Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 31 de outubro de 1995 Páx. 8.011

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de setembro de 1995 pola que se autoriza a implantación do segundo ciclo da educación secundaria obrigatoria en determinados centros.

O Real decreto 986/1991, do 14 de xuño, polo que se aproba o calendario de aplicación da nova ordenación do sistema educativo, establece no artigo 21.1º que as administracións educativas poderán dispoñe-la implantación da educación secundaria obrigatoria nun número determinado de centros, con anterioridade ós prazos previstos no mencionado real decreto.

Esta consellería, de conformidade co artigo 21.1º do Real decreto 986/1991, do 14 de xuño, co Decreto 78/1993, do 25 de febreiro (DOG do 2 de abril), polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia e coa Orde do 25 de abril de 1994 (DOG do 12 de maio) sobre avaliación na devandita etapa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la implantación do segundo ciclo da educación secundaria obrigatoria, a partir do curso académico 1995/1996, nos seguintes centros:

-Provincia: A Coruña.

1. I.E.S. de Pontedeume.

2. I.E.S. de Porto do Son.

3. I.E.S. de Frións-Ribeira.

-Provincia : Lugo.

4. I.E.S. da Fonsagrada.

-Provincia: Pontevedra.

5. I.E.S. de Mos.

6. I.E.S. de Poio.

Segundo.- Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros para adopta-las medidas precisas para a execución da presente orde.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

9506760