Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 31 de outubro de 1995 Páx. 8.012

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de setembro de 1995 pola que se autoriza a implantación do novo bacharelato nas súas distintas modalidades en determinados centros.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por Orde do 27 de xaneiro de 1994 autorizou a implantación do novo bacharelato en distintos centros da Comunidade Autónoma.

De acordo coa liña iniciada e co fin de lles dar continuidade nos estudios ós alumnos que, tendo superadas as ensinanzas de educación secundaria obrigatoria, demanden o acceso ó novo bacharelato establecido na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, procede a autorización da implantación en determinados centros das modalidades de bacharelato previstas no Decreto 275/1994, do 29 de xullo, polo que se establece o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Na súa virtude e de conformidade coa proposta formulada pola Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros,

DISPOÑO:

Primeiro.-Autorízase os centros que se relacionan no anexo da presente orde para implantaren de xeito progresivo o bacharelato segundo o currículo aprobado polo Decreto 275/1994, do 29 de xullo.

Segundo.-A implantación das ensinanzas do novo sistema educativo suporá a extinción progresiva dos grupos correspondentes a planos de estudios derivados da Lei 14/1970, do 4 de agosto, agás as excepcións que, debidamente xustificadas, sexan autorizadas por esta consellería.

Terceiro.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Centros para adopta-las medidas precisas para a execución da presente orde.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

-Provincia: A Coruña.

1. I.E.S. Isidro Parga Pondal. Carballo.

a) Bacharelato de ciencias da natureza e da saúde.

b) Bacharelato de tecnoloxía.

c) Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

2. I.B. Adormideras. A Coruña.

a) Bacharelato de ciencias da natureza e da saúde.

b) Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

3. I.E.S.P. Curtis.

Bacharelato de tecnoloxía.

4. I.P.F.P. Marqués de Suanzes. Ferrol.

a) Bacharelato de ciencias da natureza e da saúde.

b) Bacharelato de tecnoloxía.

5. I.B. Pontepedriña. Santiago de Compostela.

a) Bacharelato de ciencias da natureza e da saúde.

b) Bacharelato de tecnoloxía.

c) Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

6. I.E.S. Sar. Santiago de Compostela.

a) Bacharelato de ciencias da natureza e da saúde.

b) Bacharelato de artes.

c) Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

7. I.E.S. Teo.

Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

-Provincia: Lugo.

8. I.F.P. Burela.

Bacharelato de tecnoloxía.

9. I.E.S.P. A Pontenova.

a) Bacharelato de ciencias da natureza e da saúde.

b) Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

10. I.E.S.P. Quiroga.

Bacharelato de tecnoloxía.

11. I.F.P. Viveiro.

Bacharelato de ciencias da natureza e da saúde.

-Provincia: Ourense.

12. I.F.P. 12 de outubro. Ourense.

Bacharelato de tecnoloxía.

-Provincia: Pontevedra.

13. C.M.H. Forcarei.

Bacharelato de ciencias da natureza e da saúde.

14. I.F.P. Val Miñor-Nigrán.

Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

15. I.F.P. Ponteareas.

a) Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

b) Bacharelato de tecnoloxía.

16. I.F.P. O Porriño.

Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

17. I.E.S. Tomiño.

a) Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

b) Bacharelato de tecnoloxía.

18. I.E.S. Do Castro. Vigo.

a) Bacharelato de ciencias da natureza e da saúde.

b) Bacharelato de tecnoloxía.

c) Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

19. I.E.S. Carrasqueira-Coruxo. Vigo.

a) Bacharelato de ciencias da natureza e da saúde.

b) Bacharelato de tecnoloxía.

c) Bacharelato de humanidades e ciencias sociais.

20. I.P.F.P. Vigo.

a) Bacharelato de ciencias da natureza e da saúde.

b) Bacharelato de artes.

21. I.F.P. Fermín Bouza Brey. Vilagarcía.

Bacharelato de ciencias da natureza e da saúde.

95-06184