Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 02 de novembro de 1995 Páx. 8.052

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 10 de outubro de 1995 pola que se convocan axudas económicas para a realización de prácticas en alternancia e formación en centros de traballo para alumnos/as que cursan ensinanzas en formación profesional de segundo grao, certificado profesional de acuicultor e ciclos formativos de formación profesional específica en centros dependentes da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Advertido erro no texto da mencionada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia, nº 200, do 18 de outubro de 1995, transcríbese a continuación a oportuna rectificación:

Na páxina 7.728, apartado décimo primeiro, parágrafo segundo:

Onde di: «O pagamento farase con cargo á aplicación orzamentaria 12.04.322K.480.04 e 12.04.322K.480.09, ata unha contía máxima de 120.000 ptas. por alumno».

Debe dicir: «O pagamento farase con cargo ás aplicacións orzamentarias 12.04.322K.480.04 e 12.04.322K.480.09».

95-6048