as das traballadoras en período de licencia por maternidade.

Artigo 27º.-Seguridade e hixiene no traballo.

As empresas velarán xunto cos representantes dos traballadores polo cumprimento da vixente ordenanza de seguridade e hixiene no traballo.

Naquelas empresas en que non nomeasen comités e vixilantes de seguridade e hixiene, serán exercidas as súas funcións polos representantes legalmente elixidos polos traballadores.

Artigo 28º.-Roupa de traballo.

As empresas afectadas por este convenio entregaranlles dúas pezas de roupa ó ano ós traballadores, unha en xaneiro e outra en xullo.

Artigo 29º.-Período de proba.

Poderá concertarse por escrito un período de proba que en ningún caso poderá exceder de seis meses para os técnicos titulados nin dun mes para os demais traballadores, agás para os non cualificados, para os que a duración máxima será de quince días.

Artigo 30º.-Recoñecemento médico.

O traballador poderá asistir a consulta médica sen que se lle desconte dos seus haberes o tempo empregado, sempre que o xustifique suficientemente.

Artigo 31º.-Dereitos sindicais.

Recoñécense tódolos dereitos establecidos na Lei orgánica 11/85, do 2 de agosto, de liberdade sindical, reducindo a 100 o número de traballadores necesarios para ter dereito a un delegado sindical, mantendo as restantes escalas a partir de 250 traballadores.

Artigo 32º.-Cláusula de desvinculación.

As empresas que tivesen perdas durante os exercicios de 1993 e 1994 e as previsións para o 1995 fosen similares poderán prescindir da aplicación dos salarios pactados neste convenio.

No prazo de dous meses desde a publicación deste convenio, as empresas que pretendan acollerse a esta cláusula deberán presenta-la solicitude á comisión mixta do convenio ante a que deberán acreditar, no caso de sociedades e empresas obrigadas pola normativa fiscal a leva-la contabilidade, as contas anuais presentadas no Rexistro Mercantil e as declaracións correspondentes presentadas ante a axencia tributaria. As demais empresas deberán acreditalo mediante a documentación que acredite suficientemente a súa situación a xuízo da comisión.

Poderase solicita-la presencia dos representantes dos traballadores, así como a documentación aclaratoria que se coide necesaria.

De non existir acordo no seo da comisión mixta, as partes acordan o sometemento á arbitraxe do AGA.

As empresas acollidas a esta cláusula, de acordo cos traballadores, poderán aplicar incrementos salariais menores ós aquí pactados ou, mesmo, non incrementa-los salarios durante a vixencia do convenio.

Tódolos membros da comisión, así como os seus asesores, obríganse a manter na maior reserva a información recibida, obserbando o maior sixilo profesional.

Artigo 33º.-Modalidades de contratación.

Aprendizaxe: unicamente poderán efectuarse contratos de aprendizaxe para as categorías de axudante, oficial de 2ª e oficial de 1ª.

Os contratos de aprendizaxe poderán celebrarse con traballadores maiores de dezaseis anos e menores de vintetrés. Os contratos en vigor á publicación deste convenio con traballadores de vintetrés ou máis anos permanecerán vixentes ata a súa extinción temporal.

O traballo realizado polos traballadores acollidos ó contrato de aprendizaxe deberá se-lo que se especifique no respectivo contrato, polo que a realización doutros traballos diferentes lles dará dereito a percibi-lo 100% do salario e pluses de categoría do traballo realizado.

Esgotado o prazo do contrato, as empresas non poderán contratar por segunda vez ó mesmo traballador na modalidade de aprendizaxe.

Contratos de duración determinada, a que se refire ó artigo 15 b) do Estatuto dos traballadores. Poderán ter unha duración máxima de oito meses nun período de doce.

Convenio colectivo provincial para as industrias de carpintería e ebanistería

Táboas salariais 1995

DíaMes

Persoal obreiro
Encargado3.417103.947
Oficial primeira3.354102.018
Oficial segunda3.288100.024
Axudante3.21997.911
Especialista2.15595.965
Peón3.09294.048

Técnicos
I. proxectista105.946
Perito103.645
ATS103.645
Delineante99.687
Auxiliar analista97.590

Persoal subalterno
Ordenanza93.756
Garda e vixilante93.756

Persoal administrativo
Xefe de primeira105.946
Xefe de segunda103.645
Oficial de primeira103.645
Oficial de segunda99.687
Auxiliar97.590

Aprendices
Aprendices e menores de 18 anos1.404
Plus de asistencia175
Plus de transporte406

Plus de antigüedade

1 quinquenio2 quinquenios3 quinquenios4 quinquenios5 quinquenios

Persoal obreiro
Encargado2.5004.9257.3009.62512.025
Oficial de primeira2.4504.8257.1509.42511.775
Oficial de segunda2.4004.7257.0009.22511.525
Axudante2.3504.6256.8509.02511.275
Especialista2.3004.5256.7008.82511.025
Peón2.2754.4756.6758.72510.900

Técnicos
Proxectista2.5254.9757.3759.72512.150
Perito2.4754.8757.2259.52511.900
ATS2.4754.8757.2259.52511.900
Delineante2.4004.7257.0509.22511.525
Auxiliar analista2.3504.6256.8509.02511.275

1 quinquenio2 quinquenios3 quinquenios4 quinquenios5 quinquenios

Persoal subalterno
Ordenanza2.2754.4756.6258.72510.925
Garda e vixilante2.2754.4756.6258.72510.925

Persoal administrativo
Xefe de primeira2.5254.9757.3759.72512.150
Xefe de segunda2.5004.9257.3009.62512.025
Oficial de primeira2.4504.8257.1509.42511.775
Oficial de segunda2.4004.7257.0009.22511.525
Auxiliar2.3004.6256.8509.02511.275

95-06367