Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 31 de outubro de 1995 Páx. 8.013

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e a publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo do Concello de Vigo.

Visto o expediente do convenio colectivo para o Concello de Vigo, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-9-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación do Concello de Vigo, e da parte social polas seccións sindicais, comité de persoal e a xunta do persoal do concello, así como un representante da agrupación electoral sindical independente, con data 20-7-1995, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo desta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 13 de setembro de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial Pontevedra

Acordo regulador das condicións económicas e sociais dos traballadores ó servicio do concello de Vigo

Capítulo I

Cláusulas xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

A regulación das condicións de traballo contidas no presente acordo serán de aplicación ó persoal do Concello de Vigo relacionado co cadro de persoal, xa sexa funcionario, laboral ou interino, sen prexuízo

das previsións específicas que para os funcionarios se establecen no seu réxime estatutario.

Así mesmo, seralles de aplicación ós traballadores xubilados do Concello de Vigo nos aspectos nos que o presente convenio lles sexan de aplicación.

Inclúese o persoal dos organismos autónomos I.M.D., U.P. e Vigo-Zoo, sempre que estes o decidan a través dos xeitos legais establecidos.

Outro tipo de contratacións gozarán dos beneficios sociais que se indiquen na disposición derradeira correspondente e nas condicións que nela se establezan.

Artigo 2º.-Período de vixencia.

O presente acordo terá vixencia desde a data da súa aprobación polo órgano de goberno competente, sen prexuízo da súa publicación no BOP, e manteraa ata o 31 de decembro de 1997, e poderá, non obstante, revisarse anualmente se ámbalas dúas partes o consideran oportuno por razóns derivadas da modificación do marco legal no que se encadran as relacións ou calquera outra causa obxectiva.

As melloras económicas acordadas aplicaranse con efectos retroactivos de 1 de xaneiro de 1995.

Artigo 3º.-Denuncia do acordo.

O presente acordo considérase tacitamente prorrogado por períodos anuais naturais de non mediar denuncia das partes con un prazo de preaviso de 3 meses respecto da data na que remata a vixencia deste, e continuará en vigor ata que se logre acordo entre as partes. A negociación iniciarase no prazo máximo de 2 meses a partir da ruptura de cada proceso negociador que se leve a cabo.

Artigo 4º.-Comisión de Interpretación, Vixilancia e Estudio (CIVE).

Constituirase dentro do mes seguinte á aprobación deste acordo e estará composta por un representante de cada un dos grupos políticos municipais e outro de cada unha das seccións sindicais municipais.

Cada un dos membros da comisión actuará con voto ponderado, e corresponderalle a cada representante dos grupos políticos municipais o número de votos correspondente ó número de concelleiros con que conte o seu grupo. Por outra parte, a cada representante das seccións sindicais municipais corresponderalle o número de votos que resulten de distribuír entre todas elas un total de 27, proporcionalmente á representación con que conte.

A representatividade sindical para efectos de cómputo será a que outorguen as últimas eleccións sindicais realizadas.

A comisión reunirase con carácter ordinario unha vez ó mes, na data e hora que acorde na primeira sesión que teña lugar, e debarase comunicar por escrito da presidencia calquera alteración que se produza.

Así mesmo, poderá reunirse con carácter extraordinario cando a convoque a presidencia por propia iniciativa ou a solicitude dun número de membros

da comisión que represente o 50% do total con que conta. Neste último caso a presidencia deberá convoca-la comisión nun prazo máximo de 72 horas para a súa realización nos 3 días seguintes á data da convocatoria.

Tódalas convocatorias que realice a presidencia ou a vicepresidencia, cando substitúa a aquela nos casos legalmente previstos, deberán efectuarse por escrito, a través de calquera medio que acredite a súa recepción polos destinatarios.

A presidencia desempeñaraa o concelleiro-delegado de persoal e a vicepresidencia un representante das seccións sindicais municipais elixido de entre eles.

Recoñéceselle á presidencia voto de calidade para dirimi-los empates.

Poderanse nomear asesores cando a comisión o considere oportuno pola índole dos temas que se van tratar.

A CIVE asumirá as funcións de interpretación, vixilancia e estudio do pactado, así como o seguimento de cantos temas integran este instrumento xurídico durante a totalidade da súa vixencia.

Os acordos sobre a interpretación do pactado neste documento serán vinculantes, aínda que previamente á súa entrada en vigor deberán ser comunicados á corporación, que no caso de considerar que o acordo da CIVE é ilegal, modifica o acordo ou incide en atribucións reservadas ós órganos do concello, ou poida deixar sen efecto, sen prexuízo dos recursos que procedan.

Por outra parte, o secretario xeral remitirá á CIVE calquera resolución dos órganos municipais que teñan relación co contido deste acordo, para que a comisión poida exerce-las súas funcións de vixilancia e control do seu cumprimento.

Artigo 5º.-Natureza do acordo.

O presente documento, unha vez aprobado polo Pleno da Corporación, constitúe un todo único e indivisible con base ó equilibrio das recíprocas obrigas e mutuas contraprestacións asumidas polas partes, e como tal será obxecto de consideración conxunta.

O acordo será de aplicación preferente nas relacións entre a corporación e o persoal incluído no seu ámbito, salvo que infrinxa a lei ou que unha lei posterior á súa aprobación mellorase as condicións pactadas; neste caso, sería de aplicación inmediata.

Capítulo II

Organización do traballo

Artigo 6º.-Distribución de competencias.

Conforme a lexislación vixente, a organización do traballo é facultade do concello, a través do órgano de goberno competente.

A súa aplicación práctica correspóndelle ó alcalde na forma que se establece no Regulamento orgánico da corporación e sen prexuízo da xefatura directa do

persoal que lle atribúe o artigo 21.1º 6) da Lei de bases de réxime local.

Na organización do traballo deberán terse en conta os dereitos de audiencia e información recoñecidos ós representantes do persoal no Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, e na Lei 9/1987, do 12 de xuño.

En concreto, todos aqueles expedientes que afecten o persoal municipal e que se remitan ó órgano municipal do concello deberán contar con informe previo do comité de persoal.

Capítulo III

Mobilidade do persoal

Artigo 7º.-Traslados.

O traslado consiste no cambio de posto de traballo dentro do mesmo grupo (A, B, C, D e E) e categoría da praza cando así se estableza legalmente.

Para os anteriores efectos o persoal laboral estará equiparado a un dos mentados grupos en función da retribución básica que teña asignada e a titulación esixida para o acceso á praza.

O réxime de traslados será o seguinte:

a) Se non supoñen cambio de nivel de complemento de destino ou específico efectuarase directamente pola alcaldía, tralo informe do comité de persoal e audiencia do interesado.

b) Procurarase o traslado de persoal con discapacidades sobrevidas á realización de tarefas propias de postos adecuados ás súas capacidades.

A unidade de persoal, tralo informe médico e do comité de persoal e audiencia do interesado, propoñerá semestralmente a relación do dito persoal en reunións específicas convocadas para estes efectos nos meses de xuño e decembro de cada ano.

c) Se os traslados supoñen cambio de nivel de complemento de destino ou específico, efectuaranse a través de concurso, sen prexuízo de que alcaldía poida cubrilos directamente e de forma provisional, por motivos de urxencia debidamente apreciados, tralo informe do comité de persoal. Neste caso o posto incluirase obrigatoriamente no concurso anual de traslados. O traballador trasladado por este sistema percibirá as retribucións complementarias correspondentes ó novo posto, se fosen superiores ás que percibía.

Os concursos de traslados realizaranse, como mínimo, unha vez ó ano, e neles incluiranse tódolos postos vacantes non cubertos definitivamente.

d) As solicitudes para tomar parte no concurso dirixiranse ó alcalde e conterán, no caso de seren varios os postos solicitados, a orde de preferencia para a súa adxudicación.

e) O prazo para a presentación de instancias será de 15 días hábiles contados a partir da publicación do correspondente anuncio de convocatoria no BOP, publicarase, así mesmo, no taboleiro de edictos da

Casa do Concello e nos de anuncios de tódolos servicios municipais.

f) A lista de admitidos e excluídos, cos motivos de exclusión, e a proposta da comisión de valoración, exporase ó público a través da súa publicación no taboleiro de edictos da Casa do Concello e nos de anuncios dos servicios por un período de 4 días hábiles, co fin de que os aspirantes poidan efectua-las reclamacións que consideren oportunas e que serán resoltas pola comisión no mesmo prazo.

O prazo máximo para a resolución dos concursos será de 1 mes e o seu resultado publicarase da mesma forma cá convocatoria.

Os destinos así obtidos serán desempeñados durante o tempo que como mínimo estableza a lexislación vixente (na actualidade 2 anos).

g) En ningún caso poderán consolidarse traslados polo mero transcurso do tempo, nin derivarse destes ningún tipo de vantaxes no concurso de traslados ou promoción interna.

No caso do grao persoal, só poderá consolidarse a través do transcurso do tempo de servicios prestados no posto adxudicado trala superación das probas de ingreso ou nos obtidos por concurso ou libre designación.

En canto ó tempo das comisións de servicio só será computable para consolida-lo grao correspondente ó posto desempeñado cando este se obteña con carácter definitivo a través dos procedementos legais.

No caso contrario só servirá para consolida-lo grao correspondente ó posto de traballo desde o que se realizou a comisión de servicios.

h) Para o funcionariado será de aplicación supletoria a normativa básica estatal e a específica dos funcionarios ó servicio da Comunidade Autónoma galega.

Baremo

Méritos:

1. Coñecemento do posto ó que se opta:

Valorarase de 0 a 6 puntos.

Para forma-lo seu xuízo a comisión de valoración acordará a práctica das probas, que poderán ser test ou probas prácticas e versarán sobre aspectos relativos ás tarefas propias do posto.

2. Grao persoal:

-O mesmo ou superior ó do posto a que se aspira: 2 puntos.

-Un nivel inferior: 1 punto.

-Dous niveis inferiores ou menos: 0 puntos.

3. Antigüidade:

Por cada ano ou fracción de servicios prestados ó concello con cargo a prazas do cadro de persoal: 0,10 puntos, ata un máximo de 3.

4. Cursos de formación e perfeccionamento:

Só se terán en conta os impartidos polo Instituto Nacional de Administración Pública (INAP) e Escola Galega de Administración Pública (EGAP), centros de formación e perfeccionamento de traballadores da Administración pública, incluídos os organizados ou promovidos polo concello e os derivados do cumprimento dos acordos MAP-Sindicatos e FEM-Sindicatos dentro do seu labor de formación e capacitación permanente do persoal, e relacionado sempre coas funcións do posto ó que se aspira.

-Por cada curso de 60 horas de duración como mínimo, e se esta non figurase, de 10 xornadas como mínimo: 0,60 puntos.

-Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración como mínimo, ou de 5 a 9 xornadas como mínimo: 0,40 puntos.

-Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración como mínimo, ou de 2 a 4 xornadas como mínimo: 0,20 puntos.

A valoración máxima por este apartado non poderá exceder de 3 puntos.

Nas convocatorias específicas poderá figura-la relación de cursos con dereito a seren valorados.

5. Titulacións académicas:

a) Homologadas polo Ministerio de Educación e Ciencia, superiores -excluíndo as que serviron para obter outra superior-, ou complementarias das que se esixen para acceso ó grupo e relacionada coas funcións propias do posto de traballo: 1 punto por cada unha delas.

A puntuación máxima por este mérito non poderá exceder de 2 puntos.

b) Outras homologadas por organismos oficiais distintos e relacionados coas funcións propias do posto de traballo á que se aspira: 0,25 puntos cun máximo de 0,50 puntos.

6. Coñecemento do idioma galego:

-Por supera-lo curso de iniciación: 0,25 puntos.

-Por supera-lo curso de perfeccionamento: 0,50 puntos.

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa básica: 0,65 puntos

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa media: 0,80 puntos

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa superior: 1 punto.

No caso de non ter ningunha das titulacións anteriores o aspirante poderá realizar unha proba de coñecemento de idioma galego que poderá puntuar ata un máximo de 0,25 puntos.

7. Valoración do traballo desenvolvido en anteriores postos nos últimos 5 anos, atendendo ás súas aptitudes

e rendemento, que se valorará pola comisión de valoración en base a criterios obxectivos:

-Bo: 0,50 puntos.

-Aceptable: 0,25 puntos.

Para poder adxudicarse o posto, o candidato deberá obter un mínimo de 7 puntos conforme o baremo de méritos anterior.

No caso de empate terá preferencia para adxudica-lo posto o que obtivese maior puntuación polo apartado primeiro; de persisti-lo empate o de maior grao persoal; se continúa, o de maior antigüidade e por último, o de maior idade.

Artigo 8º.-Fomento da promoción interna.

A promoción interna consiste no ascenso do persoal dun grupo inferior a outro superior dentro da mesma escala; dunha categoría a outra, dentro do mesmo grupo; ou o cambio de escala, tamén dentro do mesmo Grupo, e seranlle de aplicación os criterios que establece o R.D. 364/1995, de 10 de marzo.

Negociaranse co comité de persoal as bases e tódolos demais aspectos relacionados coa promoción interna do persoal.

As probas por esta quenda faranse independentemente das que corresponda por quenda libre, agás que nas bases das convocatorias -que deberán ser negociadas co comité de persoal- se acorde celebralas xuntas por causas debidamente xustificadas.

O réxime da promoción interna será o seguinte:

a) Condicións da promoción.

Rexerá o previsto na normativa básica estatal e na autonómica específica de obrigado cumprimento.

De celebrárense as probas conxuntamente ou previamente ás de quenda libre, as prazas que non se cubran por este sistema acumularanse á quenda libre.

O persoal que se presente por promoción interna poderá facelo tamén por quenda libre.

b) Requisitos dos aspirantes.

Deberán estar en posesión da titulación esixible legalmente en cada momento para o acceso á praza á que se pretende efectua-la promoción, agás que por disposición legal ou regulamentaria se autorice outra ou suplila co cumprimento de calquera outro requisito como antigüidade, superación de cursos, etc.

c) Sistema de promoción.

Establécese o de concurso-oposición, agás que por imperativo legal se esixa outro.

Nas bases deberán consta-las seguintes previsións:

1. A fase de concurso valorarase co 40% da puntuación total, e corresponderalle o 60% restante á fase de oposición.

2. Na fase de concurso rexerá o seguinte:

Baremo

A. Antigüidade.

Por cada ano ou fracción no grupo ou escala de orixe: 0,50 puntos, ata un máximo de 3 puntos.

B. Cursos de formación e perfeccionamento.

Pola participación en cada curso relacionado coas funcións que se van desenvolver, impartido polo Instituto Nacional da Administración Pública, Escola Galega de Administración Pública ou calquera outro centro oficial autorizado para impartilos, incluídos os organizados ou promocionados polo concello.

-Por cada curso de 60 horas de duración como mínimo, e se esta non figurase, de 10 xornadas como mínimo: 0,60 puntos.

-Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración como mínimo, ou de 5 a 9 xornadas como mínimo: 0,40 puntos.

-Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración como mínimo, ou de 2 a 4 xornadas como mínimo: 0,20 puntos.

Nas convocatorias específicas poderá figura-la relación de cursos con dereito a poder ser valorados.

A puntuación por este apartado non poderá exceder de 2 puntos.

C. Titulacións académicas.

Por estar en posesión de titulación superior á esixida para o acceso á praza: 1 punto.

Por estar en posesión de titulación complementaria á esixida para o acceso á praza e relacionada coas funcións que se van desenvolver: 1 punto.

A puntuación máxima por este apartado non poderá exceder de 1 punto.

D. Coñecemento do idioma galego.

-Por supera-lo curso de iniciación: 0,25 puntos.

-Por supera-lo curso de perfeccionamento: 0,50 puntos.

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa básica: 0,65 puntos

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa media: 0,80 puntos

-Por supera-lo curso de linguaxe administrativa superior: 1 punto.

Puntuarase só o superior alegado e xustificado como mérito.

O aspirante que non acredite ter realizado ningún dos anteriores cursos, poderá efectuar un exame que se valorará cun máximo de 0,25 puntos.

d) Fase de oposición.

Consistirá na realización de dous exercicios: un teórico e outro práctico, agás que por disposición legal ou regulamentaria se estableza outra forma.

O exercicio teórico será tipo test se tódalas prazas vacantes se reservan para promoción interna. No caso contrario tamén se fará tipo test sempre que a través del poidan acreditarse debidamente os coñecementos esixidos para o desempeño das funcións da praza á que se aspira.

O exercicio será sempre anónimo e se é tipo test referirase ó contido dos temas que figuren no temario.

Cada exercicio puntuarase globalmente de 0 a 10 puntos, e quedará eliminado o aspirante que no acade cando menos 5 puntos en cada un deles.

Con carácter xeral, o temario dos exercicios será igual para a quenda libre e para a promoción interna. Non obstante, sen quebra dos principios de mérito e capacidade, os exercicios dos aspirantes por esta quenda estarán dirixidos preferentemente a comproba-lo coñecemento da praza á que se aspira promocionar e poderáselles dispensar ós aspirantes dalgúns temas de carácter xeral, atendendo a razóns de especialización e coñecementos profesionais demostrados ou acreditados no desempeño das súas funcións, ou en anteriores exames para ingreso na Administración ou anteriores promocións.

e) Sistema de puntuación e tribunais.

A suma das puntuacións obtidas en ámbolos dous exercicios da oposición, sumada á conseguida na fase de concurso, servirá para elabora-la relación de aprobados por orde de puntuación.

No caso de empates na lista de aspirantes proposta polo tribunal, o desempate resolverase a favor do aspirante que conte con maior puntuación na fase de oposición; de persisti-lo empate, o de maior antigüidade, e de continuar manténdose, o de maior idade.

Os tribunais quedarán constituídos cos mesmos membros que na quenda libre.

Capítulo IV

Selección de persoal

Artigo 9º.-Sistema de selección.

Con carácter xeral o sistema de selección será o de concurso-oposición agás que por disposición legal ou regulamentaria se esixa outro.

Artigo 10º.-Fase de concurso.

Para a cualificación dos méritos rexerá o seguinte baremo:

a) Coñecemento e experiencia profesional.

Valorarase con 0,20 puntos por mes ata un máximo de 2 puntos.

Deberase acreditar que corresponde a funcións propias da praza á que se aspira, e farase con certificación de servicios prestados, se se prestaron nun organismo público; ou con recibo de salarios da empresa nos que conste a categoría profesional, a antigüidade e certificado da Seguridade Social que acredite os anteriores extremos, se os servicios se prestaron en empresas privadas.

b) Por participación en cursos.

Sempre que fosen impartidos polo Instituto Nacional da Administración Pública, Escola Galega de Administración Pública ou calquera outro centro oficial

competente para impartilos, relacionados coas funcións da praza a que se aspira:

-Por cada curso de 60 horas de duración como mínimo, e se esta non figurase, de 10 xornadas como mínimo: 0,60 puntos.

-Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración como mínimo, ou de 5 a 9 xornadas como mínimo: 0,40 puntos.

-Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración como mínimo, ou de 2 a 4 xornadas como mínimo: 0,20 puntos.

A puntuación por este apartado non poderá exceder de 2 puntos.

Nas convocatorias específicas poderá figura-la relación de cursos con dereito a seren valorados.

c) Titulacións ou certificados de estudios que teñan relación coas funcións que se desempeñarán.

Por cada título ou certificado de estudios expedido polo Ministerio de Educación e Ciencia, excluído o necesario para o acceso á praza e os que serviron para obte-los superiores que se alegan como mérito: 1 punto.

Por cada título ou certificado de estudios expedido por outros organismos oficiais: 0,50 puntos.

A puntuación por este apartado non poderá exceder de 2 puntos.

Artigo 11º.-Fase de oposición.

Constará de dous exercicios, agás que por disposición legal ou regulamentaria se esixa outro número. Os exercicios, un teórico e outro práctico, cualificaranse de 0 a 10 puntos, e quedará eliminado o aspirante que non obteña un mínimo de 5 puntos en cada un deles.

Ademais practicarase unha proba de coñecemento do idioma galego, que será obrigatoria pero non eliminatoria, que se valorará ata un máximo de 2 puntos e que será axeitada ás funcións da praza.

Se non se obtivese 1 punto como mínimo na proba de coñecemento de idioma galego, os aspirantes, unha vez que accedan á condición de funcionarios de carreira, participarán nos cursos de formación que para o efecto se convoquen co fin de alcanza-lo grao de coñecemento adecuado á natureza do posto e as funcións que hai que desenvolver.

Os temarios deberán ser sometidos a informe do comité de persoal con anterioridade á súa aprobación e deberán conter temas ós que tódolos aspirantes poidan ter acceso.

Segundo o grupo ó que pertenzan as prazas, o número máximo de temas será o seguinte:

Grupo A: 90 temas.

Grupo B: 60 temas.

Grupo C: 40 temas.

Grupo D: 20 temas.

Grupo E: 10 temas.

No temario deberán incluírse temas relacionados coa organización municipal e dereitos e deberes dos funcionarios e tenderase á especialización; así mesmo, aqueles ós que fai referencia o Real decreto 896/1991, do 7 de xuño.

O comité de persoal deberá informar sobre os temarios logo da súa aprobación e deberán conter temas ós que tódolos aspirantes poidan ter acceso.

O exame teórico será preferentemente tipo test, basearase en preguntas relacionadas co temario, sen prexuízo de que nas bases das respectivas convocatorias se poida fixar outra modalidade, por motivos legais ou de oportunidade, debidamente xustificados.

No suposto práctico elaboraranse 10 casos prácticos como mínimo por cada exercicio que se vai realizar, xunto coa súa resposta ou, no seu defecto, os criterios para a súa valoración.

O tribunal elixirá ó chou entre eles os que propoña para a súa resolución polos aspirantes.

Non se terán en conta as puntuacións máis altas e máis baixas, ou unha delas no caso de empate, cando exista respecto das demais unha puntuación igual ou superior a 3 puntos.

Ó remate das probas, os exames se non se corrixisen nesa sesión, introduciranse nun sobre que se pechará e selará, e asinarán sobre o precinto tódolos membros do tribunal presentes, así como o mesmo número de aspirantes elixidos ó chou. O sobre quedará baixo a custodia do secretario para a súa apertura ó inicio da sesión na que os exames se vaian corrixir.

A orde de puntuación dos membros do tribunal será a seguinte: primeiro o técnico do concello; segundo o representante da Comunidade Autónoma; terceiro, o representante do comité de persoal; cuarto, o secretario; e quinto, o presidente.

Tódolos membros do tribunal terán a obriga de corrixi-los exames previamente á súa cualificación.

O tribunal poderá solicitar da oficina de persoal ou do propio aspirante calquera aclaración ou comprobación respecto da documentación presentada para a fase de concurso xunto coa súa instancia.

A suma das puntuacións obtidas na fase de concurso, en cada un dos exercicios da oposición e nas demais probas de coñecemento que se poidan establecer nas bases, servirá para establece-la relación de aprobados por orde de puntuación.

No caso de empate na lista de aspirantes proposta polo tribunal, o desempate resolverase a favor do aspirante con maior puntuación na fase de oposición; de persisti-lo empate, o de maior puntuación polo apartado de coñecementos e experiencia profesional; e de manterse, o de maior idade.

Artigo 12º.-Reserva para aspirantes con discapacidades.

Con carácter xeral reservaranse en cada convocatoria as vacantes que estableza a lexislación vixente para cubrir por aspirantes que cumprindo os demais

requisitos establecidos, conten cunha discapacidade igual ou superior ó 33% compatible coas funcións da praza.

O persoal que se presente por esta quenda, poderá facelo tamén por quenda libre ou promoción interna se é o caso.

Nas solicitudes farase consta-la quenda á que corresponden.

Artigo 13º.-Período de prácticas e cursos selectivos.

Nas convocatorias específicas poderase prever un período de prácticas ou curso selectivo; neste caso os aspirantes aprobados serán nomeados funcionarios en prácticas.

Os aspirantes que non o superen perderán tódolos seus dereitos a seren nomeados funcionarios de carreira; poderán incorporarse, en todo caso, ó curso inmediatamente seguinte que se celebre coa puntuación asignada ó último dos participantes naquela. De aínda así non superalo, perderán tódolos seus dereitos a seren nomeados funcionarios de carreira.

A resolución do órgano convocante pola que se suspende algún aspirante no período de prácticas ou no curso selectivo deberá ser motivada.

Nas bases específicas deberá consta-lo contido, duración e características do curso selectivo ou das prácticas.

Capítulo V

Órganos de valoración

Artigo 14º.-Comisións de valoración de traslados.

Nos concursos de traslados os méritos serán xulgados por unha comisión de valoración integrada por 2 membros designados pola corporación e 4 designados polo comité de persoal, con titulación igual ou superior á esixida para o acceso ó posto.

Ademais integrarán á comisión o alcalde ou concelleiro en que delegue, como presidente; un funcionario con habilitación de carácter nacional ou de carreira da corporación integrado na escala de Administración xeral, como secretario e o xefe do servicio ó que estea adscrito o posto. Tódolos membros do tribunal contarán con voz e voto, agás o secretario que só contará con voz.

Xunto cos titulares, designaranse os correspondentes suplentes.

Así mesmo, a comisión poderá designar un asesor.

A comisión propoñeralle ó organismo municipal competente os traslados que haxa que efectuar e a súa proposta será vinculante sempre que se axuste ó dereito.

A actuación das comisións rexerase polo previsto na Lei de procedemento administrativo en relación co funcionamento dos órganos colexiados.

Artigo 15º.-Tribunais para a selección de funcionarios.

Tanto por quenda libre como por promoción interna, o tribunal estará integrado polos seguintes membros

con voz e voto, salvo que por disposición legal ou regulamentaria se esixa outra composición:

Presidente: o da corporación ou concelleiro en quen delegue.

Secretario: un funcionario con habilitación de carácter nacional ou de carreira da corporación integrado na escala de administración xeral e con categoría igual ou superior á esixida para o acceso á praza e que será designado polo alcalde.

Vocais: un representante designado pola Comunidade Autónoma, o xefe do servicio correspondente á especialidade ou un técnico cualificado, un representante do comité de persoal designado por aquel.

O tribunal quedará integrado así mesmo polos respectivos suplentes que serán designados xunto cos titulares.

O tribunal poderá autoriza-la incorporación ás sesións de dous asesores como máximo, un deles a proposta do comité de persoal, os cales actuarán con voz e sen voto e con plena autonomía no desempeño das súas funcións.

A actuación dos tribunais rexerase polo previsto na Lei de procedemento administrativo en relación co funcionamento dos órganos colexiados.

Artigo 16º.-Tribunais para a selección de persoal laboral.

O tribunal quedará integrado polos seguintes membros con voz e voto:

Presidente: o da corporación ou concelleiro en quen delegue.

Secretario: un funcionario con habilitación de carácter nacional ou de carreira da corporación integrado na escala de Administración xeral e con categoría igual ou superior á esixida para o acceso á praza e que será designado polo alcalde.

Vocais: dous membros designados pola corporación e 4 representantes do comité de persoal; o xefe do servicio correspondente á especialidade.

Tódolos membros do tribunal contarán con voz e voto, agás o secretario que só contará con voz.

Xunto cos titulares designaranse os correspondentes suplentes.

O tribunal poderá autoriza-la incorporación ás sesións dun asesor para tarefas propias da súa función.

A actuación dos tribunais rexerase polo previsto na Lei de procedemento administrativo en relación co funcionamento dos órganos colexiados.

Capítulo VI

Xornada e horarios

Artigo 17º.-Xornada.

Establécese con carácter xeral unha xornada semanal de traballo efectivo de 36 horas 15 minutos, para

todo o persoal incluído no ámbito de aplicación do presente acordo.

Para o cómputo da xornada semanal incluiranse os días festivos como laborais.

Todo o persoal en réxime de xornada continuada gozará dunha pausa de 20 minutos na xornada, computable como de traballo efectivo.

A xornada dos traballadores con fillos de ata 9 meses de idade, reducirase en unha hora e media diaria. No caso de traballar en ámbolos dous cónxuxes, só un deles poderá beneficiarse da reducción da xornada sinalada.

A xornada semanal nos meses de xullo e agosto será de 31 horas 15 minutos.

Artigo 18º.-Horario.

A xornada realizarase preferentemente de luns a venres, en horario de 7.45 h a 15 h, estableceranse quendas e os horarios especiais que sexan precisos polas necesidades do servicio, que serán previamente negociados e acordados entre o alcalde e o comité de persoal.

Respectaranse os acordos actualmente vixentes en materia de xornada e horarios que poidan resultar máis beneficiosos.

Calquera modificación futura deberá ser negociada e acordada tamén entre o alcalde e o comité de persoal.

Nos meses de xullo e agosto o horario -salvo o do persoal con traballo a quendas ou con horarios especiais- será de 7.45 h a 14 h.

A reducción da xornada de verán da policía local, servicio de extinción de incendios e calquera outro servicio que sexa necesario, será negociada e acordada entre o alcalde e o comité de persoal.

Artigo 19º.-Horas extraordinarias.

As horas extraordinarias fóra da xornada normal de traballo non poderán exceder de 7 ó mes ou de 70 ó ano, salvo necesidades urxentes do servicio ou acordo entre o alcalde e o comité de persoal, sen que sexan computables para efectos deste límite as realizadas por causa de forza maior.

Cando en calquera servicio se exceda de 800 horas extraordinarias crearase unha nova praza no cadro de persoal.

As horas extraordinarias clasificaranse en normais e festivas.

Son horas extraordinarias normais as realizadas nos días laborables.

Considéranse festivas as realizadas polo persoal en domingos, festivos ou días nos que lle corresponde descanso.

Para o debido control do número de horas extraordinarias realizadas, a unidade de persoal deberá levar un rexistro por servicios co número de horas feitas ó longo do ano. Neste rexistro constarán os seguintes datos: servicio ou dependencia onde se realizaron as horas, condición do persoal que as realizou,

servicio ó que pertencen, tipo de horas (ordinarias, festivas ou nocturas) e se foron pagadas ou compensadas con descansos.

A oficina de persoal facilitaralles trimestralmente ás seccións sindicais representadas no comité de persoal e ós grupos políticos municipais a anterior información do rexistro, sen prexuízo de que os representantes do persoal poidan obter en cada momento a información que consideren oportuna.

As horas extraordinarias compensaranse preferentemente con descansos, a razón de unha hora e media por cada hora deste tipo traballada; e se son realizadas en domingos, festivos ou en día de descanso, con dúas horas.

Acumularanse para o seu desfrute ata completar xornadas enteiras de traballo.

Senón se puidesen compensar nun prazo de 3 meses despois de realizadas, o interesado terá dereito a que se lle aboen como gratificación por servicios especiais ou extraordinarios, conforme co previsto no capítulo de retribucións.

Artigo 20º.-Asistencia ó xulgado.

A tódolos traballadores que sexan convocados a declarar ó xulgado por motivos relacionados coas funcións da súa praza no seu día de descanso, concederáselles outro a cambio.

Se a citación fose para comparecer un día laborable pero fóra do horario de traballo, concederáselle un permiso de 3 horas se fose nos xulgados de Vigo e 5 horas se a comparecencia tivese lugar fóra da cidade.

Se a citación correspondese a un traballador que o día anterior ou posterior tivese asignada xornada nocturna, esta reducirase en 4 horas.

Para os efectos deste artigo asimilanse ós xulgados calquera organismo público ante o que a obriga de comparecer se considere un deber inescusable de carácter público.

Artigo 21º.-Descanso entre quendas.

Naqueles servicios nos que se realicen quendas de traballo deberá transcorrer un mínimo de 16 horas de descanso entre servicios.

Capítulo VII

Formación, perfeccionamento e especialización profesional

Artigo 22º.-Promoción e especialización profesional.

O persoal terá dereito a ver facilitada a realización de estudios para a obtención de títulos académicos ou profesionais e á realización de cursos de perfeccionamento profesional.

O persoal que curse estudios académicos oficiais e de formación ou perfeccionamento profesional terá preferencia para elixir quenda de traballo, se é o caso, e de vacacións anuais, así como á adaptación e compensación da xornada ordinaria de traballo para asistencia ós cursos, segundo necesidades do servicio.

Artigo 23º.-Programación de cursos de formación.

A corporación directamente ou en réxime de concerto con organismos oficiais recoñecidos, organizará cursos de capacitación profesional, e considerarase o tempo de asistencia a estes cursos como de traballo efectivo.

Rexerá nesta materia o establecido nos acordos Administración-Sindicatos e FEM-Sindicatos que estean en vigor en cada momento.

Para a programación xeral e seguimento dos cursos crearase unha Comisión de Formación, Perfeccionamento e Especialización Profesional (COFPE), integrada por 4 representantes da corporación e 4 dos sindicatos con representación no comité de persoal, que será presidida polo alcalde ou concelleiro en quen delegue que computará para efectos de número de membros; e será secretario, con voz pero sen voto, un funcionario da oficina de persoal.

A COFPE con base ás propostas efectuadas polos distintos servicios antes do día 1 de xaneiro de cada ano, programará os cursos, fixará as horas para cada servicio e, se é o caso, os importes que hai que aboar como subvencións.

Artigo 24º.-Garantía de igualdade de oportunidades.

A comisión de formación garantirá que se respecte en todo momento o principio de igualdade de oportunidades no acceso ós cursos de formación.

Cando existan máis aspirantes ca prazas, os participantes elixiranse por sorteo e non poderán volver a participar en cursos das mesmas características ata que no participen a totalidade dos aspirantes.

Ó remate dos cursos entregáralles ós participantes un diploma acreditativo da asistencia, no que constará a duración do curso e que se considerará como mérito para traslados e promocións a postos nos que se realicen funcións relacionadas co seu contido, só desde a data en que todo o cadro de persoal do servicio tivese a posibilidade de realiza-lo curso

En cada servicio existirá un programa permanente de formación e perfeccionamento específicos para o seu persoal, co fin de conseguir mantelo adaptado ás innovacións técnicas que se produzan e ás esixencias do seu funcionamento, que será dotado orzamentariamente ó comezo de cada exercicio.

Capítulo VIII

Vacacións, permisos e licencias

Artigo 25º.-Vacacións.

Todo o persoal municipal terá dereito a un mes de vacacións por cada ano de servicio que se poderá desfrutar entre os meses de maio a setembro, ámbolos dous inclusive, agás naqueles servicios que xa teñen establecido un período máis curto có acordado entre a corporación e o comité de persoal.

O persoal que desfrute as súas vacacións fóra do mencionado período terá dereito a 3 días hábiles máis de vacacións.

Poderanse intercambia-las vacacións en todo ou en parte entre o persoal do mesmo servicio e categoría, dándolle conta ó xefe do servicio previamente ó inicio do seu desfrute.

As vacacións anuais poderanse fraccionar en dous períodos de 15 días cada un ou en catro períodos, tres de 7 días e un de 9 días.

O fraccionamento terá carácter excepcional e será autorizado só se o permiten as necesidades do servicio e non prexudica as vacacións do resto do persoal do centro de traballo.

Os períodos quincenais de vacacións comezarán o día 1 e 16 de cada mes e os semanais o luns de cada semana.

Artigo 26º.-Cadro de vacacións.

O cadro de vacacións será aprobado anualmente antes do 31 de decembro do ano anterior pola alcaldía, tralo acordo do comité de persoal ó que se lle entregará unha copia.

Calquera modificación das vacacións previstas no cadro, deberá contar co informe favorable do comité de persoal e o xefe do servicio, previamente a súa modificación.

No caso de modificacións motivadas pola reestructuración de un servicio, efectuarase por acordo entre o alcalde e o comité de persoal, tralo informe do xefe do servicio.

Para a elaboración do cadro, os xefes dos respectivos servicios remitirán á oficina de persoal o cadro correspondente ó servicio antes do 1 de novembro do ano anterior, trala consulta ós traballadores.

Para a elaboración do cadro teranse en conta os criterios contidos neste documento, especialmente a rotación do persoal no seu desfrute.

Artigo 27º.-Compensación da hospitalización durante as vacacións.

No caso de hospitalización durante o desfrute das vacacións, os traballadores terán dereito a que lles sexan compensados os días de internamento debidamente xustificados.

Artigo 28º.-Permisos e licencias.

a) Permisos retribuídos.

1. Por asistencia a exames finais ou parciais liberatorios, así como probas selectivas que se celebren dentro do termo municipal, polo tempo necesario e imprescindible para a súa realización.

Se se celebran fóra do termo municipal, o permiso será de 1 día, que poderá ampliarse polo tempo necesario e imprescindible.

Deberán ser autorizados polo alcalde ou concelleiro-delegado de persoal e deberán xustificarse cun certificado de asistencia no que conste a data de celebración e a hora de comezo, que deberá ser presentada na oficina de persoal, nos 5 días seguintes á data do exame.

2. Polo tempo preciso para o cumprimento dun deber público, persoal e inexcusable, que deberá acreditarse documentalmente.

3. Por asuntos persoais, ata 9 días ó ano como máximo. Tales días non poderán acumularse ás vacacións anuais retribuídas.

O persoal poderá distribuí-los ditos días a súa conveniencia. Deberán ser autorizados previamente polo concelleiro-delegado de persoal, tralo informe do comité de persoal, sempre que as necesidades do servicio o permitan.

Cando por razóns do servicio non se desfrute o mencionado permiso dentro do ano, poderá concederse dentro dos primeiros días do mes de xaneiro seguinte.

A autorización para desfrutar do permiso por asuntos particulares non precisa de alegar razóns para solicitalo nin presentar xustificación.

O número anual de días de permiso por asuntos particulares será proporcional ó de servicios efectivos prestados durante o ano.

Non pode autorizarse 1 día de permiso por asuntos particulares coincidindo cun venres se o inicio das vacacións anuais comeza o luns seguinte. Igualmente entre a finalización do período de vacacións e o desfrute deste permiso debe mediar algún día hábil.

Os días festivos non rompen a continuidade.

4. Por matrimonio: 18 días, que comezarán a contarse o primeiro día hábil seguinte á celebración.

5. Por matrimonio dun familiar ata o primeiro grao de consaguinidade: o día da celebración.

6. Por separación ou divorcio: 2 días laborables que comezarán a contarse a partir do primeiro día hábil seguinte a que se produza.

7. Por nacemento ou adopción dun fillo: 3 días laborables.

Os permisos dos apartados 4, 5, 6 e 7 deberán xustificarse con certificación do Rexistro Civil ou outra documentación oficial equivalente.

8. Por enfermidade grave ou falecemento dun familiar, aplicaranse os seguintes permisos:

A) Falecemento:

1. Cónxuxe e persoas que convivan no domicilio familiar: 5 días.

2. Fillos, pais, irmáns, xenros e noras:

-Se falecen no domicilio ou nun radio inferior a 100 Km: 3 días.

-Se a distancia é superior a 100 km: 5 días.

3. Avós paternos, netos e sogros:

-Se falecen no domicilio ou nun radio inferior a 100 km: 2 días.

-Se a distancia é superior a 100 Km: 4 días.

4. Cuñados:

-Se falecen no domicilio ou nun radio inferior a 100 km: 2 días.

-Se a distancia é superior a 100 km: 3 días.

5. Avós políticos:

-Se falecen no domicilio ou nun radio inferior a 100 km: 1 día.

-Se a distancia é superior a 100 km: 2 días.

6. Tíos, sobriños e curmáns:

-Polo tempo necesario para o enterramento e funeral, máximo 1 día.

-Se a distancia é superior a 100 km: 1 día.

B) Enfermidade grave:

1. Cónxuxe e persoas que convivan no domicilio familiar: 5 días.

2. Fillos, pais, irmáns, xenros e noras:

-Se se produce no domicilio ou nun radio inferior a 100 Km: 3 días.

-Se se produce nun radio superior a 100 km: 4 días.

3. Avós paternos, netos e sogros:

-Se se produce no domicilio ou nun radio inferior a 100 km: 2 días.

-Se se produce nun radio superior a 100 Km: 4 días.

4. Cuñados: 2 días.

5. Avós políticos: 1 día.

Para estes efectos consideraranse como graves as enfermidades ou accidentes que cumpran os seguintes requisitos:

a) No caso de enfermidade que requira internamento hospitalario.

b) No caso de accidente, parte expedido por facultativo no que figure o prognóstico de grave ou moi grave.

No caso de enfermidades ou accidentes que non teñan a consideración de graves, o permiso concederase exclusivamente cando se trate de persoas que convivan no domicilio do solicitante e este xustifique que non existe no domicilio ningunha outra persoa que poida atende-lo enfermo.

A duración deste permiso será de 2 días.

En casos excepcionais de enfermidade de familiares ou persoas que convivan no domicilio do solicitante e afecten gravemente o normal desenvolvemento da vida familiar, o alcalde, tralo acordo do departamento de persoal e do comité de persoal, poderá autorizar permisos, reducción de xornada ou xornadas especiais en tanto se soluciona a situación.

9. Para acompañamento á consulta médica a menores de 12 anos, ou familiares ata primeiro grao de consanguinidade ou afinidade e que convivan no mesmo domicilio e que teñan unha discapacidade superior

ó 33%, polo tempo necesario e deberá xustificarse con parte de asistencia á consulta.

10. Por traslado de domicilio:

-Dentro do termo municipal: 3 días hábiles.

-Fóra do termo municipal: 4 días hábiles.

11. Por maternidade ou adopción dun menor: 18 semanas.

12. Os días 24 e 31 de decembro considéranse festivos para todo o persoal municipal.

No caso de coincidir en días inhábiles para efectos laborais, a xornada do día inmediatamente anterior hábil será de 4 horas 15 minutos e realizarase en horario de 7.45 a 12 h, sen prexuízo dos horarios especiais establecidos, que tamén preverá a dita reducción de xornada que no caso do persoal do corpo da policía local será de 4 h.

O persoal que traballe os días 24 ou 31 de decembro por necesidades do servicio, aboaráselle unha gratificación por importe de 12.000 ptas. por cada un dos ditos días traballados.

13. O comité de persoal proporá 3 pontes ó ano das que se desfrutarán 2, e quedará a terceira reservada para que a desfrute por aqueles traballadores que non estivesen prestando servicio na data das dúas propostas preferentemente. Para o persoal do corpo da policía local proporanse 6 pontes.

No caso de que non existan pontes no ano, substituiranse por aqueles días que acorden conxuntamente o comité de persoal e o concelleiro-delegado de persoal e que deberán ser venres ou luns.

14. 40 horas ó ano como máximo para asistencia a cursos de perfeccionamento profesional, cando o curso se celebre fóra da Administración e o seu contido estea directamente relacionado co posto de traballo ou coa súa carreira profesional dentro da Administración.

Deberá acreditarse documentalmente.

b) Permisos non retribuídos.

1. Por causa xustificada e sempre que o permitan as necesidades do servicio, 15 días cun máximo de 3 meses cada 2 anos.

2. Permiso de 3 meses de duración como máximo para asistencia a cursos de perfeccionamento profesional, sempre que o permitan as necesidades do servicio.

A participación no curso deberá ser acreditada documentalmente.

3. Reducción da xornada diaria nun tercio ou nun medio, para o traballador que teña un fillo ó seu cargo, ata que cumpra 6 anos de idade.

4. 6 meses cada 5 anos ou 12 meses cada 10, aboándolle a corporación o importe total das cotas á Seguridade Social, sempre e cando sexa por causa xustificada.

5. Ata 3 anos para atende-lo ó coidado dun fillo propio ou adoptado, contados desde a data de nacemento ou adopción daquel. Se o pai e a nai traballan, só poderá exercitar este dereito un deles.

6. Ademais o persoal terá dereito a ser declarado en situación de excedencia voluntaria, trala petición, nas condicións e polo período que en cada momento estableza a vixente lexislación.

Capítulo IX

Seguridade e hixiene no traballo

Artigo 29º.-Protección dos traballadores contra riscos laborais.

O traballador ten dereito a unha protección eficaz da súa vida, saúde e integridade física e a unha adecuada política de seguridade e hixiene no traballo; e, como contrapartida, o correlativo deber de observar e poñer en práctica as medidas de prevención, dispostas no seu centro de traballo.

O comité de persoal será o órgano encargado do control das medidas adoptadas nesta materia a través dos seus órganos internos específicos.

A corporación municipal está obrigada a promover, fomentar e aplicar unha adecuada política de seguridade e hixiene nos centros de traballo dela dependentes así como a facilita-la formación práctica e adecuada nesta materia ó seu persoal, especialmente cando cambie de posto de traballo ou teña que aplicar novas técnicas, equipos ou materiais que poidan ocasionar riscos para o traballador, os seus compañeiros ou terceiros.

Como contrapartida o traballador ten a obriga de segui-las mentadas aprendizaxes e de realiza-las prácticas que se establezan dentro da xornada de traballo ou fóra dela. Neste último caso, o tempo investido nas mesmas descontarase da súa xornada laboral.

Artigo 30º.-Comité de seguridade e hixiene.

O comité de seguridade e hixiene é o órgano de participación especializado nesta materia.

A súa composición será paritaria, integrada por 5 representantes dos sindicatos con representación no comité de persoal e 5 pola corporación, entre os cales figurará o alcalde ou concelleiro en quen delegue que será o presidente.

Deberase garantir un representante como mínimo por sindicato presente no comité de persoal e un concelleiro por grupo municipal da corporación, distribuiran os restantes con criterios de proporcionalidade.

Asistirá ás sesións un técnico con voz e sen voto especializado nas materias que figuren na orde do día da reunión.

O comité reunirase cando menos unha vez ó mes e ás reunións asistirá un funcionario da oficina de persoal que redactará acta das sesións.

Artigo 31º.-Funcións do comité de seguridade e hixiene.

O comité de seguridade e hixiene terá as seguintes funcións:

a) Control de vestiarios e servicios hixiénicos de utilización polo persoal, velando por que cumpran as condicións de hixiene establecidas na normativa vixente.

b) Coidar que ó persoal se lle entregue a roupa de traballo pactada neste convenio, nas datas establecidas.

c) Seguimento da subministración de material de traballo e ferramentas precisas e do seu mantemento e correcto estado de conservación, repoñendo a que non reúna as condicións necesarias o máis axiña posible.

d) Propoñe-las medidas precisas para eliminar no posible as condicións de perigosidade, penosidade ou toxicidade dos traballos.

e) Control do cumprimento da normativa sobre recoñecementos médicos ó persoal, que terán periodicidade anual; salvo no caso do persoal que realice traballos penosos, tóxicos ou perigosos, ós que se lles realizará semestralmente.

Tanto o concello como o comité de persoal poderán solicitar en calquera momento o recoñecemento dos traballadores que consideren oportunos.

f) Paralizar calquera traballo cando existan sospeitas fundadas de grave risco para a vida, integridade física ou saúde dos traballadores.

Esta medida requirirá reunión urxente do comité de seguridade e hixiene, convocada cun prazo de antelación de 24 horas como máximo e o acordo de cando menos 1/3 dos seus membros.

g) Calquera outra que lle atribúa a lexislación vixente.

Artigo 32º.-Apertura de centros de traballo municipais.

A apertura deberáselles comunicar á autoridade laboral para que, previamente a que se faga efectiva, se emita o regulamentario informe polos servicios competentes en materia de seguridade e hixiene no traballo.

Artigo 33º.-Roupa de traballo.

A entrega do vestiario ó persoal efectuarase no primeiro trimestre de cada ano.

Para lograr este obxectivo, a oficina de patrimonio remitirá antes do 31 de outubro do ano anterior á intervención municipal a relación de vestiario para que no orzamento se considere o crédito suficiente para a súa adquisición antes de finaliza-lo mes de febreiro e poder entregarse o persoal no prazo previsto.

A adxudicación farase tralo informe-proposta do comité de persoal.

A relación de vestiario por servicios será a que figura como anexo III do presente acordo.

Toda a roupa entregada levará o anagrama e o nome do Concello de Vigo e así se lles fará constar nas ofertas públicas ós provedores.

Naqueles servicios nos que exista vestiario de inverno e de verán, a data do seu cambio farase logo de consulta do comité de seguridade e hixiene.

A roupa e demais material que sexa para protección persoal que se deteriore, substituirase ou repararase segundo os casos, de inmediato.

Capítulo X

Faltas e sancións

Artigo 34º.-Procedemento.

O persoal poderá ser sancionado polo organismo municipal competente pola comisión das faltas tipificadas neste convenio, a través do seguinte procedemento:

a) Persoal funcionario:

O que establece a lexislación vixente na materia, representada na actualidade polo Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril; Decreto 94/1991, do 20 do marzo, da Xunta de Galicia e supletoriamente polo Regulamento disciplinario de funcionarios da Administración Civil do Estado.

b) Persoal laboral:

Previamente á imposición da sanción deberáselle conferir ó interesado trámite de audiencia polo período de 8 días hábiles, facilitarlle copia de expediente e practicarse as probas que este propoña.

O interesado poderá solicita-la presencia dun membro do comité de persoal durante este trámite.

c) Para os funcionarios do corpo da policía local:

Será de aplicación o previsto na sección cuarta do capítulo IV do título II da Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade do Estado.

Da incoacción do expediente, do prego de cargos e da proposta de resolución, no caso de persoal funcionario, e do trámite de audiencia e tamén da proposta de resolución, no caso de persoal laboral, deberá dárselle conta ó comité de persoal e conferiráselle trámite de audiencia nun prazo de 8 días hábiles.

Así mesmo, o comité de persoal terá coñecemento de tódalas resolucións polas que se impoñan sancións ó persoal.

Artigo 35º.-Faltas.

A) Faltas moi graves:

a) Funcionarios (con exclusión do persoal do corpo da policía local). Artigo 31.1º da Lei 30/1984, do 2 de agosto, de medidas para reforma da función pública.

1. Incumprimento do deber de fidelidade á Constitución no exercicio da función pública.

2. Toda actuación que supoña discriminación por razón de raza, sexo, relixión, lingua, opinión, lugar

de nacemento ou veciñanza, ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

3. O abandono do servicio.

4. A publicación ou utilización indebida de segredos oficiais, así declarados por lei ou clasificados como tales.

5. A notoria falta de rendemento que comporte inhibición no cumprimento das tarefas encomendadas.

6. A violación da neutralidade ou independencia políticas, utilizando as facultades atribuídas para influír en procesos electorais de calquera natureza e ámbito.

7. O incumprimento das normas sobre incompatibilidades.

8. A obstaculización ó exercicio das liberdades públicas e dereitos sindicais.

9. A realización de actos encamiñados a coarta-lo libre exercicio do dereito de folga.

10. A participación en folgas os que as teñan expresamente prohibidas pola lei.

11. O incumprimento da obrigación de atende-los servicios esenciais en caso de folga.

12. Os actos limitativos de libre expresión de pensamentos, ideas e opinións.

13. Ter sido sancionado pola comisión de 3 faltas graves nun período de un ano.

b) Funcionarios do corpo da policía local (artigo 27.3º da Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade).

1. O incumprimento do deber de fidelidade á Constitución no exercicio das súas funcións.

2. Calquera conducta constitutiva de delito doloso.

3. O abuso das súas atribucións e a práctica de tratos inhumanos, degradantes, discriminatorios e vexatorios ás persoas que se atopen baixo a súa custodia.

4. A insubordinación individual ou colectiva respecto das autoridades ou mandos de que dependan, así como a desobediencia ás lexítimas instruccións dadas por aqueles.

5. A non prestación de auxilio con urxencia, naqueles feitos ou circunstancias graves nas que sexa obrigada a súa actuación.

6. O abandono de servicio.

7. A violación do segredo profesional e a falta do debido sixilo respecto dos asuntos que coñeza por razón do seu cargo que prexudique o desenvolvemento do labor policial ou a calquera persoa.

8. O exercicio de actividades públicas ou privadas incompatibles co desempeño das súas funcións.

9. A participación en folgas, en accións substitutivas destas ou en actuacións concertadas co fin de altera-lo normal funcionamento dos servicios.

10. Ter sido sancionado pola comisión de 3 ou máis faltas graves no período de un ano.

11. A falta de colaboración manifesta cos demais membros das forzas e corpos de seguridade.

12. Embriagarse ou consumir drogas tóxicas, estupefacientes ou substancias psicotrópicas durante o servicio ou con habitualidade.

13. Calquera outra conducta non enumerada nos puntos anteriores tipificada como falta moi grave na lexislación xeral de funcionarios

c) Persoal laboral.

Serán as mesmas que para o persoal funcionario, enumeradas no apartado a) anterior.

B) Faltas graves (artigo 4 do Decreto 94/1991, do 20 de marzo, da Xunta de Galicia).

1. A falta de obediencia debida a superiores e autoridades.

2. O abuso da autoridade no exercicio do cargo.

3. As conductas constitutivas de delicto doloso relacionadas co servicio ou que lles causen danos á Administración ou ós administrados.

4. A tolerancia dos superiores respecto da comisión de faltas moi graves ou graves dos seus subordinados

5. A grave desconsideración cos superiores, compañeiros e subordinados.

6. Causar danos graves nos locais, no material ou nos documentos dos servicios.

7. Intervir nun procedemento administrativo cando se dea algunha das causas de abstención legalmente sinaladas.

8. A emisión de informes manifestamente ilegais cando lles causen prexuízo á Administración ou ós cidadáns e non constitúan falta moi grave.

9. A falta de rendemento que afecte o normal funcionamento dos servicios e non constitúa falta moi grave.

10. Non garda-lo debido sixilo respecto dos asuntos que se coñezan por razón do cargo, cando lle causen prexuízo á Administración ou se utilicen en proveito propio.

11. O incumprimento dos prazos ou outras disposicións de procedemento en materia de incompatibilidades, cando non supoña mantemento dalgunha situación de incompatibilidade.

12. O incumprimento inxustificado da xornada de traballo, que acumulado, supoña un mínimo de 10 horas ó mes.

13. A terceira falta inxustificada de asistencia nun período de 3 meses, cando as dúas anteriores fosen obxecto de sanción por falta leve.

14. A grave perturbación do servicio.

15. O atentado grave á dignidade dos funcionarios ou da Administración.

16. A grave falta de consideración cos administrados.

17. As accións ou omisións dirixidas a evadi-los sistemas de control de horarios ou a impedir que sexan detectados os incumprimentos inxustificados da xornada de traballo.

Para os efectos das infraccións sinaladas anteriormente, entenderase por mes o período comprendido desde o día primeiro ó derradeiro de cada un dos doce que compoñen o ano.

C) Faltas leves (artigo 5, Decreto 94/1991, do 20 de marzo da Xunta de Galicia).

1. A falta de asistencia inxustificada de un día.

2. A incorreción co público, superiores, compañeiros ou subordinados.

3. O descoido ou a neglixencia no exercicio das súas funcións.

4. O incumprimento dos deberes ou obrigas do persoal, sempre que non deban ser cualificados como falta grave ou moi grave.

O incumprimento inxustificado do horario de traballo, motivará a deducción proporcional das retribucións, sempre por períodos de 15 minutos como mínimo.

Artigo 36º.-Sancións.

a) Para todo o persoal con exclusión dos funcionarios do corpo da policía local e os funcionarios con habilitación de carácter nacional.

1. Pola comisión de faltas leves: apercibimento ou deduccións proporcionais de retribucións.

2. Pola comisión de faltas graves: deducción de retribución ou suspensións de funcións -suspensión de emprego e soldo, no caso de persoal laboral- por un período inferior a 3 anos.

3. Por faltas moi graves: suspensión de funcións-suspensión de emprego e soldo no caso de persoal laboral- por un período non inferior a 3 anos nin superior a 6 ou separación do servicio (despedimento disciplinario, no caso de persoal laboral).

b) Para o persoal do corpo da policía local.

Ademais das anteriores, poderanse impo-las seguintes:

Por faltas graves: inmobilización no escalafón por un período non superior a 5 anos e perda de 5 a 20 días de remuneración, suspensión de funcións por igual período.

Por faltas leves: a perda de 1 a 4 días de remuneración e suspensión de funcións por igual período, que non suporá a perda de antigüidade nin implicará a inmobilización no escalafón.

c) Funcionarios con habilitación de carácter nacional.

Ademais das anteriores, poderá imporse a sanción de destitución do cargo pola comisión de faltas graves o moi graves. Non se lles aplicará sen embargo a

estes funcionarios a suspensión de funcións por máis de un ano, que será substituída pola anterior coa prohibición de obter novo destino no prazo que se fixe no máximo de 3 anos.

Artigo 37º.-Prescrición.

As faltas, así como a súas correspondentes sancións, prescribirán : ó mes, no caso de faltas leves; ó ano, as graves e ós 3 anos, as moi graves. Exceptuarase o persoal do corpo da policía local, no que as faltas e sancións terán o seguinte prazo de prescrición: Faltas moi graves: 6 anos; graves, 2 anos; e leves, 1 mes.

O cómputo dos ditos prazos comezará a contarse no caso de faltas a partir da realización do feito que a constitúe; e no caso das sancións desde o día seguinte a aquel no que adquira firmeza a resolución pola que se impón.

Artigo 38º.-Normas especiais de procedemento.

Sen prexuízo da normativa prevista na lexislación vixente que deberá ser observada en todo momento, establécense as seguintes normas especiais:

a) Os interesados poderán ter asistencia de letrado.

b) No caso de faltas graves ou moi graves entregaráselle ó expedientado copia da normativa vixente.

c) A sanción non se fará executiva ata que non sexa firme en vía administrativa.

d) Todo traballador poderá dar conta por escrito, por si, ou a través dos seus representantes, dos actos que supoñan faltas de respecto da súa intimidade ou á consideración debida a súa dignidade humana ou laboral.

A alcaldía abrirá a oportuna información e instruirá as dilixencias previas para o esclarecemento destas conductas.

Capítulo XI

Réxime retributivo

Artigo 39º.-Retribucións.

Rexerá con carácter xeral o principio de equiparación entre o persoal funcionario e o laboral e, en consecuencia, a estructura retributiva será a seguinte:

a) Retribucións básicas: soldo inicial e antigüidade (trienios).

b) Retribucións complementarias:

1. Correspondentes ó posto:

-Complemento de destino

-Complemento específico

2. Persoais:

-Complemento de productividade

-Gratificación por servicios especiais e extraordinarios.

A contía e condicións das retribucións complementarias do posto estableceranse anualmente a través da relación de postos de traballo, negociada entre

o concello e a mesa xeral de negociación trala elaboración e aprobación do orzamento.

As de carácter persoal serán fixadas en cada caso pola alcaldía, segundo as bases e dentro da contía global que fixe o concello cando aprobe os orzamentos anuais e trala negociación coa mesa xeral, e serán públicas.

A gratificación por servicios especiais e extraordinarios servirá para aboa-las horas extraordinarias que terán para cada categoría o valor que figura como anexo I a este acordo e que se incrementarán anualmente na mesma contía cás restantes retribucións.

Con cargo ó complemento de productividade aboaranse as cantidades que correspondan segundo os criterios previstos no R.D. 861/1986, do 25 de abril, e entre elas:

a) Nocturnidade a todo o persoal municipal que desenvolva a súa xornada normal entre as 22 e 7 horas do día seguinte, e suporá un recargo de 118 ptas. por cada hora traballada no dito horario.

b) Traballo en sábados, domingos e festivos, que suporá un recargo por cada hora traballada de 279 ptas.

O importe do complemento de productividade incrementarase anualmente na mesma contía cas restantes retribucións.

Todo o persoal municipal percibirá dúas pagas extraordinarias nos meses de xuño e decembro por importe equivalente ó das súas retribucións mensuais.

Artigo 40º.-Retribucións en caso de accidente de traballo ou enfermidade profesional.

Todo traballador municipal percibirá o 100% das súas retribucións no caso de incapacidade temporal.

Artigo 41º.-Anticipos de retribucións.

Todo o persoal municipal fixo terá dereito a un anticipo de 150.000, 300.000 ou 500.000 ptas. para devolver en 12 ou 24 mensualidades a elección do solicitante, que deberá concedérselle nun prazo máximo de 1 mes, sempre que exista crédito na partida correspondente.

O persoal que non conte coa condición de fixo só poderá solicitalo na contía mínima e deberá devolvelo no prazo que reste para finaliza-los seus servicios. Se estes non tivesen data fixa, o anticipo non poderá exceder do importe da súa nómina mensual e concederase supeditado a desconta-la parte que falte por amortizar na última mensualidade que perciba.

Capítulo XII

Fomento de emprego e prestacións sociais

Artigo 42º.-Incentivos á xubilación anticipada.

Dentro da política de fomento de emprego en virtude do principio que preside este documento de equiparación do persoal laboral ós funcionarios no que legalmente sexa posible, establece a xubilación obrigatoria para todo o persoal ó cumpri-los 65 anos de idade.

Non obstante, o traballador poderá permanecer no seu posto de traballo o tempo necesario para cubri-los períodos de carencia, aprazándoselle a xubilación ata a data na que se cumpran os ditos períodos.

A xubilación voluntaria antes de cumpri-la dita idade dará dereito a que o concello compense ó traballador cunha indemnización da seguinte contía:

-Se se xubila ós 60 anos: 1.500.000 ptas.

-Se se xubila ós 61 anos: 1.300.000 ptas.

-Se se xubila ós 62 anos: 1.000.000 de ptas.

-Se se xubila ós 63 anos: 800.000 ptas.

-Se se xubila ós 64 anos: 600.000 ptas.

Artigo 43º.-Infomación das contratacións.

De conformidade co previsto na Lei 2/1991, do 7 de xaneiro, o comité de persoal será informado dos plans de contratación e das previsións de necesidades de recursos humanos do concello, nos termos especificados en dita lei.

Artigo 44º.-Fondo social.

En cumprimento do acordo Administración-Sindicatos para o período 1995/1997, sobre condicións de traballo na función pública aprobado por resolución do Consello de Ministros do 16 de setembro de 1994, establécese un fondo social dotado coas seguintes cantidades:

-Ano 1995 desde a data de aprobación do acordo: 15.000.000 de ptas.

-Ano 1996 e 1997: 40.000.000 de ptas. cada ano.

O importe do fondo destinarase a financiar accións e programas de carácter social, co fin de mellora-lo benestar social dos empregados públicos, os cales deberán ser aprobados polo organismo municipal competente previamente á súa aplicación polo comité.

A xestión será atribuída á comisión do fondo social integrada por 5 membros, 1 cando menos por cada sindicato representado no comité de persoal de forma proporcional.

Asistirán como asesores un asistente social ou diplomado en traballos sociais e un técnico dos servicios económicos da corporación.

Convocaranse e poderán asistir ás reunións o concelleiro-delegado de Persoal e o de Benestar Social.

A comisión elixirá un presidente e un secretario, redactarase acta de cada unha das reunións.

Na comisión so terán dereito a voto os representantes dos sindicatos integrados no comité.

A comisión, previamente a inicia-los seus traballos deberá elaborar un regulamento de funcionamento que deberá ser aprobado pola corporación.

As axudas derivadas das accións e programas aprobados aplicaranse con base a criterios obxectivos, primando os principios de igualdade e publicidade.

A comisión manterá permanentemente a disposición da corporación a información que permita coñecer

en cada momento o estado de execución dos programas do fondo.

Artigo 45º.-Axudas para fins culturais e deportivos.

O concello colaborará en todo tipo de iniciativas do seu persoal que sexan de carácter cultural ou deportivo, para o que contribuirá coa cantidade de 600.000 ptas. ó ano.

Artigo 46º.-Cobertura de continxencias especiais.

O concello, a proposta do comité de persoal, considerará no seu orzamento anual os créditos suficientes para facer fronte á asistencia médico-sanitaria do seu persoal que viaxe a países nos que esta continxencia non estea cuberta pola Seguridade Social, e para seguro de accidentes de vehículos municipais e do carné de conducir de tódolos conductores municipais no exercicio da súa función.

Artigo 47º.-Colaboración municipal na xestión de créditos bancarios polo persoal.

O comité de persoal poderalle propoñer á alcaldía o ingreso do importe da nómina do persoal na entidade bancaria que lles ofreza as mellores condicións crediticias ós traballadores.

Artigo 48º.-Asesoramento e defensa do persoal.

O concello prestaralles asesoramento e defensa xurídica gratuíta ós traballadores municipais nos litixios derivados de feitos ocorridos como consecuencia do desenvolvemento das funcións propias do seu cargo.

Capítulo XIII

Dereitos e deberes do persoal

Artigo 49º.-Dereitos.

Ademais dos previstos na lexislación vixente, o persoal terá dereito a consulta-lo seu expediente persoal e a ser informado sobre as incidencias que naquel se produzan.

Artigo 50º.-Deberes.

Todo o persoal ten a obriga de cumprir estrictamente os términos do presente documento, especialmente no que se refire ó réxime de xornada, horario e incompatibilidades.

Así mesmo, ó persoal obrígaselle, a través do seu órgano de representación, a negociar e a adopta-lo procedemento de mediación obrigatoria previamente ó exercicio do dereito de folga ou calquera outra medida que poida prexudica-lo servicio público que ó concello representa, para o que se acordará que a mediación a efectúe a Inspección de Traballo.

Capítulo XIV

Representación sindical

Artigo 51º.-Actividade sindical.

O concello, os sindicatos asinantes e o comité de persoal comprométense a promove-las condicións necesarias para o pleno desenvolvemento da acción e liberdade sindical, recoñecida no artigo 28 da Cons

titución, na Lei 11/1985, do 2 de agosto e na Lei 9/1987, do 12 de maio.

Artigo 52º.-Cota sindical.

O concello descontará na nómina de cada persoa a cota sindical que corresponda, logo da autorización por escrito do interesado. As cantidades descontadas serán ingresadas na conta que indique o sindicato ó que perteza o afiliado.

Artigo 53º.-Lexitimación sindical para iniciar procedementos.

A lexitimación para iniciar como interesado os correspondentes procedementos administrativos ou xudiciais, exercendo as accións en defensa dos intereses dos colectivos representados, corresponderalles á xunta de persoal e ó comité de empresa.

A lexitimación ante o concello ostentaraa, en caso de que se constitúa, o comité de persoal, órgano conxunto de representación que agrupa os dous anteriores.

Artigo 54º.-Taboleiros de anuncios.

O concello instalará en tódolos centros de traballo taboleiros coas características precisas para servir á súa finalidade específica, ó servicio do comité de persoal, seccións sindicais.

En períodos de campañas sindicais, se os taboleiros de anuncios fosen insuficientes para conter toda a publicidade, esta poderá colocarse noutros lugares distintos, velando sempre por mante-la estética dos locais.

Artigo 55º.-Crédito horario dos representantes do persoal.

O crédito de horas mensuais para desenvolvemento das funcións sindicais e de representación polos delegados de seccións sindicais e membros do comité de persoal, rexerase pola lexislación vixente na materia, especialmente pola Lei orgánica 11/1985, do 2 de agosto, de liberdade sindical.

O crédito horario sinalado poderá ser acumulado por cada sindicato nos representantes que designen.

Cada sindicato con representación no comité de persoal terá dereito a 1 liberado se conta de 2 a 5 membros no comité de persoal e 2 liberados se conta con máis de 5.

Artigo 56º.-Horas sindicais sen cargo ó crédito.

Non se computarán como horas sindicais as que se utilicen para negociación de convenios ou para reunións con órganos da corporación, sempre que sexa a requirimento dos citados órganos. Tampouco a asistencias ós tribunais como membros destes.

Os membros da mesa do comité, ata un máximo de 5, estarán liberados para o desempeño das súas funcións sindicais e representativas, sen que consuman crédito horario.

Artigo 57º.-Dereitos dos representantes do persoal.

Os representantes do persoal terán dereito ó acceso libre a tódalas oficinas e servicios municipais, terán dereito a seren informados dos asuntos que deban coñecer pola representación que ostentan e a cor

relativa obriga de non perturba-lo normal funcionamento dos servicios.

Artigo 58º.-Locais sindicais.

O concello facilitaralle un local ó comité de persoal, xunta de persoal e comité de empresa, se aquel non se constituíse, outro ás seccións sindicais municipais con representación no comité de persoal e outro para a súa utilización polas demais seccións sindicais e representantes sindicais, que deberán reuni-las condicións idóneas para a celebración de reunións. Así mesmo subministraralles gratuitamente o material de oficina que precisen.

Artigo 59º.-Formación sindical.

Cada sindicato con representación no concello terá dereito a un crédito de 10 horas por delegado e ano para formación sindical que poderá ser utilizado polo membro que se designe e, deberá xustificarse documentalmente a utilización deste crédito horario.

Así mesmo os delegados dos sindicatos con representación no comité de persoal terán dereito a 5 días ó ano para asistencia a congresos sindicais ou de formación.

Capítulo XV

Dereito de reunión e folga

Artigo 60º.-Reunións.

Están facultados para convocar reunións do persoal:

a) As organizacións sindicais, directamente ou a través dos seus delegados.

b) A xunta de persoal, comité de empresa ou o seu órgano conxunto, comité de persoal se estivese constituído.

c) Colectivo do persoal do concello, sempre que o seu número non sexa inferior ó 40% dos traballadores convocados.

As reunións autorizaranse con carácter xeral fóra do horario de traballo. Sen embargo, o alcalde poderá autorizalas dentro do horario ata un máximo de 50 horas anuais, das que 20 corresponderán a seccións sindicais proporcionalmente a súa representación no comité de persoal; e o resto o propio comité, e deberán neste caso convocar sempre a todo o colectivo afectado.

Se as asembleas corresponden a persoal dun só servicio, as horas computaranse ó 50%.

Para convocar unha reunión será preciso comunicar por escrito a súa celebración indicando o lugar, data e hora de realización, orde do día e identificación dos asinantes lexitimados para convocala, 48 horas de antelación, como mínimo, á data prevista. Se no prazo de 24 horas a alcaldía non a denega, entenderase autorizada.

Os convocantes serán responsables da boa orde no desenvolvemento desta.

Artigo 61º.-Folga.

A folga convocarase con carácter xeral conforme o disposto na lexislación vixente, unha vez esgotados

os procedementos de negociación e mediación sendo preciso un preaviso ó concello coa antelación prevista legalmente.

Os servicios mínimos non poderán exceder do 10% do cadro de persoal, salvo no caso da policía local que non poderá exercita-lo dereito de folga ou accións substitutivas, de conformidade co artigo 6 da Lei orgánica 11/1986, do 13 de marzo.

Se non se chegase ó acordo sobre servicios mínimos a establecer, resolverá o gobernador civil.

Disposicións transitorias

Primeira.-Con efectos de 1 de xaneiro de 1995, increméntase un punto o complemento de destino de tódolos postos de traballo do cadro de persoal municipal. Naqueles casos en que polo nivel de titulación non se puidese aplicar, o seu importe incrementarase no complemento específico.

Así mesmo, tamén con efectos de 1 de xaneiro de 1995 o complemento específico de todo o persoal municipal incrementarase en 6.000 ptas.

Con efectos de 1 de xaneiro de 1996, o complemento específico incrementarase en 5.000 ptas. sobre o do ano 1995, unha vez actualizado conforme o incremento do IPC.

Con efectos de 1 de xaneiro de 1997, o complemento específico incrementarase con respecto ó do ano 1996 na forma prevista no apartado anterior.

Segunda.-Para o ano 1995 a xornada de verán do persoal do corpo da policía local, servicio de extinción de incendios e calquera outro que non poida desfrutala, por necesidades do servicio debidamente xustificadas, compensaráselles como horas extraordinarias, e poderán optar por calquera dos seguintes sistemas:

a) Compensación con descanso, a razón de unha hora e media por cada hora traballada.

b) Aboamento do importe da hora normal.

Terceira.-O presente acordo unha vez aprobado pola corporación producirá efectos económicos desde o día 1 de xaneiro de 1995, e actualización das retribucións na nómina do mes seguinte a da súa aprobación.

En canto ós atrasos aboaranse da seguinte forma:

a) O 50% do seu importe total antes do 31 de decembro de 1995.

b) O 50% restante antes de que finalice o primeiro trimestre do ano 1996.

Cuarta.-O longo do presente ano unha comisión estudiará por unha comisión un plan de pensións conforme os seguintes criterios:

a) Constituirase unha comisión integrada por delegados das seccións sindicais representadas no comité e funcionarios da unidade de persoal ou intervención, segundo proceda, que tralos estudios necesarios e en función da resposta do persoal respecto da súa inte

gración neste proxecto, definan o modelo que hai aplicar.

b) O proxecto será único e voluntario para todo o persoal.

c) A participación do concello non se fixará establecendo linealmente unha cantidade por traballador, senón que consistirá nunha porcentaxe da cantidade coa que contribúa o traballador cuns topes máximos e mínimos.

d) O custo municipal do plan, unha vez aviado, considerarase no orzamento do ano 1996.

e) Só poderá integrarse neste plan de pensións o persoal fixo, tanto laboral como funcionario.

f) O acordo nesta materia incorporarase ó acordo regulador de condicións de traballo como anexo.

Quinta.-Antes de que finalice o presente ano aprobarase un regulamento de réxime interno da policía local e do servicio de extinción de incendios. Así mesmo a alcaldía ordenará a elaboración dun regulamento para aqueles organismos autónomos municipais que non o tivesen.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Respectaranse para todo o persoal as condicións máis beneficiosas adquiridas, en canto determinen mellor dereito cás consideradas no presente acordo regulador.

Segunda.-Ámbalas dúas partes asinantes deste acordo comprométense a efectuar unha reclasificación dos postos de traballo do cadro municipal e a valorala economicamente ó longo do ano 1997, co fin de que se observe e aplique no orzamento de 1998 desde o 1 de xaneiro.

Terceira.-O concello garantirá en todo caso o mantemento de poder adquisitivo das retribucións de todo o persoal municipal, para o que aprobará as revisións salariais que sexan precisas.

Con tal fin, a corporación preverá nos orzamentos anuais un fondo para facer fronte á perda de poder adquisitivo que se poida producir.

Cuarta.-O modelo e tipo de contratación a partir do mes de xaneiro de 1996 será obxecto de negociación entre a Corporación Municipal e o comité de empresa co fin de estudia-la posibilidade de introducir melloras económicas que tendan a equiparar no posible as condicións económicas do persoal laboral temporal e traballadores do cadro de persoal que conten con análoga categoría profesional.

Quinta.-Para efectos da concesión de anticipos fíxase o seguinte saldo vivo:

a) Ano 1995: 80.000.000 de ptas.

b) Ano 1996 e 1997: 100.000.000 de ptas.

Sexta.-Garántese a presencia de 2 policías locais en postos fixos nas quendas de noite.

Disposición derrogatoria

Queda derrogado o acordo regulador das condicións económicas e sociais dos traballadores ó servicio do Concello de Vigo, aprobado pola Corporación Municipal en sesión do 10 de xuño de 1991, así como calquera outro acordo, resolución ou norma de réxime interior que se opoña ó previsto no presente documento.

ANEXO I

VALOR DAS HORAS EXTRAORDINARIAS

GrupoC. destinoC. específicoNormalFestiva

A3015.6557.712
A3034.9436.741
A28634.8366.596
A28844.0655.543
A2864.0655.543
A24863.5654.862
A24713.4254.670
A28123.4144.655
A28613.2934.491
A2773.2164.386
B2693.1964.358
A24703.1514.296
A2673.1124.244
A26103.0534.164
B2683.0374.142
A26113.0294.131
B26112.8503.887
C22782.6733.645
B25162.5933.536
B25172.5473.473
B25132.4693.368
B24152.4693.368
B25262.3883.257
B25272.3023.138
C22732.2073.009
C22822.1702.958
C20812.1322.907
C22252.0442.787
C18801.9752.693
C20741.8342.501
C22321.8322.499
C20851.8312.498
D15221.8282.493
D15601.7992.426
C20391.7772.423
C21341.7732.418
D18661.7532.391
D16401.7302.360
C20331.7002.319
C19381.6972.315
C18351.6632.268
C18581.6522.253
C22721.8712.252
D18751.6372.234
D14461.6342.228

GrupoC. destinoC. específicoNormalFestiva

D18361.6252.216
D18771.6212.211
D18281.6132.201
C17421.6022.184
D18301.6012.183
D17301.5772.151
D16621.5782.151
D16831.5752.148
C18561.5612.129
D15621.5542.120
D15301.5292.085
D18371.5222.076
D18581.5162.067
D17351.5032.049
E14621.4772.013
D17411.4742.010
D17421.4651.998
D15451.4561.985
D16441.4441.970
D15481.4381.961
E14431.4301.950
D15651.4271.946
D16591.4191.935
E12671.4191.935
D16531.3951.902
D14501.3891.895
D14591.3701.869
D15531.3701.869
D15561.3531.845
D14291.3531.845
D14561.3291.812
E12471.3211.802
E14591.3171.796
E14291.2991.772
E14531.2931.764
E14511.2871.755
E14551.2841.751
E13511.2631.722
E14541.2411.692
E12551.2351.685
E12571.2171.661

ANEXO II

GRAOS DE CONSANGUINIDADE E AFINIDADE

Primeiro grao: cónxuxes, fillos, pais e sogros.

Segundo grao: netos, avós de ámbolos dous cónxuxes, irmáns e cuñados.

Terceiro grao: sobriños, tíos, bisavós e bisnetos de ambos cónxuxes.

Cuarto grao: primos.

ANEXO III

ROUPA DE TRABALLO

Servicio de extinción de incendios

-Vestiario de inverno.

Anual:

1 Cazadora Nomex III.

2 Pantalóns.

1 Sueira.

2 Pares de calcetíns.

1 Par de botas de traballo.

Bianual:

1 Pantalón de auga.

1 Anorak.

-Vestiario de verán.

Anual:

2 Camisetas de manga curta.

2 Pares de calcetíns.

Bianual:

1 Par de zapatos.

-Equipo completo de ximnasia composto de:

Anual:

1 Par de zapatillas.

1 Par de calcetíns.

Anual:

1 Chandal.

1 Camiseta.

1 Pantalón curto.

Excepcionalmente, cando se necesiten, daránselles un casco, un cinto, unha corda, unha espía, luvas e zapatillas de verán.

Policía local

-Vestiario de verán:

Anual:

2 Pantalóns.

2 Camisetas de manga curta.

1 Par de zapatos ou botas de tres fibelas para motorista.

1 Cinto de lona.

1 Gorra ou boina.

-Vestiario de inverno:

Anual:

1 Cazadora de tala.

2 Pantalóns.

2 Camisas de maga longa.

1 Par de botas de tres fibelas.

1 Garavata ou pañoleta.

1 Gorra ou boina.

2 Pares de calcetíns.

1 Par de luvas de pel.

Bianual:

1 Xersei azul con reforzo.

1 Traxe de augas de dúas pezas.

1 Chaleco reflectante.

1 Prendedor de garavata (de se-lo caso).

1 Casco para motoristas.

Trianual:

1 Cazadora de coiro.

Vías e obras

Anual:

2 Conxuntos de cazadora-pantalón.

2 Camisas de manga curta.

2 Camisas de manga longa.

1 Par de botas.

2 Par de zapatos.

1 Mono especial para persoal de alcatranado.

Bimensual:

1 Anorak.

1 Xersei.

Excepcionalmente cando se necesiten daránse luvas.

Mantenimento

Anual:

2 Conxuntos de cazadora-pantalón.

2 Camisas de manga curta.

2 Camisas de manga longa.

1 Par de botas.

1 Par de zapatos.

Bianual:

1 Xersei.

Cuadrianual:

1 Anorak.

Excepcionalmente, cando se necesiten, daranse luvas.

Aqueles servicios que non aparecen reflectidos nesta, terán un vestiario similar a aquel que máis se asemelle polas tarefas que se vaian realizar.

95-7002