Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 209 Martes, 31 de outubro de 1995 Páx. 8.011

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 17 de outubro de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 02/0005563/95, interposto por Viajes Costa Gallega, S.A.

Para os efectos de dar cumprimento ó solicitado polo presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo nº 02/0005563/95 interposto por Viajes Costa Gallega,

S.A. contra a Orde do 20-6-1995 da Consellería da Presidencia e Administración Pública sobre revogación do título-licencia á axencia de Viajes Costa Gallega, S.A. esta consellería resolveu ordena-la remisión do expediente administrativo solicitado polo citado tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento co fin de que poidan comparecer perante o devandito tribunal e constituírse en parte nos citados autos no prazo de nove días, de conformidade co establecido no artigo 64 da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, segundo a redacción dada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, de medidas urxentes de reforma procesual.

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 1995.

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia e Administración Pública

9506759