Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 210 Xoves, 02 de novembro de 1995 Páx. 8.051

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 24 de outubro de 1995 pola que se amplían os prazos de xustificación dos investimentos realizados ó abeiro das ordes de axudas para 1995 da Consellería de Industria e Comercio.

A Consellería de Industria e Comercio dictou no ano 1995 a Orde do 6 de marzo de 1995 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas a industrias que realicen investimentos, estudios e xestión de refugallos industriais encamiñados a mellorar e controla-lo medio ambiente industrial así como a empresas mineiras ou asociacións de empresas mineiras ou asociacións de empresas para o desenvolvemento de accións encamiñadas a diminuí-la deterioración que as actividades mineiras causan no medio ambiente para 1995 (DOG nº 59, 24-3-1995); a Orde do 6 de marzo de 1995 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas para a prestación de servicios tecnolóxicos, promoción do sector téxtil e da confección, investigación e desenvolvemento, normalización, homologación e calidade para 1995 (DOG nº 59, 24-3-1995); a Orde do 6 de marzo de 1995 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas para a creación, mellora e acondicionamento de talleres artesáns (DOG nº

59, 24-3-1995); a Orde do 6 de marzo de 1995 pola que se convoca e regula o réxime de concesión de axudas a empresas ou asociacións de empresas para a realización de investigacións mineralúrxicas e xeolóxico-mineiras encamiñadas ó mellor coñecemento e aproveitamento dos recursos obxecto de explotación para 1995 (DOG nº 60, 27-3-1995); a Orde do 6 de marzo de 1995 pola que se convoca e se regula o réxime de concesión de axudas a concellos e empresas privadas para mellora-la eficiencia enerxética, a infraestructura enerxética de Galicia e a formación tecnolóxica en materia de gas para 1995 (DOG nº 63, 30-3-1995); a Orde do 6 de marzo de 1995 pola que se regula a concesión de subvencións para

investimentos con destino á promoción de mercados detallistas, zonas peonís-comerciais e outros equipamentos comerciais de carácter social (DOG nº 81, 27-4-1995).

Nas devanditas disposicións se establece como requisito indispensable para o pagamento da axuda a presentación, antes do 31 de outubro de 1995, e o 15 de novembro de 1995 para a orde publicada no DOG nº 81 do 27-4-1995, da documentación acreditativa do investimento realizado.

O alto número de solicitudes presentadas motivou un dilatado proceso de avaliación dos proxectos e resolución dos respectivos expedientes, polo que se considera necesario amplia-lo prazo de xustificación dos investimentos levados a cabo polos solicitantes.

Na súa virtude, en uso das atribucións que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único.-Amplia-lo prazo para a execución e xustificación dos investimentos subvencionados ó abeiro das ordes da Consellería de Industria e Comercio do 6 de marzo de 1995, ata o 30 de novembro de 1995.

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 1995.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

6847